Manzano, Acisclo

  (Ourense  1940 - )

Naceu nos anos posteriores o fin da Guerra Civil,  no seo dunha familia conservadora e profundamente relixiosa. Sen antecedentes familiares artísticos notables, comezó tallando portarretratos e paneis de caixas de habanos con coitelas de afeitar que posteriormente vendía no Sanatorio de Piñor, onde estivo ingresado un tempo con doce anos.

Conseguiu o título de oficial tallista de terceira clase na Escuela de Formación Profesional Acelerada, pero en vez de entrar nun taller como aprendiz decidiu participar nas oficinas de Sindicatos, o que lle proporcionou algunhas bolsas de pouca contía. Xunto con Jaime Quessada e Xosé Luis  de Dios formou o grupo "O Volter" que pretendía posicionarse como a vangarda galega e promocionala no exterior. Posteriormente pasou a denominarse "Siete artistas gallegos " tras a incorporación de Manolo Buciños, Arturo Baltar, Virxilio e  Xavier Pousa. 

Ingresou no taller que Asorey tiña en Santiago de Compostela, pero a falta de entendemento entre ambos induciuno a matricularse na Escola de Artes e Oficios compostelá.

O seu primeiro encargo foi un Cristo para a igrexa de Montealegre do seu barrio ourensán, ao que seguiron múltiples obras de caracter relixioso. Algunhas delas non gustaron á diócese e foron retiradas, pasando finalmente a formar parte dos fondos do Museo de Ourense.

Gran viaxeiro, nos 60 percorreu os países escandinavos xunto con X. Quessada. A esta primeira viaxe seguíronlle outras xunto con Pousa, Buciños e Quessada, cos que visitou Italia, Grecia, Turquía, Siria, Líbano, Exipto e América, onde realizou unha exposición no Museo de Arte Moderno de México.

 A partir de 1969 comenzou a pasar longas tempadas en Ibiza, ambiente que impregna a súa linguaxe formal de influencias mediterráneas, compoñendo obras máis sensibles e elegantes.

 Nos 70 Acisclo comezou a ter o seu sitio no ámbito artístico galego con admiradores e detractores, pola súa concepción tan particular da forma. Por esta época, implicouse con experiencias colectivas de carácter político participando en manifestacións relacionadas coa loita polas liberdades. Ingresou no Partido Comunista e  no sindicato Comisions Obreiras. Estes feitos repercutiron nas súas obras, xa que trasladou o seu pensamento político a algunhas das súas pezas como 10 de Marzo ou Cabeza de obreiro acoirazado.

A mediados dos 80, despois de tomarse un descanso artístico, volveu a Galicia. Estableceuse no pobo ourensán de Vidiuelo, e retomou o contacto do seu amigo Quessada, co que realizou varios proxectos en común.

As súas esculturas, a medio camiño entre a figuración e a abstracción organicista,  desvinculáronse pronto do aire rexionalista e a temática rural dos seus comezos, cara ás posicións máis renovadoras onde o protagonismo da materia, das calidades e as texturas é primordial. Deste modo crea torsos, rostros e formas que se moven en suaves ritmos ondulantes combinando, con frecuencia, a pulcritude do pulimento con zonas máis ásperas e incisións da materia. Como escultor en bronce é capaz de transmitir esa sensación de sutilidade aos seus volumes e ao mesmo tempo, o selo persoal da súa rotunda presenza formal.

Acisclo (catálogo), Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Vigo, 1976.

Acisclo (catálogo), Galería Citania, Santiago de Compostela, 1980.

Acisclo: esculturas (catálogo), Galería Castilla, Valladolid, 1968.

Acisclo: esculturas (catálogo), Galería Internacional de Arte, Madrid, 1976.

Acisclo Manzano, (catálogo), Galería Toison, Madrid, 1968.

Acisclo (catálogo), Diputación Provincial de Ourense, Ourense, 1998.

Acisclo Manzano (catálogo), Caixanova, Vigo, 2002.

Acisclo Manzano: as portas da luz (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.

"Acisclo Manzano á procura da luz", en El Correo Gallego, 30 de xullo de 2004.

Antonio Marcos / Acisclo Manzano (catálogo), Caja de Ahorros Monte de Piedad, Salamanca, 1971.

ARONS, S.: Memoria e liberdade. Arts, The Mass Media, Boston, 2001.

Art- Basel. Feria de Arte de Basilea (catálogo), Internationale Kunstmesse, Basilea, 1974.

Art- Basel. Feria de Arte de Basilea (catálogo), Internationale Kunstmesse, Basilea, 1976.

Art- Basel. Feria de Arte de Basilea (catálogo), Internationale Kunstmesse, Basilea, 1978.

Artistas Galegos : escultores (figuracións), Acisclo Manzano, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

Artistas ourensáns II (catálogo), Diputación Provincial, Ourense, 1983.

I Bienal Internacional de Obra gráfica (catálogo), Fundación Enrique VI de Castilla, Segovia, 1974.

La Bienal de Ibiza (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Ibiza, Ibiza, 1974.

BOOKBINDER, J.: Memory and liberty (catálogo), Boston, 2001.

Búsquedas y encuentros: Acisclo, Quessada (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1990.

CAMPOY, M.: Diccionario Crítico del Arte Español Contemporáneo, Ibérico Europea, Madrid, 1973.

CANOSA, I.: "Galicia : panorama del arte moderno ", en 1ª Semana de Galicia en Madrid, Madrid, 1982.

CASTELAO ÁLVAREZ, B.: "A escultura nas décadas dos sesenta e setenta en Galicia!", en Arte, Tomo XVI, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1999.

CASTRO, X.A.: Expresión Atlántica: Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, A.: Arte Galega, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

CASTRO, A.: Diacronía secular dunha colección recente, Consellería de la Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

CASTRO, A.: Galicia no tempo. Conferencias e outros estudios, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

CASTRO BORREGO, F.: "A escultura Galega hoxe. Unha visión dende o Atlántico", en Galicia no tempo (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

CENDÁN CAAVEIRO, S.: "A pintura nas décadas dos sesenta e setenta en Galicia". En Arte. Hércules de Ediciones: A Coruña, 1999. Tomo XVI.

Cerámica Contemporánea, Diputación de Zamora, Zamora, 1981.

Colección de Arte da Xunta de Galicia 1986-1993 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

CRESPO DE LA SERNA, J.J.: "Tres muestras de arte de Galicia ", en El Excelsior, México, 1971.

Diacronía secular dunha colección recente, Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX, Tomo VIII, Forum Artis, Madrid, 1994.

FOPPA, A.: "Tres artistas gallegos ", en Siempre, México, 28 de julio de 1971.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Galicia hoxe, Galicia sempre: Acisclo, Quessada (catálogo), Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

Galicia no tempo. Conferencias e outros estudios, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

GARCÍA IGLESIAS, X.M.: Arte Gallego , Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1991.

Imaxes dos 80 desde Galicia (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1984.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: "El arte contemporáneo ", en Enciclopedia temática de Galicia, Natua, Barcelona, 1988.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: A Arte galega. Estado da cuestión, Consello de Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1993.

LOSADA, B.: "Mostra de arte galego en Barcelona", en Grial, núm. 8, 1965.

MALLO, A.: "Acisclo Manzano. Entrevista", en El Correo Gallego, 1992.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARÍN-MEDINA, J.: La Escultura Española Contemporánea (1800-1978), Guadarrama, Madrid, 1978.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

Memoria e liberdade. Xaime Quessada e Acisclo Manzano (catálogo), Comunicación Social y Turismo, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000.

MORENO GALVÁN, J.M.: Catálogo de la exposición en la Galería Internacional de Arte, Madrid, 1976.

MON, F.: "Acisclo", en Gran Enciclopedia Gallega,  Tomo I, Silveiro Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000.

MON, F.: "La exposición de tres orensanos en Compostela ", en Chan, núm. 8, 1969.

PABLOS, F.: "Acisclo Manzano", en Cuadernos de Arte contemporáneo, Atlántico, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: "Acisclo Manzano Freire", en Colección Caixavigo,  Vol. 3, Caixavigo, Vigo, 1995.

PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: Artistas ourensanos, Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 1983.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia: la década del "boom" (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

Premio Cáceres de escultura (catálogo), Diputación Provincional de Cáceres, Cáceres, 1980.

Quessada- Acisclo. Memoria e liberdade (catálogo), Santiago de Compostela, 2000.

Renovadores da pintura galega, 1945-1982, Concello da Coruña, A Coruña, 1983.

RUSSO, V.A.: Echoes of the avantgarde , The Patriot Ledger, Boston, 2001.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea ", en Historia del Arte Gallego, Alhambra, Madrid, 1982.

SOBRINO, M.L.: "Las artes plásticas ", en Historia de Galicia, Vol. 4, Faro de Vigo, Vigo, 1991.

Tres artistas gallegos (catálogo), Padroado da Cultura Galega en México, México, 1971.

TROS DE ILARDUYA, S.: O Volter, Ronsel, Barcelona, 1998.

Ver menos