Barreiro, Alberto

  (Pontevedra  1968 - )
  Web artista: http://albertobarreiro.com/

Naceu en Pontevedra en 1968. Licenciouse na Facultade de Belas Artes de dita cidade en 1995 e completou a súa formación doutorándose coa tese "Las características de lo escultórico". En 1999 concedéronlle unha bolsa Erasmus para acudir á universidade de Kingston en Londres.

A súa primeira exposición realizouna en 1992, na mostra colectiva: "First European Exchange Exhibition", na Cambury Park Gallery de Londres, antes de finalizar Belas Artes. 
    
 Ao longo da súa carreira artística recibiu distintos premios: primeiro premio no Certame Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1997), Premio da Crítica no IV Foro Atlántico de Arte Contemporánea (1999). Así mesmo participou como relator en varios seminarios entre eles "La Restauración y el Arte Contemporáneo" (1997) e "Mitos de Fin de Milenio" (1998), organizados pola Universidad de Vigo.

En 1998 trasladouse, grazas a una bolsa de Caixa Galicia, á escola de arte Winchester da Universidad de Sounthampton, en Reino Unido, onde segue vivindo hoxe en día.

Barreiro combina distintos elementos como vídeo, ordenador, fotografía, cristal e pintura. Produce obras de gran tamaño que foxen da superficie plana. Xoga coa realidade e carga dun gran valor simbólico as súas obras. Na actualidade experimenta coas posibilidades creativas de Internet.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

A mares: olladas oceánicas na arte contemporánea (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

Mitos de fin de siglo, Diputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 2000.

Novos camiñantes (catálogo), Xacobeo'99 Galicia, Xunta de Galicia, A Coruña, 1999.

Una simple cuestión de combinatoria (catálogo), Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, 1998.

Una película de piel VI: Alberto Barreiro, Salvador Cidrás, Andrés Pinal (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 2000.

Ver menos 

Obras do artista