Datas, Alberto

  (A Coruña  1935 - Madrid  2007)
  Web artista: http://www.albertodatas.com/index.swf

Comezou a súa formación pictórica na Escola de Artes e Oficios da Coruña, ingresando en 1956 na Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Esta institución  caracterizábase polo seu gran academicismo, e a súa estanza alí supuxo un duro golpe para el, xa que a formación estática da Academia, chocaba coa súa visión moderna da arte. A mediados dos 70 sufriu unha crise entre as dúas tendencias, sendo a visión máis afastada da institucional a que finalmente primou nas súas obras.

En 1953 un dos seus cadros suscitou unha gran polémica nunha mostra coruñesa, por ser considerado unha falta de respecto coas normas do "oficio". A plástica galega cerrábase ás novas propostas fóra do convencional.

En 1961 obtivo unha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores español e da Embaixada italiana en España para estudar pintura mural en Venecia. Entre 1965 e 1968 recibiu outra pensión da Academia Española de Belas Artes de Roma. Ao seu regreso a Madrid exerceu de profesor na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando ata 1976.

Trasladouse a Serrada (Valladolid) e en 1979, regresou á capital española onde obtivo a praza de profesor na facultade de Belas Artes da Universidad Complutense.

En 1980 recibiu unha invitación do grupo Atlántica para participar na exposición "Atlántica. Últimas tendencias de artes plásticas en Galicia". Nesta época cando destruiu algunhas das súas pinturas, que constituían ensaios para a consecución do estilo e forma que cría como propio, estilo que el mesmo denominou "abstracto-expresivo". 

Presentou a súa tese en 1985 baixo o título De la Academia al vitalismo pictórico. Ese mesmo ano converteuse en profesor titular da facultade de Belas Artes da Universidad Complutense e en 1988 conseguiu a cátedra na devandita facultade.

O seu traballo céntrase inicialmente nunha figuración case hiperrealista que deriva mediante un proceso destrutor destas referencias, no expresionismo. A medidos dos anos setenta a súa linguaxe, case sempre desenvolta a través de grandes formatos, volveuse abstracta, de grande énfase xestual e con protagonismo da materia e cor.

Morre en Madrid, no ano 2007.

CATÁLOGOS INDIVIDUAIS:

ALONSO FERNÁNDEZ, L.: Alberto Datas (catálogo), Galería Sargadelos, Barcelona, 1984.

AZCOAGA, E.: Alberto Datas (catálogo), Galería Edaf, Madrid, 1969.

FARALDO, R.: Alberto Datas (catálogo), Sala Monzón, Madrid, 1972.

FERNÁNDEZ CID, M.; SEOANE, X.: Alberto Datas (catálogo), Museo do Pobo Galego, Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1991.

FERNÁNDEZ CID, M.: Alberto Datas (catálogo), Galería Anselmo Álvarez, Madrid, 1994.

FERNÁNDEZ CID, M.: Alberto Datas (catálogo), Galería Marisa Marimón, Ourense, 1995.

MARCHÁN FIZ, S.: Alberto Datas (catálogo), Sala Giannini, A Coruña, 1974.

POPOVICI, C.: Alberto Datas (catálogo), Galería Kreisler Dos, Madrid, 1979.

SEOANE, X.: Alberto Datas (catálogo), Galería Atlántica, A Coruña, 1996.


CATÁLOGOS COLECTIVOS:

AMÓN, S.: Bodas de diamante del cubismo (catálogo), Universidad Complutense, Madrid, 1986.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

BONET CORREA, A.: Atlántica (catálogo), Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1983.

BONITO OLIVA, A. ; CASTRO FERNÁNDEZ, A.; CORREDOIRA, P.: Imaxes dos 80 (catálogo), Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1984.

CAMÓN AZNAR, J.: II Bienal nacional de pintura (catálogo), Sociedad Anónima de Seguros, Bilbao, 1971. 

CASTRO, A.; GARCÍA IGLESIAS, J. M.: Colección de Arte da Xunta de Galicia: 1986-1993 (catálogo), Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

DRAKE MESA, E.: De El Paular a Segovia : 1919-1991 (catálogo), Torreón de Loyoza, Segovia, 1991.

FERNÁNDEZ CID, M.; FILGUEIRA VALVERDE, X.: Un siglo de pintura gallega: 1880-1980 (catálogo), Museo Nacional de Bellas Artes, Buenos Aires, 1984.

FERNÁNDEZ CID, M.: XVSalón de los dieciseis (catálogo), Ministerio de Cultura, Madrid, 1995.

FERNÁNDEZ CID, M.; MOURE, G.; SARMIENTO, R.: Colección de arte Caixa Galicia: Estación Marítima (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Galicia: panorama del arte moderno (catálogo), Banco de Bilbao, Madrid, 1982.

MORENO GALVÁN, J. M.; SEOANE, X.: Atlántica (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Madrid, 1981. 

MOURE, G.: Inicio de una colección. 1960-1980. Arte gallego en los fondos del CGAC (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 1995.

PEREIRO ALONSO, R.: Atlántica: Últimas tendencias das artes plásticas en Galicia (catálogo), Baiona, 1980.

PÉREZ SÁNCHEZ, A.;PORTELA, F. J.: Patrimonio Artístico de la Universidad Complutense (catálogo), Universidad Complutense, Madrid, 1989.

ROZAS, M.; GONZÁLEZ ALEGRE, A.: Trazos e camiños (catálogo), San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 1983.

SEOANE, X.: Renovadores da pintura galega. 1945-1982 (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1983.

SEOANE, X.: Urbe, natura, cosmos (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1995.

Vangardas e Silencios (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1988.


LIBROS:

ÁLVAREZ ILARRI, M. I.: Conocimiento del arte abstracto y figurativo a través de los artistas del Museo Quiñones de León, Concello de Vigo, Vigo, 1986.

Artistas Galegos: pintores (realismo-abstraccións). Realismo-Abstraccións, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

CALVO SERRALLER, F.: España medio siglo de arte de vanguardia 1939-85, Fundación Santillana, Ministerio de Cultura, Madrid, 1985.

CAMPOY, A.: Diccionario crítico del arte español contemporáneo, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

CASTRO ARINES, J.: Anuario de las Artes , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1972.

Colección da arte galega do Museo Quiñones de León, Concello de Vigo, Vigo, 1995.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CHÁVARRI, R.: La pintura española actual , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA VIÑÓ: Arte de hoy arte del futuro, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

GONZÁLEZ LÓPEZ, E.: Historia de Galicia, La Voz de Galicia, A Coruña, 1980.

Gran Enciclopedia Gallega, vol. VIII, Silveiro Cañada, Santiago de Compostela, 1975, pág. 228.

MARCHÁN FIZ, S.: Del arte objetual al arte de concepto 1960-1972, Comunicación, Madrid, 1972, páx. 70.

MARCHÁN FIZ, S.: Del arte objetual al arte de concepto: epílogo sobre la sensibilidad postmoderna , Akal, Madrid, 1986.

MON, F.: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1988.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PLAZA MOLINA, J.: Arte en Galicia. La década del "boom" (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

SEOANE, X.: Reto ou rendición, Edicións do Castro, Sada, 1994.

Ver menos