González Pascual, Alejandro

  (A Coruña  1930 -  1993)

Comezou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, onde tivo como mestre a Manuel Tormo.

 Paralelamente ás súas primeiras exposicións, realizou ilustracións para libros como A Frauta e o Garamelo e Un corvo chamado Alberte, de Avilés de Taramancos, e Ruibaiyat, de Omar Kayyam, este último con motivo da tradución realizada por González Garcés. Así mesmo, participou na edición de revistas como Atlántida, Ateneo, Tránsito, Nordés ou Luzes de Galicia.

A pesar da pouca aceptación que tiña a súa pintura en Galicia durante os primeiros anos da súa traxectoria, logrou expor en galerías de Madrid e París. Por este motivo, e para poder vivir, durante algún tempo tivo que simultanear a arte cos negocios familiares, ata que, en 1975, puido dedicarse á pintura con exclusividade.

O investigador Pedro Vasco analizou a pintura de Alejandro González Pascual, distinguindo nela catro etapas diferenciadas:

A primeira vai dende os seus inicios ata 1960. Trátase dunha etapa de formación na que o artista se sumerxe en distintas correntes como a abstracción, o informalismo ou o expresionismo, experimentando con elas, para chegar a acadar un estilo propio.

Os anos que van dende 1960 a 1972, Pedro Vasco veos como una época de madurez. É o momento no que leva a súa obra a Madrid e París. Nos seus cadros hai agora un estilo ben definido, caracterizado pola representación da natureza galega, mediante unha paleta cromática baseada en negros, verdes e azuis.

Entre 1972 e 1977 obsérvase un achegamento, dende as representacións dos bosques da súa etapa anterior, ao núcleo destes, ofrecéndonos unha visión máis próxima.

 A cuarta e última etapa abarca dende 1977 ata a súa morte. Nela abandona totalmente a representación da natureza para dedicarse única e exclusivamente ao bodegón. Comeza usando fondos escuros, que gradualmente vai aclarando.

 Morreu na Coruña en 1993.

BONET, J.M.: "O archipiélago (Notas sobre o período 50/70 en Galicia)", en Vangardas e Silencios (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

CASTRO, A.: "¿A oscuridade da avangarda... ou a avangarda máis oscura?", en Vangardas e Silencios, (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

CASTRO, A.: Diacronía secular dunha colección recente, Consellería da Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

GARCÍA IGLESIAS. J.M.: "25 pintores de Galicia nados entre 1919 e 1943", en Vangardas e Silencios (catálogo), Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: "González Pascual o la realidad subjetiva ", en Revista Tinta China, nº 2, Vigo, 1982.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del "boom"  (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

SEOANE, X.: "A revelación da claridade", en Luzes de Galicia, nº 22-23, 1993.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "Tempos de pintura: os derradeiros cincoenta anos", en Tempos de pintura, Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "Alejandro González Pascual", en Pintura. Colección del Ayuntamiento de A Coruña (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1985.

Ver menos