Abelenda Escudero, Alfonso

  (A Coruña  1931 - )

Nado no seo dunha familia de tradición artística, asiste na Coruña ás clases de Antón García Patiño ata 1949, ano no que se matricula na Escuela de Arquitectura de Madrid. Alí comeza os seus primeiros pasos como pintor, asistindo ás clases de Gutiérrez Navas e estudando estatua e lavado no Casón del Buen Retiro.

No ano 1954 realiza a súa primeira exposición na libraría de Lino Pérez da súa cidade natal, ao tempo que forma grupo cos pintores Labra, Lago Rivera e Tenreiro; colaboradores habituais de Atlántida,  revista que supón unha tentativa pioneira de afirmación vangardista nun contexto opresivamente provinciano. Cumpre o servizo militar en Marrocos, e expón en Tetuán, Tánxer e Rabat.

En 1959 trasládase a Santiago para estudar Ciencias Exactas. Comeza a colaborar como debuxante en La Codorniz, formando grupo con Ballesta e Puig Rosado, entre outros. Viaxa por Europa, expoñendo en Londres e París a principios dos 60 e participa na histórica colectiva de artistas galegos “20 pintores galegos”, promovida pola primeira agrupación cultural galega O’Galo, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Establécese despois en Madrid dedicándose á decoración e montaxe de exposicións. Participou nas feiras mundiais de Bruxelas e Nova York, e traballou para a fábrica de porcelanas Bidasoa, entre outros.

A súa incursión no humor gráfico, actividade que lle reportou enorme prestixio, é cada vez maior. No ano 1968 recibe a primeira medalla do II Salón Nacional de Humoristas.

Retorna a Galicia a mediados dos 70, onde ao pouco tempo comezan a rendirlle tributos e homenaxes.

No ano 1972 a editorial Planeta publica un libro mui curioso de sinalado carácter satírico, El Abelendario, reeditado a principios do ano 2014 pola Librería Arenas da Coruña.

A súa obra, nun principio, de marcada tendencia expresionista, de imaxes deformadas e violento colorido, segue os rumbos dunha evolución na que é moi importante a súa actividade como debuxante humorístico e satírico. Esta visión deformante, distorsionada e agridoce da realidade vaina aplicar aos seus óleos e aos seus relatos de forte expresividade cromática e formal. Nestes últimos anos, a paisaxe, con predilección polos recantos urbanos achegados ao mar, converteuse nun tema habitual. Cunha linguaxe formal sintética dunha pincelada rápida e chea de materia, constrúe os seus obxectos e edificios, os seus barcos e xentes.

Consérvase a súa obra na Colección de arte Afundación, na Colección Fundación María José Jove, na colección da Fundación Torre-Pujales - Museo de arte contemporánea da Costa da Morte, na Colección de arte contemporánea “Andante”, na colección da Deputación Provincial da Coruña, na Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, na Colección do Museo de Belas Artes da Coruña, etcétera.

ABELENDA, A.: El abelendario, Biblioteca Universal Planeta, Madrid, 1972.

Abelenda (catálogo), Casa de Galicia en Madrid, Madrid, 1995

Alfonso Abelenda Escudero : pinturas 1945 a 1983 : exposición Premios Cidade da Coruña (catálogo), Departamento de Cultura, Concello da Coruña, A Coruña, 1983.

Artistas Galegos: pintores (realismo-expresionismos). Alfonso Abelenda, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BONET, J.M.: "O Archipiélago (Notas sobre o período 50/70 en Galicia)", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1988.

CASTRO, X.A.: "¿A oscuridade de avangarda...ou a vangarda máis oscura?", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1988.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

DE LA FUENTE ANDRÉS, F.: "Entrevista Alfonso Abelenda", en El Arte de Vivir (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1993.

Exposición antológica: Alfonso Abelenda (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1999.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I. Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA IGLESIAS, J.M.: Medio século de Arte Galega (1930-1980) (catálogo), Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Lisboa, 1991.

GARCÍA IGLESIAS, J.M.: "25 Pintores de Galicia nados entre 1919 e 1943", en Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1988.

GÓMEZ DE SANZ, M.R.: Vangardas e Silencios, Consellería de Cultura e Deportes, Xunta de Galicia, Santiago, 1985.

GONZÁLEZ ALEGRE, A. ; ROZAS, M.: Trazos e camiños, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

Historia del arte gallego, Alhambra, Madrid, 1982.

IGLESIA Á.: Humor gráfico español del siglo XX, La Codorniz, Madrid, 1968.

MARTÍNEZ CEREZO, A.: "Diccionario de pintores españoles. Segunda mitad del Siglo XX", en fascículos de la  revista Época, Madrid, 1993.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: "Abelenda", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo 1, Silveiro Cañada, Santiago, 1974, páx.55.

MON, F.: "Alfonso Abelenda. La pintura actual en Galicia", en Faro de Vigo, 1967.

MON, F.: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1997, pp. 90-94.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PABLOS, F.: Plástica Gallega. Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1993.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia : La década del boom(1970-1980), Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1981.

SAN CLAUDIO, M.: El arte de vivir, Diputación da Coruña, A Coruña, 1993.

SEOANE, L.: Figuraciones, Diputación da Coruña, A Coruña, 1991.

SEOANE, X.: "Alfonso Abelenda: a presenza dun mestre", en Man Común, núm. 9, abril, 1988.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Madrid, 1982.

TUBAU, I.: De Tono a Perich, Don José, Madrid, 1960.

TUDELA, M.: Café Gijón : cien años de historia, Kaydela, Madrid, 1988.

Ver menos