Vega, Álvaro de la

  (Paradela, Lugo  1954 - )

Comenzou a súa formación na Escola de Belas Artes de Barcelona, ao tempo que se dedica á ilustración, ao cómic, ao grafito e sobre todo á pintura. En 1974 comeza a expoñer a súa pintura de forma individual, na Deputación de Lugo e en 1979 nunha colectiva no Museo Municipal de Hospitalet de Llobregat.

Entre os anos 85 e 91 ilustra revistas: Valiundiez, Trilateral, Luzes, Favorita, Das Capital, Animal, Barcelona Murs, Art Work e aparece comentado en artigos de case todos os xornais do país.

En 1990 volve a Galicia e aséntase en Corcubión, centrándose na escultura, principalmente de figuras humanas. Segundo as súas propias palabras: cando empezou a pensar na escultura, pensou en facer figuras, o home, o animal. Quixo partir do esqueleto, dende a armazón.

O máis impresionante da obra de Alvaro de la Vega son as súas madeiras, madeiras feridas, bastas, xigantes e fortes, elementais nas formas e dramatizadas por algo de pintura. Alvaro chama "sombras" a unhas esculturas de aramio, paralelas a outras que funcionan como complemento, el mesmo di que son coma unha "metáfora do claro-escuro". Os aramios de De la Vega literalmente debuxan figuras dotadas de volume.

A súa obra forma parte das coleccións de museos e institucións: Museo d’Art Contemporani de Barcelona, Museo Barradas del Hospitalet de Llobregat, Bienal de Arte Contemporánea de  Béziers (Francia), Centro de Saúde de Ribas do Sil de Ourense, Fondo de Arte da Caja Postal de Cuenca, Museo Provincial de Ourense, Fons d Art da Universidade de Barcelona, Concello de Paradela (Lugo), Concello do Saviñao (Lugo), Colección do MAC da Coruña, Domus da Coruña, Deputación Provincial da Coruña, Palacio de Congresos e Exposicións de Madrid e Colección de arte ABANCA.

Máis información: http://www.alvarodelavega.es/

ALVARADO, S.: "El hombre de nuestra tierra ", en La Región, 5 de febreiro de 1997.

Alvaro de la Vega (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1998.

V Bienal de Arte Unión Fenosa, A Coruña, 1997.

El Blanc Negre. Galería Balmes 21, Barcelona, 1993.

Casa de Galicia, Madrid, 1995.

Esquina Atlántica, Amberes, Bruxas, Bruxelas, 1997.

Foro Atlántico, A Coruña, 1997.

Galería Obradoiro de Artes, Tamallancos, Ourense, 1996.

Galería Sío Levy, Barcelona, 1996.

Galería Alameda, Vigo, 1995.

Galicia Terra única, Santiago de Compostela, 1997. 

GONZÁLEZ-ALEGRE, A.: "Álvaro de la Vega, escultura (in)disciplinada ", en Álvaro de la Vega (catálogo), Xixón, 2001.

LONGUEIRA, S.: "Cuatro artistas en Madrid. Dos escultores y dos pintores gallegos exponen en Madrid. Culturas ", en La Voz de Galicia, 1998.

MALLO, A.: "Un bosque humano plantarase na Casa de Galicia", en O Correo Galego, marzo, 1995, Cultura V.

M. A. S. RON: "Álvaro de la Vega. Productor de formas", en Animal+1, núm. 3.

PEREDA, R.: "Retrato de Álvaro de la Vega escultor", en Álvaro de la Vega (catálogo), Santiago de Compostela, 1998.

RABUÑAL, A.M.: "Mil palabras", en Álvaro de la Vega (catálogo), Barcelona, 1996.

RON PEREIRO, X.: "Álvaro de la Vega. Saber estar con los pies sobre la tierra. Saber ser el centro de la espiral ", en Álvaro de la Vega, (catálogo), Madrid, 1995.

RUANO, C.: "Ser hombre sin dejar de ser madera ", en La Voz de Galicia, Cultura, núm. 12, 18 de maio de 1995.

VILAR, M.: "Artista incómodo: Álvaro de la Vega", en A Nosa Terra, 674, 18 de maio de 1995.

VILAR, M.: "Un artista da terra", en La Voz de Galicia (Fisterra), 9 de maio de 1996.

VILAR, M.: "Metáfora da cidade asolagada", en Álvaro de la Vega, Esculturas (catálogo), Lugo, 1999.

X. R. T.: "El pintor y escultor Álvaro de la Vega expone en A Coruña ", en El Progreso, 21 de marzo de 1994.

Ver menos 

Obras do artista