Cerviño, Ángel

  (Lezoce, Lugo  1956 - )
  Web artista: http://angelcervino.es/

Estudou Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid, aínda que se dedicou profesionalmente á publicidade e deseño gráfico. A súa presenza no circuíto de galerías, feiras e exposicións iniciouse a finais dos anos 80 (Novos Valores - Bienal de Pontevedra) e volveuse habitual nos primeiros anos da década seguinte, cando a súa obra comezou a formar parte das principais coleccións públicas galegas. 

 "Os seus cadros están concibidos como escenas de ficción, con certo onirismo, no que o real, dende o punto de vista narrativo e lingüístico mestúrase coa fábula e o abstracto"¹. Os recursos iconográficos máis recorrentes na obra de Cerviño, serán as lebres e os púxiles, que sitúan ao espectador ante una referencia temporal, buscando a captura do instante.

 "Os seus últimos traballos, sinalan un cambio sempre en sentido de liberdade dentro dunha traxectoria recoñecible e clara, mantendo a súa evidente capacidade de abstracción tanto lingüística cuanto estrictamente pictórica e desenvolvida como nunca ata agora a liña da pintura como fluído, do automatismo e do deixarse levar"².

Entre as súas series máis destacadas, encontrámonos: Polil, Tintes Ibéricas e Susy, sobre a cal o propio autor afirma que é un ritual de erotismo recreativo onde conflúe o bíblico co gramático, a mística coa mecánica e o humor co horror.

Contan coa obra do artista as coleccións do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, Deputación da Coruña, Colección Caja Madrid, Concello de Lugo, Real Academia de Belas Artes da Coruña, Colección de arte Afundación, Concello da Coruña, entre aoutras.


1.  ENCICLOPEDIA Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.
2. GONZÁLEZ ALEGRE, A.: "Desde la maleza, metralla", en Play - Back: Ángel Cerviño (catálogo), Galería AD HOC, Vigo, 2002.

Ángel Cerviño. Pinturas (catálogo), Galería Volter, Ourense, 1997.

Ángel Cerviño. Pago por visión (catálogo), Centro Cultural Deputación de Ourense, Ourense, 2005.

CERVIÑO, A.: "Zen-Karaoke. Pintar en la encrucijada de los 90", en Galicia Terra Única. Galicia Hoxe (catálogo), Xunta de Galicia, A Coruña, 1997.

Cuarto Salón de Otoño de Pintura 2002 (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 2002.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Gólgota Suite: Ángel Cerviño (catálogo), Caja Madrid, Pontevedra, 1998.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

PLAY - BACK: Ángel Cerviño (catálogo), Galería AD HOC, Vigo, 2002.

Segundo Salón de Otoño de Pintura: 1998 (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1998.

Semellanzas e contrastes (catálogo), Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1992.

Ver menos 

Obras do artista