Sousa, Angelo de

  (Lourenço Marques, Mozambique  1938 - )

Estudou pintura na Escola Superior de Belas Artes de Oporto (ESBAP), onde imparte docencia dende 1962.

Na súa actividade pictórica Sousa sempre  mostrou un especial interese pola depuración formal, en ocasións reinterpretando temas clásicos da historia da pintura, como pode ser o retrato ou a paisaxe, e en outras, escollendo elementos soltos para experimentar con cores e formas.

A mediados dos anos sesenta, realiza esculturas que recortan o espazo en diferentes planos e vólvense maleables e susceptibles de manipulación por parte do espectador. Entre 1967 e 1968, asistiu en Londres á St. Martin's School of Art e á Slade of Fine Art. Aquí compartiu cos artistas da súa xeneración o redescubrimento do cruce da película e a fotografia como soporte das súas obras. Nelas percíbese a linguaxe utilizada a partir de mediados da década dos sesenta, como proposta innovadora."El máximo de efecto con el mínimo de recursos. O: el máximo de eficacia con el mínimo de esfuerzo. O, aún: el máximo de presencia con el mínimo de gritos. Hecho que, ha sido siempre una característica muy evidente en todo lo que tengo hecho, desde las primeras exposiciones en las que tomé parte, en los últimos años de la década de los cincuenta"1.

Os seus tecidos tenden, dende principios dos anos setenta, á monocromía aínda que acentúan os valores da perspectiva. Ângelo imprímelle aos seus cadros unha dinámica de variacións tímbricas que unido aos efectos de transparencias, levan ao autor a definirse en ton irónico como "expresionista sublimado"2

Dende o ano 1959, expuxo incesantemente, tanto de forma individual como colectiva, e a súa carreira viuse premiada en diversas ocasións: en 1972 coa Mención de Honor del Premio Soquil, en 1975 co Premio Internacional (ex - aequo) da XIII Bienal de San Paulo, Brasil. En 1986 conseguiu o Premio de Pintura da III Exposición de Artes Plásticas da Fundación Calouste Gulbenkian e no 2000 o Premio EDP de Pintura.


1 Palabras de Ângelo, na entrevista conducida por Fernando Pernes, no catálogo da exposición individual, na Galería EMI-Valentim e Carvalho, 1985. 

2 Entrevista de Carlos Vidal en  A Capital, 4 de xuño de 1993.

Almada/ Ângelo 34 años despues (catálogo), Centro Cultural de Lagos, 1993. 


Ângelo 1993: Una antológica (catálogo), Fundação de Serralves, Porto/Centro Cultural de Belém, Lisboa, 1993. 


A y B, entrevista a Ângelo de Sousa conducida por Bernardo Pinto de Almeida, 1992. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Cooperativa Árvore, Porto, 1964. 


Ângelo de Sousa (catálogo), ESBAP, Porto, 1963.


Ângelo de Sousa (catálogo), Centro de Arte Contemporânea - Museu Nacional de Soãres dos Reis, Porto, 1976. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería Buchholz, Lisboa, 1968. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería Divulgação, Ooorto, 1959. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galeria Divulgação, Oporto, 1968. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería EMI- Valentim de Carvalho, Lisboa, 1985. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería EMI-Valentim de Carvalho, Lisboa, 1990. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería Quadrado Azul, Oporto, 1987. 


Ângelo de Sousa (catálogo), Galería EMI-Valentim de Carvalho, Lisboa, 1990.


FERNANDES, J.: "O espelho como funcão constitutiva de Uma Visita" (catálogo), 1993.


Fotografía (catálogo), Galería Quadrado Azul, Oporto.


A Imixinaçâo da Matéria: 2991 palabras a Ângelo en 1992


Movimientos (catálogo), Galería Tráfego, Oporto.


PINTO de ALMEIDA, B. Cooperativa Árvore, Oporto, 1993.

Porto 60/70: Os Artistas e a Cidade, Fundaçao de Serralves, Oporto, 2001.


Sem Prata (catálogo), Museo de Arte Contemporânea de Serralves, Fundação Serralves, 2001.

Ver menos 

Obras do artista