Clavé, Antoni

  (Barcelona  1913 - Saint-Tropez, Francia  2005)
  Alias: Clavé

Dende moi novo, Antoni Clavé tivo que abandonar a escola para poñerse a traballar e contribuír aos modestos ingresos da súa familia. Non obstante a súa forte vocación artística levouno a inscribirse na Escola de Belas Artes e a diferentes obradoiros para completar a súa formación, onde tivo como profesor a Ángel Ferrant. Da súa etapa barcelonesa destacan murais en diversos locais da cidade, e os deseños para publicidade.

Durante a guerra civil combateu no bando republicano, ao final da contenda e, tras pasar por varios campos de refuxiados, chegou a París. Neses  primeiros anos na capital do Sena compartiu a pintura coa ilustración de libros e decoracións teatrais, ata que durante o día da toma de París polos aliados coñeceu a Pablo Picasso. Dende aquela comezou a relacionarse cos outros artistas da escola española de París como Viñes, Domínguez, Peinado ou Bores, xunto aos que expuxo na exposición de artistas españois republicanos de Praga en 1946.

A finais dos anos 50 fixo a súa serie de Reyes e Guerreros, unha das que máis fama lle deu, e a súa obra comezou a ser recoñecida, expoñendo con éxito en galerías de toda Europa e recibindo un premio na Bienal de Sao Paulo de 1957. En 1987 realizou unha exposición antolóxica no Museo de arte Moderna da Vila de París en 1978, que supuxo unha homenaxe da cidade onde producira gran parte da súa obra.

Dentro da súa produción hai que destacar a súa obra gráfica, tanto polo seu interese como pola aplicación e combinación de diversas técnicas, froito dun artista sempre preocupado pola investigación e a novidade estética. A pintura de Clavé sufriu un cambio decisivo cando coñeceu a Picasso en 1944, quedando abafado pola personalidade e a pintura do malagueño. Dende aquela a súa obra deu un salto cualitativo estético impresionante, e non só iso, senón que Picasso lle inculcou a paixón pola investigación plástica e a busca constante de novas solucións estéticas. Non se paraba en ningún dos logros conseguidos: unha vez feito un achado.

Ver menos 

Obras do artista