Huete, Anxel

  (Ourense  1944 - )

Naceu dentro dun ambiente familiar con grande sensibilidade cara o mundo das artes e das letras, xa que de pequeno Huete participaba xunto ao seu pai en faladoiros con Vicente Risco e X. Suárez. Por iso, non é estraño o apoio incondicional que lle brindaron nas súas primeiras experiencias artísticas, que se achegaban ao costumismo realista de tendencia expresionista, temática que caracterizaba á Galicia de entón.

Esta concepción pictórica cambiou radicalmente a raíz dos seus estudos en Barcelona, primeiro na Escuela Massana e posteriormente na Escuela Superior de Bellas Artes de San Jordi, onde coñeceu a fondo as correntes do informalismo catalán - Tapies, Guinovart...- cos que empeza a sentirse identificado, ao contrario do que declarou anos despois: " Cando cheguei a Barcelona no ano sesenta e cinco, atopei alí unha práctica artística extremadamente dinámica, e o que fixen ante tal choque foi adoptar unha postura desconfiada que me levou a pensar ao comezo: o que pasa é que estes tíos non saben pintar coma nós!"1

 Viaxou por Europa entre 1968-1972 e foi en Londres onde coñeceu e se entusiasmou co movemento pop-art, especialmente con David Hockney, que decidiu trasladalo ás súas pinturas.

Seguiu a súa formación na Escola Superior de Belas Artes de Berlín (HFBK), continuando coas súas investigacións pictóricas e participando no ambiente social e político consecuencia do  maio do 68.

 No ano 1969 instalouse na abstracción, que caracteriza toda a súa obra posterior, convertíndose nun dos pioneiros abstractos en Galicia. Interesouse polo realismo abstracto co ánimo de transcender á pintura transmitíndolle as ideoloxías humanas.

Xunto a Patiño, Lamas e Monroy realizou unha viaxe a Nova York que foi moi importante, non só para Huete senón tamén para toda a plástica galega, xa que se sentaron as bases para o nacemento dun dos movementos artísticos máis significativos da Galicia contemporánea, Atlántica.

Entre 1981-1982 residiu en Nova York, e foi alí onde a súa pintura tomou os aspectos cromáticos e espaciais que a caracterizan.De volta a Galicia, fixou a súa residencia en Domaio (Pontevedra), traballando unha abstracción fundamentada no cromatismo e na harmonización da estrutura dos elementos que conforman a obra.

 Na actualidade, é profesor de pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.


1. En Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules Ediciones, A Coruña, 1993.

ABEL VILELA, A. de: Dezasete pintores de Lugo (catálogo), Consellería de Cultura e Benestar Social, Santiago de Compostela, 1986.

ÁLVAREZ, L.: "Ánxel Huete y la abstracción ", en La Voz de Galicia, 11 de decembro de 1988.

Ánxel Huete (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 1997. 

Arte Gallego  en Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Atlántica (catálogo), Santiago de Compostela, 1983.

Atlántica (catálogo), Centro Cultural de la Villa de Madrid, Madrid, 1981.

Atlántica 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

BERNAL, N.: "Huete: Mi obra para el Doble Espacio une sufrimiento y satisfacción ", en ABC, 20 de xaneiro de 1997.

VII Bienal de Arte de Pontevedra (catálogo), Pontevedra, 1983.

BLANCO AMOR, E.: Huete-Vidal Souto (catálogo), Caixa de Aforros de Vigo, Vigo.

CANOSA, I.: "Galicia: Panorama del arte moderno ", en 1ª semana de Galicia en Madrid, Madrid, 1982.

CASTRO, X.A.: Expresión Atlántica: Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CORREDOIRA, P.: 1990 (catálogo), Consellería de Cultura e Benestar Social, Santiago de Compostela, 1986.

DEL RÍO, L.: "Exposición de Ángel Huete", en Diario de Pontevedra, 25 de maio de 1972.

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Tomo 1, Mondadori España, Madrid, 1991, pp. 409-410.

FERNÁN VELLO, M.A.: "A intervención de Ánxel Huete", O Correo Galego, Santiago de Compostela, 13 de febrero de 1997.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA, X.L.: "Ánxel Huete: espero radicalizarme máis", en Diario 16 de Galicia, Vigo, 25 de abril de 1992.

Gran Enciclopedia gallega, Tomo 17, pp. 181-183.

"Huete", en Gazeta del arte, núm. 53, 7 de decembro de 1975.

HUETE, A.: "La perplejidad de Stanley", en ATLÁNTICA, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

Imaxes dos oitenta desde Galicia (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela, 1984.

MALLO, A.: "Ánxel Huete y su formación alemana ", en El Correo Gallego, Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1993.

MALLO, A.: "A man de cal de Huete", en O Correo Galego, Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

MÉNDEZ FERRÍN, X.L.: Catálogo de la exposición de la Caixa de Aforros de Vigo, Vigo, 1979.

MON, F.: "Huete", en Gazeta del arte, núm. 41, 15 de abril de 1975.

MOREIRAS, C.: "Ánxel Huete, pintor doutras realidades", en La Región, Ourense, 15 de xaneiro de 1989.

OROZA, C.: Ánxel Huete (catálogo), Galería Dársena, A Coruña, 1991.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

PINTO DE ALMEIDA, B.: Baiona, horizonte atlántico (catálogo), Baiona, 1988.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia:la década del "boom" (1970-1980), Edicións do Castro, Sada, 1981.

PRADO DÍEZ, D. de: Ánxel Huete, (catálogo), Museo Municipal de Ourense, Ourense, 1993.

O proceso abstracto: artistas galegos 1950-1979 (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

RUÍZ DE SAMARIEGO, A.: "O proceso Huete", en Revista das letras (O Correo Galego), núm. 146, 13 de febreiro de 1997.

SEOANE, X.: "Ánxel Huete: O rigor analítico cara a aprehensión dun novo espazo", en Man Común, núm. 7, 1981. 

SOBRINO, M.L.: "La  Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Madrid, 1982.

Tempos de Pintura (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela, 1985.

Ver menos