Alcolea, Carlos

  (A Coruña  1949 - Madrid  1992)
  Movimiento/Escuela: Nova figuración madrileña

Nace na Coruña en 1949 no seo dunha familia acomodada, vivindo desde pequeno un ambiente propicio á cultura e a música. En 1967 instálase en Madrid onde inicia os seus estudos de Dereito, que pronto abandona para dedicarse por completo á pintura. En 1968 realiza unha viaxe a Bretaña e París, que lle permite descubrir a través dos catálogos que adquire, a obra de David Hockney e do americano Kitaj. Un encontro que “propiciará de inmediato na súa obra incipiente o seu deslizamiento cara á imaxe”¹. Pouco despois coñece ao pintor Luís Gordillo unha das influencias, xunto coa arte pop, máis importante durante esa primeira etapa da súa pintura.

En 1971 realiza a súa primeira exposición individual na Galería Amadís que, dirixida polo crítico e tamén pintor, Juan Antonio Aguirre será espazo de xestación do que máis tarde se denominará Nueva Figuración Madrileña, un grupo “que nunca se articuló como tal nin asinou ningunha proclama (…) e que ofrecía unha proposta pictórica que se desmarcaba nítidamente da paisaxe en torno, no que convivían nunha certa desorde, abstracción, pop, figuraciones post- baconianas, (…) e tentativas conceptuais”². Alcolea, que será un dos seus protagonistas máis destacados, dá a coñecer por primeira vez nesta exposición, temas como o das “piscinas”, segundo as súas palabras un “agradecimiento a Hockney “, que de forma recurrente seguirá cultivando ao longo da súa traxectoria, ata nas seguintes exposicións individuais que realiza ese mesmo ano, na Galería Daniel e na sala Doncel de Pamplona.

En 1974 participa conxuntamente con Carlos Franco cunha exposición de debuxos na galería Buades. Desde mediados dos setenta e toda a década dos oitenta, expuxo regularmente nesta galería que reuniu a críticos como Juan Manuel Bonet. Dúas décadas despois o propio Bonet revisaría na exposición “Os anos pintados” ademais da obra de Alcolea, a Barceló, Garcia Sevilla ou Miguel Angel Campano, entre outros, unha xeración que protagonizó segundo as súas palabras o “terceiro gran momento que, nun clima de exaltación colorista e sen precedentes, viviu a pintura española durante os setenta e comezos dos oitenta”³.

Neses mesmos anos realizará frecuentes viaxes a Nova York, Paris e Milán. En 1975 inaugura tamén en Buades o súa individual “Queens of London”, onde se presenta o cortometraje sobre o seu traballo Extensiónes de Carlos Alcolea realizado por Baldomero Concejo e Nacho Criado. En 1979 mostrou algúns dos seus cadros de referencia como Matisse de día / Matisse de noite.

En 1980 o Museo Español de Arte Contemporánea dedicoulle unha exposición retrospectiva, que reuniu a súa obra máis importante: entre outros, algúns cadros de serie Piscinas, dúas versións do Desnudo bajando una escalera ou os cadros titulados Las gafas e La república. En setembro de 1992, tras realizar a súa última exposición individual na galería Miguel Marcos de Zaragoza, falece en Madrid aos 43 anos. Ese mesmo ano recibe a título póstumo o Premio Nacional de Artes Plásticas.

En 1998 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía dedicoulle unha exposición antológica que reuniu trinta lenzos e un importante conxunto de fotografías e documentación, incluído o seu libro Aprendendo a nadar (1980). O comisario desta exposición Ángel González, definía a Alcolea como “un dandy e un intelectual que elabora unha iconografía propia a partir dunha serie de temas desde comezos das súas carreira, e sobre os que insiste porque como o mesmo afirmaba, pensar non esgota a idea”.

No ano 2008 a Fundación Caixa Galicia, organizou unha das súas últimas exposicións retrospectivas “Carlos Alcolea, cara a Fisterra” na súa sede de Ferrol.

A súa obra forma parte de importantes coleccione institucionais como a do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo ARTIUM, Fundación Suñol, Museo Patio Herreriano, Colección BBVA, Museo ICO, entre outras. 


¹ HUICI, F.: “Cara a Fisterra” en Carlos Alcolea. Cara a Fisterra (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2008, p. 12.

² BONET, J. M.: Los años pintados (catálogo), Gobierno de Aragón - Diputación de Zaragoza, Zaragoza, 1994. 

³ BONET, J. M.: Los años pintados (catálogo), Gobierno de Aragón - Diputación de Zaragoza, Zaragoza, 1994.

XII Salón de los 16 (catálogo), Grupo 16 - M.E.A.C., Madrid, 1992. 

Arte Contemporáneo Español, Colección Arte Contemporáneo, Museo del Patio Herreriano - Ayuntamiento, Valladolid, 2002. 

ALAMINOS, E.: “Sentido y sin sentido en el dibujo de Carlos Alcolea y Carlos Franco” en Artes Plásticas, nº 8, Madrid, 1976. 

ALCOLEA, C.: Aprender a Nadar, Libros de la Ventura, Madrid, 1980. 

AGUIRRE, M. de: "Un juego arriesgado" en El Siglo, Madrid, 9 decembro de 1991. 

BONET, J. M.: "El retorno de Carlos Alcolea" en ABC de las Artes, Madrid, 13 decembro de 1991. 

BONET, J. M.: Carlos Alcolea. Materiales para una biografía (catálogo), CGAC, Santiago de Compostela, 1998. 

BONET CORREA, A.: Figuracións. Anos 70 na colección de arte contemporánea de Madrid (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996. 

Carlos Alcolea (catálogo), MNCARS, Madrid, 1998. 

Carlos Alcolea: Cara a Fisterra (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2008. 

CARRASCO, M.: “Carlos Alcolea y la nueva figuración abren la temporada de Cajasol” en ABC, Madrid, 4 de septembro de 2008. 

DANVILA, J. R.: “Carlos Alcolea, el conocimiento de la pintura” en El Punto, Madrid, decembro de 1991. 

DELARGE, J. P.: Dictionnaire des Arts Plastiques modernes et contemporains, Edit. Gründ, París, 2001. 

FERNÁNDEZ-CID, M.: “Carlos Alcolea. Un pintor carismático y reflexivo” en Diario 16, Madrid, 12 de maio de 1992. 

FERNÁNDEZ-CID, M.: “XII Salón de los XVI. 1992. Carlos Alcolea” en Cambio 16, Madrid, 25 de marzo de 1992. 

FERNÁNDEZ-CID, M.: "Fallece en Madrid Carlos Alcolea, uno de los pintores figurativos más personales de los años setenta" en Diario 16, Madrid, 21 septembro de 1992. 

Figuraciones madrileñas años 70 en la C.A.C. (catálogo), Cuaderno nº 1, C.A.C., Madrid, 1996. 

GONZÁLEZ GARCÍA, A. e GÓMEZ LIAÑO, I.: Carlos Alcolea (catálogo), Galería Gamarra y Garrigues, Madrid, 1991. 

ORTIZ, B.: “Cajasol reivindica la libertad creadora de Carlos Alcolea” en Diario de Sevilla, Sevilla, 10 de outubro de 2008. 

“El pabellón Mudéjar recoge el arte español de los ochenta en 40 obras”, en El País, Madrid, 20 de maio de 1993. 

Semellanzas e contrastes. Visións da arte peninsular da última década a través de tres coleccións (catálogo), Deputación Provincial, Pontevedra, 1992. 

SOLANA, A.: “El triángulo del arte” en Ronda Iberia, Madrid, febreiro de 1992. 

VV.AA.: El color de las vanguardias. Fundación Argentaria, Madrid, 1993. 

VV.AA.: Arte en España, 1918 – 1994. Colección Arte Contemporáneo, Alianza Editorial, Madrid, 1994. 

VV.AA.: Diccionario de Pintores y Escultores españoles del siglo XX. Vol. 5, Edit. Forum Artis, Madrid, 1994. 

VV.AA.: 20 años de coleccionismo público: Alcolea, Carlos, Museo de Bellas Artes de Álava - Diputación Foral de Álava, Vitoria, 1996.

VV.AA.: Los esquizos de Madrid. Figuración madrileña de los 70 (catálogo), MNCARS, Madrid, 2009.

Ver menos 

Obras do artista