Maño, Carlos

  (Zaragoza  1960 - )

Naceu en Zaragoza pero á idade de oito anos trasladouse a Santiago de Compostela.Comezou a súa formación artística en 1978, ao matricularse na Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" da cidade compostelá. Durante o ano seguinte, asistiu ás clases de debuxo e pintura que impartía Armando Guerra.

En 1980 marchou a vivir a Vigo, ingresando na Escola de Artes e Oficios, alí estudou durante tres anos. Simultaneamente, traballou no taller do pintor e escultor Guillermo Steingbruggën, na actualidade profesor da Universidade de Belas Artes de Lübeck, Alemaña.En 1983 conseguiu a bolsa da Deputación de Pontevedra para proseguir o seu labor artístico, fixando a súa residencia en Vilagarcía de Arousa.

 As súas obras achéganse ao pop warholiano, do que toma a táctica do apropicionismo icónico, que consiste en tomar imaxes do contorno popular e reproducilas como obras de arte elitistas. A esta técnica Maño engade "o principio collage, a redundancia nas mesmas iconas, a utilización de estruturas, de acumulación, os cambios de escala, a superposición de imaxes de distinta natureza e a división do espazo pictórico en carteis de cor" 1, todo isto, envolto nunha grande ironía.



1. MADERUELO, J.: "Estrategias en la pintura", en El País, Babelia, 8 de novembro de 2003.

BARROS, M: "Carlos Maño ocupa o concello vigués", en La Voz de Galicia, 1985.

BRAGADO, M.: "Imaxe líquida", en Faro de Vigo, 25 de marzo de 2001.

CASTRO, A.: "Cara o futuro", en Outros Artistas Galegos, Concello de Vigo, Vigo, 1984.

CASTRO, A.: Expresión Atlántica: Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, A.: Mencer de Figuras, Concello de Vigo, Vigo.

CRESPO, C.: "Fexdart", en Faro de Vigo, xullo 1997.

CRESPO, C.: Ahuyentando fantasmas , Castillo de Soutomayor, 2002.

FRANCO, R.: "Carlos Maño: La pintura que abre la puerta secreta de los sueños ", en Faro de Vigo, 20 de febreiro de 1995.

GARCÍA, J.: Carlos Maño, unha nova proposta: as linguaxes da reflexión, 2002.

GIRONÉS, J.: "Carlos Maño:ironía y magia de la pintura ", Madrid.

GONZÁLEZ ALEGRE, A.: Nuevos valores -Memoria dunha década (catálogo), Pontevedra, 1992.

GUINARTE, M.: "Madrid en Technicolor", en Faro de Vigo, 31 de outubro de 2003.

GUINARTE, M.: "El bello y violento pecho de Andy", en Suplemento de Cultura de Faro de Vigo, 31 outubro de 2003.

LAMAS, A.: "Carlos Maño-Entrevista", en La Voz de Galicia, xullo, 2002.

MADERUELO, J.: "Estrategias en la pintura", en El País, Babelia, 8 de novembro de 2003.

MARTÍNEZ, A.: "Carlos Maño: Meditación y soledad ", en La Voz de Galicia, 10 de febreiro de 1995.

MÉNDEZ, M.: "Carlos Maño", en La Voz de Galicia, 15 de marzo de 1996.

MÉNDEZ, M.: "La estética pop superada ", en La Voz de Galicia, 26 de xullo de 2002.

PASO, B.: "Desde Arousa con Glamour", en La Voz de Galicia, 25 de outubro de 2003.

PASO, B.: "Maño apuesta por el mestizaje ", en Diario de Arousa, 22 de outubro de 2003.

PASTOR, A.: La puerta de los sueños , Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, 1986.

PASTOR, A.: El sueño salvado, Galería Alameda, Vigo, 1990.

SARMIENTO, R.: "Partituras emocionales ", en La Voz de Galicia.

Ver menos