Maside, Carlos

  (Pontecesures, Pontevedra  1897 -  1958)

Naceu en Cesures no seo dunha familia humilde que se dedicaba a vender tecidos e encaixes de Camariñas. O seu pai era un personaxe popular debido ás iniciativas culturais que impulsaba co entusiasmo. O ambiente artístico que se respiraba na casa, seguramente influiu no novo Maside que, dende moi neno, asistiu ás clases de Bernardo Cordelo. Vendo que tiña gran habilidade, os seus pais matriculáronno na Escuela de Gende y Trasmonte de Padrón, onde coincidiu con Manuel Antonio, un dos seus grandes amigos.

Cando tiña quince anos, morreu o seu pai, polo que a familia se trasladou a vivir a Santiago de Compostela. Debido á precariedade que padecían, o novo Maside entrou a traballou de mozo nunha casa comercial de Vilagarcía de Arousa. Alí escoitou a conferencia de Castelao "Algo acerca de la caricatura ", que o influiu notablemente, despertando nel a conciencia sindical.

Viaxou a Madrid para cumprir o servizo militar. Esta circunstancia aproveitouna para visitar Museos e introducirse no mundillo cultural e  literario. Volveu a Galicia en 1918 e empezou a colaborar na revista Vida Gallega . Este foi o principio dunha longa traxectoria como colaborador en multitude de periódicos, predominantemente de esquerdas, como El Pueblo Gallego ou Nueva España .

Dende 1920 viviu de forma bohemia, a cabalo entre Santiago de Compostela e Vigo. En 1923 iniciou a súa colaboración co periódico Faro de Vigo onde realizaba viñetas críticas coa ditadura de Primo de Rivera. Reuníase con Dieste e Manuel Antonio en Santiago, cos que compartía revistas literarias e artísticas nun ambiente distendido. A eles uníronselles Constantino Candeira, Xesús Bal, Valentín Paz Andrade, Lucho Bouza e Felipe Fernández Armesto.Trasladouse a Vigo en 1925 para traballar en El Pueblo Gallego, xunto con Dieste e Manuel Antonio, que era correspondente en Rianxo. Tamén se relacionou con Castelao, e outros membros da "Xeración Nós".

Viaxou a París en setembro de 1926 para estudar pintura e gravado grazas a unha bolsa que lle otorgou a Deputación de Pontevedra. En 1928 concedéronlla de novo, pero esta vez para estudar sen saír de España, polo que regresou a Madrid durante catro anos. Alí acudía con frecuencia aos faladoiros do café de La Granja del Henar con Souto, Laxeiro e Dieste. En 1930 formou parte da redacción da revista Nueva España, fundada por Ortega y Gasset. Este mesmo ano realizou a súa primeira exposición individual na Asociación Gallega de Amigos del Arte. Ante a falta de éxito decidiu destruír todos os cadros.

Foi acusado de simpatizar co Manifiesto Republicano, polo que o 15 de decembro de 1930 ingresou na Cárcel Modelo de Madrid. Non chegou a ser encausado e saíu en liberdade a primeiros de 1931.Volveu a Santiago de Compostela e retomou as súas colaboracións en prensa. Asistía asiduamente ao Café Español onde se reunía con xentes como Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro ou Eiroa. Xunto a outros intelectuais fundou Resol.

Ingresou como profesor na Escola Elemental de Traballo de Santiago de Compostela en 1933. Ese mesmo ano, conseguiu a praza de profesor de debuxo, impartindo clases primeiro no colexio subvencionado da Estrada e despois no Instituto de Noia. O seu labor docente  viuse interrrompido en 1937 debido a que foi cesado como profesor e inhabilitado para exercer a docencia en calquera centro de ensino e participar en actividades culturais. En 1935 pasou por unha crise persoal debido aos acontecementos que ocorren en Europa, a súa mala saúde, as enfermidades de familiares cercanos e a ruptura do seu noivado con Maruxa Vázquez, coa que levaba cinco anos de relación. O seu pesimismo pode apreciarse nas súas viñetas e na correspondencia particular que mantén nesta época.

O seu labor de periodista acabou en 1936, ano no que recibiu a primeira penalización. A pesar da súa delicada situación durante a Guerra Civil non pensou en exiliarse e regresou a Santiago, onde viviu durante algúns anos na súa casa-estudo da Rúa do Vilar. En 1943 alugou un pequeno estudo en Vigo, onde pasaba temporadas nas que conversa con Plácido Castro, Laxeiro, Mario González e Antonio Sevillano. En 1950 foi nomeado director artístico da editorial Galaxia.

 Durante o verán de 1952 pasou unha longa temporada en Combarro. A paisaxe e as súas xentes asombráronno tanto que non dubidou en coller os seus aparellos e reflectilos nos seus lenzos.En xullo de 1957 a enfermidade que padecía dende anos antes agravouse e tivo que ser intervido cirurxicamente. Morreu ao ano seguinte en Santiago de Compostela.

ABEIJÓN, G. "Museo Carlos Maside", en Revista Chan, núm. 32, 1970.

Arte gallego en Caixa Galicia: en el aula de cultura de Santiago de Compostela (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Artistas Galegos: pintores (vangardas históricas). Carlos Maside, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BEIRAS, X.M.: A nación incesante, Sotelo Blanco, Barcelona, 1989.

BOZAL, V.: El realismo entre el desarrollo y el subdesarrollo, Ciencia Nueva, Madrid, 1966.

BOZAL, V.: El realismo plástico en España de 1900 a 1936, Península, Madrid, 1966.

BOZAL, V.: Historia del Arte en España , Istmo, Madrid, 1972.

BOZAL, V.: Arte del siglo XX en España, Espasa-Calpe, 1995.

CAÑO, X.M. del: Conversas con Manuel María, Xerais, Vigo, 1990.

Carlos Maside, un pintor para unha terra, (catálogo), Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1979.

Carlos Maside, 30 anos despois, (catálogo), Edicións do Castro, Sada, 1988.

Carlos Maside, (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

CASTRO, X.A.: Renovación e vangarda en Galicia (1925-1933), Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1986.

CHAVARRI, R.: La pintura española actual , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

COUSELO BOUZAS, J.: La Pintura Gallega , Moret, A Coruña, 1950.

CUNQUEIRO, A. ; GARCÍA SUAREZ, R.: Maside, Galaxia, Vigo, 1954.

DIESTE, R.: Colmeiro, Souto, Maside y otros ejemplos de la nueva pintura gallega, Edicións do Castro, Sada, 1970.

DIESTE, R.: A estética pictórica de Carlos Maside, Edicións do Castro, Sada, 1975.

DIESTE, R.: Encontros e Vieiros, Edicións do Castro, Sada, 1990.

FARALDO, R.: Espectáculo de la pintura española, Cigüeña, Madrid, 1953.

FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F.: O Río do Tempo, Edicións do Castro, Sada, 1990.

FRANCO GRANDE, J.L.: Os Anos Escuros, Xerais, Vigo, 1985.

FRANCO GRANDE, J.L.: "Carlos Maside, el artista ", en El Pueblo Gallego, 21 de decembro de 1966.

FRANQUEIRA, L.: "Renovarse para no morir", en Galicia.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA BODAÑO, S.: "Memoria de Carlos Maside", en El Ideal Gallego, 16 de xuño de 1972.

GARCÍA SABELL, D.: Poesias, Manuel-Antonio, Galaxia, 1972.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española en el siglo XX, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Maside, Edicións do Castro, Sada, 1983.

Historia e arte na casa grande do pozo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.

Historia Universal del Arte, Tomo IX, Planeta, 1990.

"Inauguración do Museo Carlos Maside", en Encontos e vieiros, Edicións do Castro, Sada, 1990.

LAXEIRO: "Homenaje a Carlos Maside", en Laxeiro. 1934/1985. VIII Bienal Nacional de Arte Diputación Provincial de Pontevedra (catálogo), Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1985.

LEDO, X.: "Notas en col dos pintores galegos", en Grial II, 1951.

LEDO, X.: "Arte Gallego ", en Insula, núm. 152-153, 1959.

LÓPEZ NOGUEIRA, J.M.: "Carlos Maside y la razón expresiva ", en La Voz de Galicia, 19 de novembro de 1972.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: Homenaje a los pintores compostelanos , Imprenta Provincial, A Coruña, 1981.

Luis Seoane textos inéditos: correspondencia de Maside con Luis Seoane, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1991.

MALLO, A.: "Dos renovadores ", en O Correo Galego, 10 de febreiro de 2001.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

Maside 30 anos despois, Gráficas do Castro, 1988.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: La pintura actual en Galicia , Artes Gráficas Faro de Vigo, Vigo, 1967.

MON, F.: Aspectos sociales del arte en Galicia , Grafinsa, A Coruña, 1971.

MON, F.: Maside, Dirección General de Bellas Artes, Valencia, 1972.

"Os novos exponen en Caixa Galicia la ruptura con la plástica europea", en El Ideal Gallego, 10 de febreiro de 2001.

NÚÑEZ, M.: Luís Seoane, textos inéditos, Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1991.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PENAS, A.: "Los renovadores de la plástica gallega, en la  Fundación Caixa Galicia", en El Ideal Gallego,18 de marzo de 2001.

Pintores Composteláns. Historia e renovación entre os séculos XIX e XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.

PIÑEIRO ARES, J.: Historia de Pontecesures, Gráficas Galicia, Vigo, 1972.

PIÑEIRO, R.: 50 dibuxos de Carlos Maside, Galaxia, 1959.

REI NUÑEZ, L.: A travesía do século, Edicións do Castro, Sada, 1986.

RODRÍGUEZ LOSADA, M.E.: Carlos Maside, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1984.

RODRÍGUEZ LOSADA, M.E.: Carlos Maside, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1993.

RODRÍGUEZ LOSADA, M.E.: A época da II República vista por Carlos Maside, Consellería de Educación, Política Ligüística. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

SEOANE, L.: Maside, grabador, Centro Lucense de Buenos Aires, Bos Aires, 1958.

SEOANE, L.: "Maside y su obra satírica ", en Revista Galicia Emigrante, núm. 34, 1958.

SEOANE, L.: Carlos Maside, Imprenta Moret, A Coruña, 1971.

SEOANE, L.: Maside apuntes a lápiz y a la acuarela, A Coruña, 1973.

SEOANE, L.: Comunicacións mesturadas, Galaxia, 1973.

SEOANE, L.: Textos en col da Arte Galega, Brais Pinto, Madrid, 1979.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea ", en Historia del Arte Gallego, Alhambra, Barcelona, 1982.

SOBRINO, M.L.: "Maside, Carlos", en Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XX, Silveiro Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000.

Ver menos 

Obras do artista