Rial, Carlos

  (Lage, Alemania  1969 - )

Formouse na Escola de Canteiros de Poio, Pontevedra entre os años 1985 e 1990. Entre  1987 e 1995, traballou nos obradoiros de Francisco Leiro, Manolo Paz e Silverio Rivas.

O seu traballo caracterizase polo hábil e atrevido emprego de materiais como a madeira, o chumbo, a cera, a parafina, o cinc e o aceiro, xunto a diversos elementos como as cordas, as canas ou boias, e a destreza das técnicas empregadas, configuran unhas pezas escultóricas de narrativa directa, con mensaxes orixinais de resultados moi limpos e coidados.

A iconografía da súa obra céntrase na propia vida, no ser humano e as súas vivencias. Rial fala de inestabilidade, de incapacidade de evolución na vida, dun camiñar, nunca en liña recta senón abaneante, en trazos concéntricos, realizando unha necesaria reflexión interior. Fala de naufraxios e de recordos da nenez. Instalou unha peza escultórica, na Praza da Hispanidade de Vigo, formada por dúas casas e dúas prolongacións horizontais que se extenden polo chan, reflexionando sobre a idea de vivenda familiar nun contorno urbano, na mesma idea de inestabilidade que resume na súa produción.

En 1992, comezou a súa carreira expositiva, no Concello de Vilagarcía, Pontevedra, participando na colectiva "Círculos". En 1995, fíxoo de forma individual con "Embalajes", Galería Sargadelos, Santiago de Compostela, e no 2004 impartiu un obradoiro no CGAC.  En 1994 obtivo o 2º premio de Escultura, no V Simposio Internacional de escultura ao aire libre e o do Concello de O Grove, Pontevedra. En 1995 ganou o Premio de Escultura. Nuevos Valores  da Deputación de Pontevedra, en 1997 a Bolsa de Escultura Unión Fenosa da V Mostra Unión Fenosa da Coruña.
  
As súas obras forman parte de distintas institucións do ámbito galego como a Colección da Deputación de Pontevedra, Concello de O Grove (Pontevedra), Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside en Sada (A Coruña), Museo Obradoiro A Solaina de Piloño (Pontevedra), Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, Concello de Lalín (Pontevedra), Colección de arte Afundación, Concello de Vigo, do CGAC en Santiago de Compostela, entre outras.

Ver menos 

Obras do artista