Otero, César

  (Ferrol  1952 - A Coruña  2004)

 O pintor ferolán César Otero (1952-2004) foi membro de "La Galga", Gruporzán e Atlántica. Ingresou en 1968 na Academia de Belas Artes. A súa formación incluíu diversos cursos de debuxo e litografía en Madrid e Santiago de Compostela. Nos anos 70 xa obtivera algúns premios e a principios dos oitenta era coñecido como un dos artistas da nova plástica galega que participaban na Atlántica.

 A súa produción ten como protagonista ao debuxo aínda que nunca chegou a abandonar a pintura, a escultura ou o gravado, concibindo a súa obra como expresión persoal da cultura á que pertence, e enfocada tanto á liberdade do artista como á expresión dunha identidade persoal dentro dun colectivo. 

Desdeño industrial (catálogo), UIMP, A Coruña

La Galga - Colectivo de Comunicación Obxectual, Museo Carlos Maside, Sada (A Coruña), 1981.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I.Tomo XVI, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993. 

Vaya valla (catálogo), UIMP, A Coruña, 1987.

Ver menos 

Obras do artista