Iglesias, Cristina

  (San Sebastián  1957 - )
  Alias: Cristina Iglesias

Esta xenial artista naceu e viviu durante longos anos en San Sebastián, onde comezou a dar mostras da súa gran forza creativa e o seu interese pola arte. Na súa formación artística foi determinante o seu paso polo Chelsea School of Art de Londres, un lugar que marcaría as súas futuras influencias e motivacións artísticas. Tras varios anos de estadía na cidade británica, Cristina Iglesias regresou a España cun marcado carácter europeísta que lle permitiu acadar en poucos anos un merecido recoñecemento internacional.

 Dende as súas primeiras obras percíbese a súa atracción polo contraste de diferentes texturas e materiais en pezas que se interrelacionan co espazo circundante. As súas esculturas, de marcada vocación arquitectónica, son unha combinación da tradición ibérica, a vangarda histórica e a arte conceptual dos anos setenta. Traballa habitualmente co ferro, o cinc, cemento -en ocasións coloreado-, o vidro, que a atrae pola riqueza dos seus reflexos e, ultimamente, fotografías de paisaxes ou imaxes serigrafiadas sobre metal. A escolla destes materiais é fiel reflexo do seu interese por explorar os valores táctiles, texturas e plasticidade, que fusiona nun rigoroso e suxestiva orde pictórica.

Actualmente é unha das escultoras máis destacadas do panorama español e europeo.

Máis información:http://cristinaiglesias.com/

Ver menos 

Obras do artista