Arnaiz, Doroteo

  (Madrid  1936 - )

Gravador e pintor. Formouse na Escuela Nacional de Artes Gráficas de Madrid e na Escuela Superior de Belas Artes de París, onde residiu durante vinte anos, antes da súa chegada á Coruña. Ao longo da súa carreira destaca o seu labor docente: como profesor de gravado en España e na Universidade París Norte durante o ano 1971, e como profesor invitado da Academia de Belas Artes de Liége en 1978.

Presidiu o Salón Schemes, a Bienal Internacional de Estampa de París, foi o comisario de exposicións como "Grabadores de París" (Biblioteca Nacional de Madrid en 1969) ou os II Encontros Europeos no Camiño de Santiago (Santiago de Compostela 1985). Así mesmo, foi director-rexente da Calcografía Nacional de Madrid entre 1980- 1985 e cabe destacar o seu labor como fundador do Centro de Gravado Contemporáneo da Coruña, dende o que promove varias exposicións e lanza convocatorias internacionais como a "Iberoamericana del Grabado".

Ostenta diversos premios tales como a Medalla de Ouro no XVII Salón de Gravado e o Premio de Escultura Múltiple da Galería Serie.

 Arnaiz realizou ilustracións e gravados para libros españois e franceses. Na súa pintura e no seu gravado apréciase unha unidade de estilo e temática. A súa obra parte dun expresionismo próximo á abstracción que es substituído por unha estética próxima ao pop, caracterizada polo uso dunha figuración de volumes xeométricos e claramente definidos.

De forma individual expón nos máis prestixiosos espazos do territorio nacional e internacional; de forma colectiva participa na "XII Bienal de Artistas Grabadores" de Madrid (1963), na "Bienal de Sao Paulo" (1965), na "V Bienal de París" (1967) e en "El joven grabado contemporáneo", Museo Galliera (París, 1968), etc.

 As súas obras forman parte de coleccións particulares e institucionais: Biblioteca Nacional, Madrid; Biblioteca Nacional, París; MNCARS, Madrid; Museo de Arte Moderno, París; Museum of Modern Art, Nova York; Centro Nacional de Arte Contemporáneo de Francia; Calcografía Nacional, Madrid e ABANCA Colección de arte, A Coruña.

BRIOT, M. O.: Doroteo Arnaiz, (catálogo), Villeparisis, 1970.

CALONI, P.: Doroteo Arnaiz, (catálogo), Liége, 1969.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

CURZI, L.: Dibujos de Arnaiz, (catálogo), Madrid, 1973.

GALLEGO, J.: Doroteo Arnaiz, (catálogo), Biblioteca Nacional, Madrid.

GALLEGO, J; MODESTI, R. y CURZI, L.:  Doroteo Arnaiz, (catálogo), Palacio Sástago, Zaragoza, 1987.

GARCÍA-LENDA, M.: Doroteo Arnaiz, (catálogo),  Galería Edaf, Madrid, 1970.  

MORENO GALVAN, J.M.: Doroteo Arnaiz, (catálogo),  Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1972.

MOULIN, J. R.: Arnaiz, (catálogo), Galería 9, París, 1966.

SANCHEZ-CAMARGO: Arnaiz, (catálogo), Dirección General de Bellas Artes, Madrid, 1965.

Ver menos 

Obras do artista