Chillida, Eduardo

  (San Sebastián  1924 - San Sebastián  2002)
  Alias: Chillida
  Web artista: http://www.museochillidaleku.com/span-class-submenu-div-Eduardo-Chillida.5.0.html

Escultor e grabador Eduardo Chillida Juantegui naceu o 10 de xaneiro en San Sebastián. Tras abandonarlos estudos de arquitectura para dedicarse profesionalmente ao futbol -foi gardameta da Real Sociedade- , viuse obrigado a abandonar esta actividade a causa dunha lesión de xeonllo.

Comezou a debuxar no Círculo de Bellas Artes de Madrid e realizou as súas primeiras esculturas no taller de José Martínez Repullés, amigo da familia. En 1948 trasladouse a París onde coincidiu con Palazuelo, persoa fundamental na súa etapa de formación, co que entablou unha gran amizade. Nesta época comezou a tallar torsos en bloque de xeso influído polas esculturas da arte grega arcaica que descubrira no Louvre.

En 1950 casou con Pilar Belzunce coa que tería oito fillos, dos cales, varios seguiron os seus pasos. Nesa mesma data fai a súa primerira exposición en París.

Nestes anos comeza a traballar o ferro, un elemento fundamental da súa escultura co que, en 1954 realizou as portas da Basílica de Aránzazu. Unha das características da obra de Chillida é a importancia que dá ás raíces e á tradición vasca, que se filtra de maneira especial nos materiaies cos que acostuma traballar: a madeira e o ferro. Neste mesmo ano realizou a súa primeira exposición individual na Galería Clan de Madrid, a raíz da que se sucederán éxitos e exposicións por todo o mundo, así como a concesión de numerosos premios. En 1955 realizou Hierros de Temblor I onde corta por primeira vez a lámina de ferro que será un elemento clave da obra dos anos sesenta. As súas primeiras esculturas en madeira xorden en 1959 entre as que destaca, Abesti Gogora Nestes anos comeza a traballar o aceiro, Rumor de Límites IV, e crea os seus primeiros augafortes.

Consolidado xa como un escultor de renome e nunha época na que os principais museos e galerías do mundo reclamaban a presenza da súa obra, comezou a traballar o alabastro e crea as series Elogio de la Luz en 1965. E é que efectivamente a mediados dos sesenta Chillida descubriu a luz como elemento que crea a escultura, a transforma e suxire novos espazos ao espectador, que debe concentrarse en explorar a obra para coñecerla na súa plenitude.

En 1969 instalouse diante do edificio das Nacións Unidas en París o Peine del viento IV. Dous anos máis tarde, xunto ao enxeñeiro José A. Fernández Ordóñez, comezou a investigar as posibilidades do formigón para aplicalo á súa obra. Froito destes estudos xorde El peine de los Vientos, que en 1977 se instalou na punta da baía de San Sebastián. A intervención en espazos públicos permitiulle engadir un novo concepto á súa obra: o site,  a importancia do lugar no que se colocan as súas pezas, que interactúan co espazo modificándoo e cargándoo de significado. 

Pouco despois, e tras unha longa polémica, logrou que a súa escultura Lugar de Encuentros III se situase no Paseo de la Castellana de Madrid. Por estes anos traballará ademais con terracota, realizando unhas obras neste material ás que chamará Lurras.

Tanto nas súas obras de menores dimensións como nas enormes esculturas públicas, o baleiro é un elemento indispensable sen o cal Chillida non concibía o seu traballo. Na súa obra a escultura deixa de ser masa para ser espazo, un espazo que debe ser percorrido e aprehendido polo espectador, que pode chegar a introducirse na obra, como se dunha arquitectura abstracta se tratase. O oco permítelle, ademais, xogar con outro compoñente fundamental na súa produción tanto escultórica como sobre o papel: o límite. Ou, mellor dito, a falta de límite, que suxire unha espacialidade infinita e dá cabida á imaxinación, que ten a capacidade de rematar a obra ao seu antollo.

Chillida é un artista da liberdade. Dá liberdade ás súas pezas -que poden ser ilimitadas- pero tamén ao espectador, que concibe a obra a partir da súa percepción da mesma. É por isto mesmo, que a liña adquire unha gran relevancia como presenza- realidade, en contraposición á ausencia-espazo. Este xogo de dualidades é tamén moi do gusto da artista que a cotío contrapón conceptos como pesado-livián, baleiro-cheo, branco-negro e positivo-negativo.

Durante o ano 1980 dedicáronlle dúas importantes exposicións unha no Palacio de Cristal del Retiro, onde se reuniron 57 das súas esculturas, e outra no Guggenheim de Nova York onde se expuxeron 68 pezas. Un ano máis tarde foi condecorado coa medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes e en 1983 foi nomeado académico da Royal Academy of Arts de Londres. No ano 1984 Francia concedeulle o Prix National des Beaux Arts pour la Sculpture e en Estrasburgo recibe o Premio Europa. En 1987 foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias de las Artes. En 1991 o Premio Imperial da Asociación de Críticos de Xapón e entre 1993-94 é nomeado Membro da American Academy of Arts and Science en Cambridge, Massachussets e da Academy of Arts and Letters de Nova York. Aínda que a súa obra é recoñecida e apreciada a nivel mundial, Alemaña é un país que sente unha especial predilección polo artista vasco, que utilizou nalgunhas das súas creacións fragmentos do muro de Berlín. Nesta cidade encóntrase situada a súa escultura Berlín, símbolo da reunificación xermana.

En 1998, o  Museo Reina Sofía rendiulle homenaxe coa retrospectiva "Chillida 1948-1998" na que se mostraron 170 obras do artista. Un ano máis tarde o museo Guggenheim de Bilbao uniu a estas pezas outras dez de máis de once toneladas de peso e cen debuxos.

Entre o 2000-2002, últimos años da súa vida, recibiu unha emotiva homenaxe da cidade de Bilbao, e inaugurouse en Hernani o seu museo ao aire libre, o Chillida-Leku. Foi nomeado membro da Academia de Bellas Artes de París e Medalla de las Artes polo conxunto da súa obra, mención outorgada pola Academia de Arquitectura de París.

Faleceu o 19 de agosto de 2002 e dende entón ata a actualidade, seguiuse realizando exposicións nas que se pode apreciar a súa basta produción e gozar con ela da xenialidade deste artista.

A súa obra encóntrase en espazos artísticos de gran prestixio: MNCARS (Madrid), Fundación Maeght (Sain Paul de Vence), National Galerie (Berlín), Tate Gallery (Londres), Galería Nazionale d´arte Moderno (Roma), Hirshhorn Museum (Washington), Kunstmuseum (Basilea), Art Institut (Chicago), Guggenheim Museum (Nova York), o Museo Chillida-Leky (Hernani), etcétera.

Arte en España 1918-1994 en la Colección Arte Contemporáneo, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

ÁLVAREZ MARTÍNEZ, M.ª S.: “La fascinación por la obra de arte”, Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral y Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2010.

BAZAL, J.: Arquitecturas-el Peine del Viento. Edurdo Chillida-Luis Peña Ganchegui, Ediciones Q, Pamplona, 1986.

CELAYA, G.: Los Espacios de Chillida, Ediciones Polígrafa, Barcelona, 1974.

CLAY, J.: Chillida l'oeuvre graphique (catálogo), Maeght Editeur, París, 1978.

CORREDOR MATEOS, J.: Eduardo Chillida-Escultura y Dibujo, Caja de Ahorros de Asturias, Oviedo, 1991.

DE BARAÑAÑO, K.: La obra artística de Eduardo Chillida, Caja de Ahorros Vizcaína, Bilbao, 1987.

DE BARAÑANO, K.: Chillida-Heidegger-Husserl, Universidad del País Vasco, Leioa, 1990.

DE BARAÑANO, K.; FERNANDEZ, L.; ORDOÑEZ: Montaña Tindaya-Eduardo Chillida, Gobierno de Canarias, Madrid, 1997. 

DE BARAÑANO, K.: Chillida doctor honoris causa, Escuela Técnica Superior de Indenieros Industriales y de Ingenieros de Telecomunicación, Bilbao, 1998.

EDUARDO CHILLIDA: MEMORIA GRÁFICA, Selección y prólogo: Kosme de Barañano, Chillida Leku, San Sebastián, 1998.

ESTEBAN, C.: Chillida, Maeght Editeur, París, 1971.

FULLAONDO, J.D.: Chillida, Editorial Alfaguara, Madrid, 1968.

FULLAONDO, J.D.: Oteiza y Chillida, Editorial Enciclopedia Vasca, Bilbao, 1976.

FULLAONDO, J.D.: Chillida: el Laoconte vasco, Editorial Cain, Madrid, 1996.

HUICI, F.: Chillida-Elogio del Horizonte, Caja de Ahorros de Asturias, Xixón, 1991.

PAZ, O.: Chillida, Maeght Editeur, París, 1979.

SELZ, P.: Chillida: two public spaces in the Basque Country, Basque Government, Vitoria Gaztiz, 1985.

SELZ, P.; SWEENEY, J. J.: Chillida, Harry Abrams Inc, Nova York, 1986.

UGARTE, L.: Chillida-Dudas y Preguntas, Editorial Erein, San Sebastián, 1995.

VAN DER KOELEN, M.: Eduardo Chillida catálogo completo de la obra gráfica 1986-1996 y 1973-1985, Chorus Verlag für Kunst und Wissenschaft Mainz, Munich, 1996, 1997.

VVAA: Chillida: 1977/1985 obra gráfica completa-1956/1986 diseño gráfico y Chillida III: Chillida y su trabajo, Museo de Bellas Artes de Bilbao, 1986.

VVAA: Eduardo Chillida-Ein Haus für Goethe, Förderverein Schöneres Frankfurt e. V, Frankfurt, 1987.

VVAA: Chillida: De Música, San Diego-Washington, 1990.

VVAA: Symposium Chillida, Cursos de Verano, Universidad del País Vasco, San Sebastián, 1990.

VVAA: Agatha Ruiz de la Prada-Homenaje a Chillida, Museo Nacional Reina Sofía y Ediciones Siruela, Madrid 1996.

VV.AA.: Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral y Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2010, p. 78.

VELEZ DE MENDIZABAL, J.M.: Gure Aitaren Etxea-Chillida, Servicio Central de Publicaciones  del Gobierno Vasco, 1988.

VOLBOUDT, P.: Chillida, Aimé Maeght Editeur, París, 1967.

Ver menos