Vicente, Esteban

  (Turégano, Segovia  1903 - Bridgehampton, Lond Island, Nueva York  2001)
  Alias: Esteban Vicente

Nace en 1903 en Turégano (Segovia), e en 1921 vai estudar á Escola de Belas Artes de San Fernando a Madrid co propósito de se formar como escultor, aínda que logo se dedicaría á pintura. Relaciónase durante esta etapa con García Lorca, Alberti, Buñuel ou Juan Ramón Jiménez.

A súa obra enmárcase dentro do que se denominou "pintores poetas", xa que constitúe un contrapunto plástico da poesía da Xeración do 27. Publica os seus primeiros debuxos en revistas coma Verso e Prosa Mediodía, moi vinculadas a esta xeración. En 1929 marcha a París, onde coincide con artistas da talla de Picasso, Dufy e Marx Ernst. Logo pasaría un ano en Barcelona onde realiza varias mostras, aquí a súa pintura tiña un ton de apunte, cun colorido pálido e melancólico.

En 1936, tras un pequeno período traballando para a República, vaise a Nova York, onde contacta co ambiente plástico da cidade. En 1940 nacionalízase americano e comeza unha etapa de crise creativa que desembocaría na aparición do Expresionismo Abstracto na súa pintura. Tería, por estes anos, moita amizade cos membros do grupo da Escola de Nova York: Rothko, De Kooning, Pollock, Kline e Newman, así coma cos críticos Harold Rosenberg e Thomas B. Hess.

Será seleccionado para formar parte das exposicións máis significativas do período: "New Talents 1950" e "9th Street ", o que fixo que se gañara un nome dentro da Primeira Xeración do Expresionismo Abstracto Norteamericano. Esteban Vicente desenvolvería un importante labor pedagóxico nas institucións de ensinanzas máis prestixiosas dos Estados Unidos. Destaca o seu traballo na lendaria Black Mountain School e tamén na New York Studio School of Drawing, Painting and Sculpture, da que foi membro fundador.

Recibe diversos premios polo seu labor artístico, e a súa obra atópase nos museos e coleccións máis importantes: Metropolitan Museum of Art, Museum of Modern Art, Whitney Museum of American Art, Guggenheim Museum, etc.

Máis información: http://www.museoestebanvicente.es/

Berry-Hills: Esteban Vicente, Nova York, 1989.

Bozal, Valeriano: Donación Esteban Vicente (catálogo), Fundación de Arte Contemporáneo Esteban Vicente, Segovia, 1998.

Calvo Serraller, Francisco: El expresionismo abstracto americano en las colecciones españolas (catálogo de exposición), Museo de arte Contemporáneo Esteban Vicente, Segovia, 2003.

Centro de Exposicións e Congresos de Ibercaja: Esteban Vicente, Zaragoza, 9 ao 31 de xaneiro de 1991.

Frank, Elizabeth: Esteban Vicente: Materias, 1903-2001Hudson Hill Press, Nova York, 1995.

Frank, Elizaberth: Esteban Vicente, cronology and appendices by Ellen Russotto, Museo de Arte Contemporánea Esteban Vicente, Segovia 2002.

González Orbegozo, Marta: Esteban Vicente: obras de 1950-1998. MNCARS/Auditorio de Galicia, catálogo de exposición, 1998.

Galería Teo: Estaben Vicente, exposición abril-maio 1988.

Seseña, Natacha: Esteban Vicente: 1903-2001, Ayuntamiento de Segovia, 1992.

IVAM: Esteban Vicente, collages, 1950-1994, Centre Julio González, Valencia, 1995.

Todolí, Vicente, Seseña, Natacha: Esteban Vicente: pinturas y collages 1925-1985, Fundación Banco Exterior, 1987.

Vicente, Estaban: Esteban Vicente: Blanco y Negro (catálogo de exposición), Galería Elvira González, Madrid, 2000.

Vicente, Esteban: El color es la luz, 1999-2000, Museo de Arte Contemporánea Esteban Vicente/ Xunta de Castela e León, Consellería de Educación e Cultura, 2001.

Esteban Vicente: obras 1950-1997, Casa del Cordón, Caixa de Burgos, 7 de novembro- 28 de decembro, 2003.

Ver menos 

Obras do artista