Bores, Francisco

  (Madrid  1898 - París  1972)
  Movimiento/Escuela: Escuela de París
  Web artista: http://franciscobores.com/obra.htm

Naceu o 6 de maio en Madrid, no seo dunha familia formada por homes de "carreiras honorables" que o induciron a estudar enxeñaría e dereito, carreiras ambas que abandonou ao pouco tempo, para dedicarse á pintura.

Estudou no taller de Cecilio Plá1. Durante tres anos dedicouse a copiar a Velázquez e Tiziano no Museo del Prado. Conecta co ambiente intelectual e artístico madrileño, como por exemplo a Revista de Occidente dirixida, por aquel entón, por José Ortega y Gasset. 

En 1923 entrou en contacto cos membros do movemento ultraísta madrileño: na Academia libre de Julio Moisés, coincidiu con Dalí e Benjamín Palencia, e participou asiduamente nos faladoiros dos Cafés Gijón e Pombo, ao tempo que iniciaba a súa amizade con artistas do movemento como Guillermo de la Torre, cabeza visible, Carlos Sáenz de Tejada, Francisco Santa Cruz, Wladyslaw Jahl e Marjan Paszlewicz. Ilustrou en revistas ultraístas como España, Tobogán e en Alfar,  labor que se completou como colaborador de edicións periódicas de Índice (dirixida por Juan Ramón Jiménez), Horizonte, El Sol, Cruz y Raya e Revista de Occidente, entre outros.

Uniu o seu esforzo á causa republicana e asinou xunto a Maruja Mallo, Vázquez Díaz, Pancho Cossío, Arturo Souto e Pérez Rubio, o manifesto de reaparición do grupo que encarnaba a Sociedade de Artistas Ibéricos. En 1925 participou cunha sala completa, na "Exposición de la Sociedad de Artistas Ibéricos" celebrada en Madrid e pouco despois viaxou a París seguindo os pasos do seu amigo Pancho Cossío. Instalouse en Montparnasse e coñeceu a Pablo Picasso e Juan Gris. Formou parte do grupo español da Escuela de París xunto ao anteriormente citado Pancho Cossío, Joaquín Peinado, Hernando Viñes, J. de Echevarría e José Togores.

Na súa obra procede a unha síntese das experiencias concibidas a principios de século e comenta: "os pintores de quen me sentía irmán estaban tocados polo Surrealismo: Miró, Lurcat, Beaudin e os meus compatriotas Viñes, Cossío, Peinado. Intentamos unha a modo de síntese (...) entre a herdanza plástica de Braque e de Cezanne e as esixencias do lirismo"2.

Asinou sucesivos contratos coas galerías Percier, Max Eisenberger e Simón de D.H. Kahnweiler. Picasso presentoulle a Tériade, crítico e editor, que se converteu no principal defensor da súa obra: "Bores beneficiouse, sen dúbida, máis do que el mesmo desexaba, deste silencio, dun silencio constante, testudo e cego que rodea en xeral a todos os nacidos con boa estrela. Tivo a sorte de non ser escoitado cando intentaba expresarse, de non ser visto cando intentaba deixarse ver, de non suscitar, cando se manifestaba, máis que unha noble indiferencia. Estas son as circunstancias que salvan a un pintor nato (...)"3.

No ano 1935 reuniuse coa súa muller por problemas económicos e viviu en Madrid, ata o estalido da Guerra Civil. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo en París e á chegada dos alemáns trasladouse xunto ao seu amigo Matisse a San Juan de Luz. En 1943, ante o empeoramento da situación en Francia, volveu xunto á sú familia a Madrid. Regresou a París. En 1966, sendo Ministro de Cultura francés André Malraux, foi nomeado Officer de L'Orde des Arts et des Lettres.

Dedicouse tamén á realización de vidreiras (Capela do Seminario de Montbrison) e o estampado de gravados. Ilustrou libros como La rosa de los vientos de José María Hinojosa, El Decamerón negro de León Frobenius (colección Revista de Occidente) e Llanto por la muerte de Ignacio Mejías de Federico García Lorca.

Bores pertence ao grupo de pintores que xunto a Juan Gris, Julio González ou Picasso non foron recoñecidos na súa terra natal. No ano 1971 que celebra o súa primeira exposición individual. Os seus herdeiros legaron a Patrimonio un conxunto de pinturas, gouches, debuxos e documentos, depositados no MNCARS de Madrid. 

Dende 1922 a súa obra percorre as máis prestixiosas salas do mundo tanto de forma individual como colectiva ademais de formar parte de coleccións institucionais da categoría de: Fonds national d'Art contemporain, París; Musée d'Art moderne de la Ville de Paris - MAM; Musée national d'Art moderne - Centre Georges Pompidou, París; Musée des Beaux-Arts de Bordeaux - Francia; Musée de Grenoble - Francia; Palais des Beaux-Arts de Lille - Francia; Musée municipal de Limoges - Francia; Musée des Beaux-Arts de Nantes - Francia; Musée Paul Valéry, Sète - Francia; Musée d'Art moderne de Troyes - Francia - Donación Pierre y Denise Lévy; Musée d'Art moderne de Lille Métropole, Villeneuve d'Ascq - Francia - Donación Geneviève y Jean Masurel; Musée Zervos, Vezelay - Francia; Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid - Donación Bores (21 óleos, 150 dibujos, 10 gouaches e 35 bosquexos para vidreiras); Museo Municipal de Arte contemporáneo, Madrid; Institut Valenciá d'Art Modern, Generalitat Valenciana; Museo de Bellas Artes, Bilbao; Galleria Civica d' Arte Moderna e Contemporanea Museo Cívico di Torino- Italia; National Gallery Aleyandros Soutzos Museum, Atenas -Grecia; Musée national d'Histoire et d'Art, Luxemburgo; Kunsthaus Zürich - Suíza; Goteborgs konstmuseum, Gotemburgo - Suecia; Moderna Museet, Estocolmo - Suecia; Národní Galerie, Praga - República Checa; Moravian Gallery, Brno - República Checa; Scottish National Gallery of Modern Art, Edimburgo - Escocia; The Museum of Modern Art, MoMA, Nueva York; Wadsworth Atheneum, Hartford, Connecticut - EE.UU.; Baltimore Museum of Art, EE.UU.; The Israel Museum, Jerusalén - Israel; Museo Nacional de Bellas Artes, Buenos - Aires - Argentina; Fundación Arte y Tecnología, Telefónica, Madrid; Fundación Santander Central Hispano, Madrid; Colección de Arte Caja Madrid, Madrid; C.A.C. Museo Patio Herreriano, Valladolid; Artium de Álava, Vitoria-Gasteiz; Château - Musée de Dieppe - Francia; Musée Tavet-Dabacour e a Pontoise Colección Association Les Amis de Jeanne et Otto Freundlich.


1  Bores di do seu mestre: "un academicismo tocado polo Impresionismo, é dicir, bastante tolerante". Comparte o período educativo con compañeiros como Pancho Cossío, Manuel Ángeles Ortiz e Joaquín Peinado. BORES, F.: Francisco Bores. 1898-1972. Exposición Antológica (catálogo), Patronato Nacional de Museos, Madrid, 1976.

2 BORES, F.: En Francisco Bores. 1988-1972. Exposición Antológica (catálogo), Patronato Nacional de Museos, Madrid, 1976.

Op. cit.

ANDERSEN, M.: Moderne Franks Malerkunst, Atenaeum, Copenhague, 1948.

AREÁN, C.: "Francisco Bores y su reveladora exposición antológica", en Bellas Artes 76, núm. 54 (novembro-decembro), 1976.

Arte en España 1918-1994 en la Colección Arte Contemporáneo, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BARAM, S., en Paletten, núm. 2, 1953.

BARNATÁN, M.: "Los últimos cuadros-la madurez de Bores", en El Mundo-Metrópolis, 29 de outubro de 1993.

BERGER, M., en Les Arts Plastiques, núm. 10, 1930.

BONET, J. M.: "Bores, en su luz entera", en El País, 28 de outubro de 1976.

BONET, J. M.: "El silencio de Francisco Bores", en La Voz de Asturias, 13 de outubro de 1991.

BORES, F.: "Entre la sensación y la idea", en Guadalimar, Madrid, 1989.

BOURET, J.: "La chronique de Jean Bouret - Sept jours avec la peinture -Dimanche", en Les Lettres françaises, 24 de maio de 1972.

CABANNE, P.: "L 'émotion lucide de Borès", en Arts, 30 de abril de 1974.

CALVO SERRALLER, F.: "La verdad visual de Francisco Bores", en El País, 23 de febreiro de 1980.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX: 1. Artistas, Mondadori, Madrid, 1991.

CALVO SERRALLER, F.: "Cita con el mejor Bores", en El País, 23 de abril de 1992.

CALVO SERRALLER, F.: "Una exposición conmemora el centenario del pintor Bores", en El País, 22 de abril de 1998.

CALVO SERRALLER, F.: "El ignorado centenario de Francisco Bores", en El País-Babelia, 17 de outubro de 1998.

CAMPOY, A. M.: "Bores, 1898 - 1972", en ABC de las Artes, 10 de setembro de 1972.

CAMPOY, A. M.: Diccionario Crítico del Arte Español Contemporáneo, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

CARMONA, E.: "El placer de la pintura", en Descubrir el Arte, núm. 8, outubro, 1999.

CASARIEGO, R.: Bores (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1982.

CASTRO ARINES, J. de: "París y Francisco Bores", en Informaciones, 12 de maio de 1972.

Colección de Arte Contemporáneo, Fundación para el Apoyo de la Cultura, Madrid, 1991.

COLLIND, R.; JARLOT, G.; SALGUE, Y.: Les Clés de l'Art Moderne, Ed. de la Table Ronde, París, 1955.

CHÁVARRI, R.: La pintura española actual, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

CHÁVARRI, R.: "Grandes maestros Francisco Bores", en Diart-revista de artes visuales, núm. 3, agosto, 1980.

CHÁVARRI, R.: "Notas de Arte", en Cuadernos Hispano-Americanos, núm. 2, 1974.

DANVILA, J. R.: "Francisco Bores. La fresca sensualidad de la pintura", en El Punto de las Artes, 13 de decembro de 1996.

DECHANET, J.: "Bores en Santander", en Antiquaria, núm. 20, xullo-agosto, 1985.

DIEGO, G.: 28 Pintores españoles vistos por un poeta, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

DOMÍNGEZ MILLÁN, E.: Bores. Óleos de 1926-1936 (catálogo), Caja de Ahorros Provincial, Cuenca, 1978.

DUDLEY, D.: Artículo en The American Magazine of Art, núm. 9, 1935.

ELGAR, F.; COURTHION, P.: Bores. Pointures de 1927 a 1971 (catálogo), Galería Villand-Galanis, París, 1975-1976.

ELGAR, F.: "Bores, en París - Bores (pinturas de 1927 a 1971)", en Guadalimar, num. 9, xaneiro, 1976.

"Francisco Bores", en Arte y Parte, núm. 22, 1999.

FERNÁNDEZ MOLINA, A.: "Interior de Francisco Bores", en ABC de las Artes, núm. 130, 29 de abril de 1994.

GÁLLEGO, J.: "Crónica de París", en la Revista Goya, núm. 1,  1953.

GÁLLEGO, J.: "Crónica de París", en la Revista Goya, 1959.

GÁLLEGO, J.: Francisco Bores. 1898-1972. Exposición Antológica (catálogo), Dirección General de Patrimonio Artístico y Cultural, Madrid, 1976.

GÁLLEGO, J.: "Monsieur Borès - Español de París", en Revista de Occidente, núm. 15, xaneiro, 1977.

GÁLLEGO, J.: "Francisco Bores, madrileño fino", en ABC Cultural, núm. 104, 29 de outubro de 1993.

GAYA NUÑO, J. A.: La pintura Española del siglo XX (2ª edición), Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

GINDERTAEL, R. V.: Bores (catálogo), Galería Villand-Galanis, París, 1966.

GONZÁLEZ VEGA de, J.: "Encuentro con la belleza", en Galería Antiquaria, núm. 95, maio, 1992.

GONZÁLEZ VEGA de, J.: "Francisco Bores Silenciosa libertad", en Galería Antiquaria, núm. 177, novembro, 1999.

GRENIER, J.: Essais sur la Peinture Contemporaine, Gallimard, París, 1959.

GRENIER, J.: Bores, Verve, París, 1961.

GRENIER, J.: Bores (catálogo), Galería Villand-Galanis, París, 1964.

GRENIER, J.: "Borès le grand plaisir pour moi, c'est de voir", en  Arts, núm. 68, 4 de xuño de 1982.

GUILLÉN, M.: Artistas españoles de la Escuela de París, Taurus, Madrid, 1960.

GUILLÉN, M.: Bores (catálogo), Galería Theo, Madrid, 1971.

GUINARD, P., en Revista Goya, núm. 6, 1958.

HUICI, F.: "Bores, una lección magistral expresada a media voz", en El País, 23 de outubro de 1982.

IGLESIAS, J. M.: "Bores, en tres tiempos", en Escri/Artes, núm. 10, novembro, 1999.

JARNES, B.: "Verso y prosa", en Boletín de la Nueva Literatura, núm. 12, 1928.

LASSAINGE, J.: Bores, peinteures (catálogo), Galería Louis Carré, París, 1957.

LASSAINGE, J.: "Borès ou l'équilibre", en Demeures et Châteaux, núm. 18, outubro, 1982.

LESBATS, R.: Cinq peintres d'aujourd'hui, Ed. du Chene, París, 1943.

LIBERMAN, A., en Vogue, núm. 2, 1957.

MULLER, J. E.: L'Art au XX siecle, Larouse, París, 1967.

MULLER, J. E.: Francisco Bores (catálogo), Musée d'Art et d'Histoire, Luxemburgo, 1976.

NACENTA, R.: L'Ecole de Paris, Seghers, París, 1960.

ÓRDOÑEZ, R.: Francisco Bores. Naturalezas Muertas, Museo Pablo Gargallo, Zaragoza, 1986.

PARINAUD, M. H.: "Borès:un équilibre qui se fait sous nos yeux", en Galerie - Jardin des Arts, núm. 137, maio,  1974.

PEDERSEN, B.: De Franske, Munksgaard, Copenhague, 1958.

PETIT, P., en La vie intellectuel, núm. 10, 1932.

PUENTE, J.; CASARIEGO, R.: Bores (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1982.

RAYNAL, M.: artículo en Minotaure, núm. 7, 1937.

RAYNAL, M.: Peintres du XX siecle, Skira, Xenebra, 1947.

RUBIO, J.: "Bores, un pintor entre la sensación y la idea", en Blanco y Negro, 23 de outubro de 1976.

RUBIO NOMBLOT, J.: "Francisco Borès : hacia la mínima expresión del espacio", en El Punto de las Artes, 27 de xaneiro de 1995.

SAMANIEGO, F.: "Francisco Bores ilustra el ambiente literario madrileño de los años veinte", en El País, 18 de setembro de 1999.

SOLANA, G.: Francisco Borès desde dentro", en El Mundo-El Cultural, outubro, 1999.

TERIADE, E.: "Francisco Bores", en Cahiers d'Art, núm. 3, 1927.

TERIADE, E.: "Documentaire sur la jeune peinture", en Cahiers d'Art, núm. 4, 1930.

TERIADE, E., en Cahiers d'Art, núm. 2, 1931.

TERIADE, E.: Bores (catálogo), Galería Albert Loeb, Nova York, 1960.

TORRE, G. de: "La pintura De Bores", en Saber Vivir, núm. 104, 1953.

WESTHEIM, P., en Das Kunstblatt, núm. 8, 1931.

XURIGUERA, G.: Pintores Españoles de la Escuela de París, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1975.

ZERVOS, C.: "Bores. Exposición de obras de 1927 a 1931", en Cahiers d'Art, núm. 2, 1931.

ZERVOS, C.: "Bores", en Cahiers d'Art, núm. 1, 1954.

Ver menos 

Obras do artista