Farreras, Francisco

  (Barcelona  1927 - )

Naceu en Barcelona en 1927. En 1940 trasladouse coa súa familia de Barcelona a Murcia, onde estudou pintura con A. Gómez Cano. Un ano máis tarde marchou a Santa Cruz de Tenerife e continuou os seus estudos artísticos baixo a tutela de Mariano Cossío. En 1943 fixou a súa residencia en Madrid, e ingresou na escola de Bellas Artes de San Fernando como alumno de pintura mural de Daniel Vázquez Díaz e Ramón Stolz. Nesta época a súa obra é figurativa, de temática diversa e con clara tendencia á xeometrización de influencia cubista.

Foi bolsado polo Instituto Francés e marchou a París durante os anos 1953 e 1954. Contactou co grupo El Paso, a través da súa primeira exposición individual na Galería Biosca de Madrid, aínda que nunca chegou a inscribirse en ningún grupo ou tendencia. A súa pintura deste período pódese relacionar co figurativo xeometrizante, e o tema perde importancia paulatinamente. As gamas de cor utilizadas son basicamente branco, negro e gris.

Da pintura xeometrizante evolucionou, en 1955, cara a abstracción xeométrica, participando no I Salón de Arte Abstracto do Instituto Iberoamericano de Valencia. En 1956 realizou murais, mosaicos e vidreiras para diversas igrexas nas que colabora con Fisac e José Luis Sanchez, ademais de continuar a súa actividade pictórica. Nestes anos a súa obra vólvese máis densa con maior protagonismo matérico, investiga neste sentido con áreas e po de mármore. En 1958 formou parte da XXIX Bienal de Venecia.

En 1959 experimentou coas posibilidades plásticas o papel de seda e dende entón non abandona o collage como forma de expresión plástica. Neste período caracterízase polo desenvolvemento desta técnica na que a carga matérica se combina con xogos pictóricos de veladuras e transparencias procedentes da relación soporte-papel. Nesta época formou parte das exposicións itinerantes que organizaba o Departamento de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores a través de Europa e América.

En 1963 instalouse en Nova York durante dous anos, e alí dirixiu as montaxes das exposicións do Spanish Trade Center. A finais dos sesenta, a súa paleta cromática aclárase e aparecen elementos de carácter figurativo con clara intención expresiva que proceden de trozos de carteis e outros papeis impresos.

Nos setenta ampliou o formato das súas obras. Claro exemplo disto é o gran mural-collage do madrileño aeroporto de Barajas (1982), tras o cal abandonou as superficies planas para comezar una nova etapa con obras volumétricas: "coudrages" de contrachapado recheo de gomaespuma e cuberta de tea cosida que supoñen o primeiro paso para os seus relevos en madeira, técnica e soporte nos que centrará a súa produción a partir de 1988 ata os nosos días.

Conta no seu haber con numerosas exposicións individuais e colectivas e a súa obra encóntrase en prestixiosas coleccións: Atheneum Museum (Helsinki), Arte del Siglo XX, Carnegie Institute, Museum of Art. Pittsbug (Pensilvania) Haags Gemmentemuseum (La Haya), Moderne Museet (Estocolmo), Musée National d'Art Moderne (París), The Museum of Modern Art (Nova York), The National Museum of Modern Art (Tokio), The Salomon R. Guggenheim Museum (Nueva York), Winterthur Museum (Suiza), MNCARS (Madrid), Fundación Juan March (Madrid), entre outras.

CORREDOR-MATHEOS, J.: Los relieves de madera , Tabapress, Madrid, 1992. 

FARRERASRelieves, Detursa, Madrid, 1990.

FISAC, M.: "Francisco Farreras", en Cuadernos de Arte, Ateneo de Madrid, nº 48, Madrid, 1959.

GALLEGO, J: "Los relieves de de Farreras ", en ABC de las Artes, 1990.

HIERRO, J.: Farreras, Colección Juana Mordó, Madrid, 1976.

HIERRO, J.: "Innovación y necesidad en Farreras ", en revista Guadalimar año I, nº 10, Madrid, 1976.

LOGROÑO, M.: F. Farreras. Tiempo, Espacio y Silencio, como alegoría, Galería Juana Mordó, Madrid, 1976.

MARÍN - MEDINA, J.: Farreras. Proyecto y análisis de su pintura, Rayuela, Madrid, 1979.

NIETO ALCAIDE, V:  La expresividad del orden (catálogo), Centro cultural de la Villa, Madrid, 1999.

TAFUR, J.L.: Noticias de un hobre llamado Farreras, Colección Arte de Hoy, Ateneo de Madrid, Madrid, 1960.

TUSELL, J.: El mundo sensible, ordenado y discreto de Francisco Farreras (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Madrid, 1999.

Ver menos 

Obras do artista