Lloréns, Francisco

  (A Coruña  1874 -  1948)

 Naceu no seo dunha familia burguesa, empezou sen moita  vocación, os seus estudos de comercio compaxinándoos coa asistencia á Escola de Artes e Oficios, onde tivo como mestre a Ramón Navarro.

Trasladouse a Madrid en 1892. Seguiu estudando comercio pero matriculouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, sendo alumno de Carlos de Hares. Mentres estudaba, visitou asiduamente o Museo del Prado, onde copiaba aos grandes como Velázquez, Murillo e Rubéns. En 1893 decidiu entrar a formar parte do estudo de Sorolla, artista que causou unha notable influencia nel.

 Decidiu opositar ao Premio de Roma, que obtivo despois dun proceso longo e polémico. En 1901 trasladase a Italia. En Roma, entrou en contacto con outros pensionados como Sotomayor, Chicharro, Benedito, Gili i Roig, e sobre todo, Piñole e Bacarisas, cos que trabou unha profunda amizade.

Dende Roma realizou varias viaxes: en 1903 visitou Bolonia, Milán e Venecia. De alí  trasladouse a París e despois a Bélxica, instalándose por un tempo na cidade de Bruxas, que representou en diversas ocasións.  Á súa volta a Roma, trouxo consigo unha crise que incluso lle fixo reconsiderar o seguir pintando. Superadas estas dúbidas, viaxou a Capri antes de instalarse na Coruña no ano 1908, cidade na que asistiu con asiduidade aos relatorios que se realizaban nos seus cafés, chegando a ter unha gran amizade con Dona Emilia Pardo Bazán.

Decidiu preparar a cátedra de debuxo artístico e caligrafía das Escolas de Comercio, e en 1913 conseguiu a de Barcelona, onde residiu durante un ano antes de establecerse en Madrid. En 1916 foi elixido Presidente de la Sección de Pintura del Círculo de Bellas Artes, e dous anos despois casou con Eva Rodríguez, coa que tivo dúas fillas, Eva e Rosario) Ao pouco de nacer a segunda, a súa muller faleceu, polo que Lloréns se volcou no coidado das súas pequenas.

Durante a Guerra Civil temeu pola súa vida, a das súas fillas e polos seus cadros, acumulados no seu estudo madrileño, que abandonou ao trasladarse a Valencia, onde seguiu impartindo clases. Durante a súa estanza na capital, reflicte as penurias do conflito, un Madrid gris en plena guerra.

Regresou a Madrid, e en 1943 foi nomeado académico numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, que culminaba unha traxectoria repleta de premios e recoñecementos.Morreu en 1948 debido a unha longa enfermidade que se manifestara oito anos antes.

Aínda que alternou  a súa vida entre Madrid e Galicia, á que regresaba cada verán, esta foi o eixe temático fundamental en toda a súa obra. Lugares cercanos á Coruña, as súas praias, os recantos da ría do Burgo ou a bisbarra das Mariñas, recréanse na súa pintura cunha grande riqueza de matices cromáticos. Azuis, verdes, amarelos luminosos, grises e ocres non só compoñen a súa paleta senón tamén a espiña dorsal dos estudos cromáticos e lumínicos das súas paisaxes, nas que a herdanza da pintura mediterránea deixou tamén o seu selo indeleble.

50 ans d´Art espagnol 1880-1936 (catálogo), Burdeos, 1984.

ABRIL, M.: De la Naturaleza al espíritu, Madrid, 1935.

AGUADO BLEYE, P. ; ALCÁZAR, C.: Manual de Historia de España, Madrid, 1976-1978.

AGUILERA, E.A.: "Francisco Lloréns el gran paisajista", en La Voz de Galicia, 22 de marzo de 1930.

AGULLO ; COBO, M.: Madrid en sus diarios, Madrid, 1961-1972.

ALCOLEA ALBERO, A.: Ramón Casas, Sabadell, 1990.

ÁLVAREZ MARTÍNEZ, L.: "El Pintor de Galicia, Francisco Lloréns, el único discípulo gallego de Sorolla", en La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 1982.

Antena Dominical, A Coruña, 31 de xaneiro de 1982.

Antología de la Academia Española de Bellas Artes de Roma, 1873-1979 (catálogo), Madrid, 1979.

AREAN, C.A.: Francisco Lloréns, el poeta del paisaje gallego, Madrid, 1978.

ARGAN, G. C.: El Arte Moderno, Valencia, 1975.

ARMIÑÁN, L. de: Biografía del Círculo de Bellas Artes, 1880-1973, Madrid, 1973.

A arte Galega: estado da cuestión, Consello da Cultura Galega, A Coruña, 1990.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). Francisco Lloréns, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AZCARATE, J.M. de: Guía del Museo de la Real Academia de San Fernando, Madrid, 1990.

BARREIRO, A.: Del Arte Gallego, A Coruña, 1917.

BEDAT, D.: L´Academie des Beaux-Arts de Madrid, 1744-1808, Toulouse, 1974.

BENEZIT, E.: Dictionnaire des Peintres, Sculteurs e Graveurs, París, 1976.

BERUETE ; MORET, A. de: Historia de la Pintura Española del Siglo XIX, Madrid, 1926.

Biografía del Arte en España, Madrid, 1976-1978.

BOZAL, V.: Arte del Siglo XX en España, Tomo I, Madrid, 1995.

BRU ROMO, M.: La Academia Española de Bellas Artes de Roma, Madrid, 1972.

BUGALLAL, J.L.: Francisco Lloréns (catálogo), A Coruña, 1948.

BUGALLAL, J.L.: "Francisco Lloréns, pintor de Betanzos", en Anuario Brigantino II, 1949.

BUGALLAL, J.L.: Francisco Lloréns (catálogo), A Coruña, 1975.

CAMBA, F.: Paco Lloréns, 1917.

CAMPOY, A.M.: Diccionario crítico del Arte Español Contemporáneo, Madrid, 1978.

CHAMOSO LAMAS, M.: Francisco Lloréns (catálogo), A Coruña, 1975.

CHAMOSO LAMAS, M., en Galicia, Madrid, 1976.

Colección de Arte da Xunta de Galicia 1986-1993 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1993.

DESCALZO FARALDO, R.: Espectáculo de la pintura española, Madrid, 1953.

DESCALZO FARALDO, R.: Homenaje al Pintor de Galicia Francisco Lloréns, (catálogo), Madrid, 1958.

"Dibujos del paisajista Francisco Lloréns", en El Punto de las Artes, abril-maio, 1997.

ESTÉVEZ ORTEGA, E.: "Francisco Lloréns", en Vida Gallega, 1922.

ESTÉVEZ ORTEGA, E.: Arte Gallego, Barcelona, 1930.

FARALDO, R.: Homenaje al pintor de Galicia Francisco Lloréns (catálogo), Madrid, 1958.

FONTBONA, F.: La crisi del modernisme artistic, Barcelona, 1975.

FONTBONA, F. ; MIRALLES, F.: Anglada Camarasa, Barcelona, 1981.

FRANCÉS, J.: El año artístico, 1916-1927.

FRANCÉS, J.: Exposición d´Art Espagnol, La Haya, Ámsterdam, 1928.

Francisco Lloréns (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1991.

Francisco Lloréns : dibujos (catálogo), Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

"Francisco LLoréns", en Arte y Parte, abril-maio, 1997.

Francisco Lloréns (catálogo), Ayuntamiento de A Coruña, Caixavigo, Vigo, 1998.

Galicia Arte. Arte Contemporánea. Hércules de Ediciones: A Coruña, 1993.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del medio siglo, Barcelona, 1952.

GAYA NUÑO, J.A.: Historia y Guía de los Museos de España, Madrid, 1968.

GAYA NUÑO, J.A.: La Pintura Española del Siglo XX, Madrid, 1970.

GAYA NUÑO, J.A.: Arte del Siglo XX, Ars Hispaniae XXII, Madrid, 1977.

GIL FILLOL, L.: "Francisco Lloréns", en Arriba,  29 de xaneiro de 1941.

GONZÁLEZ LÓPEZ, C. ; MARTÍ AYXELA, M.: Pintores españoles en Roma, 1850-1900, Barcelona, 1987.

GONZÁLEZ LÓPEZ, C. ; MARTÍ AYXELA, M.: Pintores españoles en París, 1850-1900, Barcelona, 1989.

El Impresionismo en España (catálogo), Madrid, 1974.

"La hija e Lloréns presentó en Lugo dibujos y bocetos del gran paisajista coruñés", en El Progreso, Lugo, 12 de marzo de 1997.

JIMÉNEZ PLACER, F.: "Exposición Lloréns", en Diario Ya, Madrid, 1941.

JIMÉNEZ PLACER, F.: Historia del Arte Español, Barcelona, 1955.

Joaquín Sorolla y Bastida (catálogo), Valencia, 1989.

LAFUENTE FERRARI, E.: La pintura española y la generación del 98, Madrid, 1948.

LAFUENTE FERRARI, E.: Breve Historia de la Pintura Española, Madrid, 1953.

LAFUENTE FERRARI, E.: Lloréns: 1874-1948 (catálogo), Madrid, 1972.

LAPUENTE, J. de: Un siglo de Arte Español 1856-1956 (catálogo), Madrid, 1956.

LIAÑO, M.D.: Pintores Gallegos en la Diputación, A Coruña, 1976.

LLORÉNS, E.: Francisco Lloréns, A Coruña, 1971.

LLORÉNS, E.: Lloréns (catálogo), Madrid, 1972.

LLORÉNS, E.: Lloréns (catálogo), A Coruña, 1975.

LLORÉNS, E.: "Semblanza filial de Francisco Lloréns", en Abrente, A Coruña, núm. 7, 1975.

LLORÉNS, E.: Francisco Lloréns. Monografía de Arte Gallego, Atlántico, A Coruña, 1981.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.B.: Enciclopedia Temática de Galicia: Arte, Credsa, Barcelona, 1988.

LOZOYA, Márquez de: Historia del Arte Hispánico, Barcelona, 1949.

LUNA, J.J.: Francisco Lloréns y su tiempo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988.

LUNA, J.J.: "Breve semblanza biográfica y estética de Francisco Lloréns", en Francisco Lloréns (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1991.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARET, F.: Les peintres luministes, Bruselas, 1944, Vigo, 1967.

MON, F.: "La Pintura Actual en Galicia", en Faro de Vigo, Vigo, 1967.

Museo Español de Arte Contemporáneo (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1982-1983.

PABLOS, F.: Pintores Gallegos del Novecientos, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: "Lloréns en la intimidad", en Faro de Vigo, Vigo, 23 de marzo de 1997.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

"Paisaje con figuras", en La Voz de Galicia, A Coruña, 30 de marzo de 1997.

PANTORBA, B. de: "Evocación de Francisco Lloréns en el Centenario de su nacimiento", en Abrente, A Coruña, núm. 6, 1974.

PANTORBA, B. de: Historia y Crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes celebradas en España, Madrid, 1980. 

PENA, M.C.: El paisaje español del siglo XIX: del naturalismo al impresionismo, Madrid, 1982.

PENA LÓPEZ, C., MARTÍNEZ SUÁREZ, X. L.: A Coruña a cidade na arte, Museo de Belas Artes da Coruña, A Coruña, 2008.

PÉREZ SÁNCHEZ, A.E.: Inventario de las Pinturas de la Real Academia de San Fernando, Madrid, 1964.

Pintores Españoles de la Luz (catálogo), Madrid, 1983.

POMPEY, F.: Museo de Arte Moderno, Madrid, 1946.

PUENTE, J. de la: Museo del Prado. Casón del Buen Retiro. Pintura del Siglo XIX, Madrid, 1985.

REYERO, C.: Imagen histórica de España, 1850-1900, Barcelona, 1987.

RIVAS, A.R. de: La pintura en los tiempos actuales, Sevila, 1899.

Un siglo de pintura gallega (catálogo), Bos Aires, 1985.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Madrid, 1982

SOBRINO, M.L.: Catálogo de pintura del Excmo. Ayuntamiento de La Coruña (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1995.

SOBRINO, M.L.: O cartelismo en Galicia, Edicións do Castro, Sada, 1993.

SOCIAS Y PALAU, J.: Carles de Haes, Lleida, 1980.

TENREIRO, R.M.: Tercera exposición de Arte Gallego, A Coruña, 1923.

THIEME-BECKER: Allgemeines Lexikon der Bildenden Kunstler, Leipzig, 1907-1950.

TORRES MARTÍNEZ, J.: "Francisco Lloréns", en Gran Enciclopedia Gallega, Tomo XX, Lugo, 1982, p. 11-15.

TRAVIESO MOUGÁN, J.: El pintor Francisco Lloréns, Tesis de Licenciatura, Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1981

TRAVIESO MOUGÁN, J.: "Lloréns", en Gran Enciclopedia Gallega,  Tomo 20, Lugo, 1982, pp. 10-11.

Tres grandes maestros del paisaje decimonónico español: Jenaro Pérez Villaamil, Carlos de Haes, Aureliano de Beruete, Madrid, 1990.

VESTEIRO TORRES, T.: Galería de Gallegos Ilustres, Buenos Aires, 1955.

V.V.A.A.: Cabanillas e os artistas do seu tempo, Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2009.

Ver menos