Basallo, Ignacio

  (Ourense  1952 - )
  Movimiento/Escuela: Atlántica
  Web artista: http://ignaciobasallo.blogspot.com.es/

Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ourense (1971), no Taller M. Raba en Madrid (1972) e na Escuela Massana de Barcelona (1973). En 1980, obtén unha bolsa do Ministerio de Cultura.

Autor dotado dunha profunda conciencia reflexiva, a súa obra escultórica utiliza a madeira como material protagonista. Nun primeiro momento, a súa obra relaciónase iconograficamente coas raíces da antropoloxía rural galega, que descontextualiza e subxetiviza. A súa principal inspiración é o instrumental autóctono mesturado con referencias directas ao traballo manual. O resultado son esculturas sólidas, de volumes firmes e formas dinámicas onde predomina a visión frontal, e con claros referentes ao mundo de labranza e mariñeiro.

A mediados dos oitenta e relacionado co movemento "Atlántica", as referencias obxectuais e conceptuais da súa escultura cambian. Comeza unha reflexión na que os ensamblaxes ábrense a multitude de formas. Combina a madeira  con materiais como corda, arame de cobre, cartón etc. O volume perde protagonismo. Xa non traballa quitando madeira do bloque, senón que constrúe formas a partir do ensamblaxe con outros elementos, outorgando á peza certo aspecto de fraxilidade.

Para estas creacións reúne e selecciona materiais que logo utiliza cando quere resaltar cor, forma ou intensidade. Engade a cor  de maneira parcial sobre a madeira  o a través da incorporación do novo material, dotando á peza de maior carga poética e provocando distintas lecturas dunha mesma imaxe.  Materiais como anacos de tea e cordas, sírvenlle para introducir tensións, crear dinamismo. Á maneira de Calder, utiliza as sombras dos arames para ir más aló do tradicional ámbito da escultura.

Na década dos noventa encontrámonos coa produción máis madura do artista. Agora xoga constantemente cos límites da escultura nun sentido orgánico. Recorre á pequena escala na que se revela como dominador do xesto mínimo e o esbozo. 

Basallo sempre volve sobre ideas anteriores que vai resolvendo conforme vai adquirindo novos coñecementos. Así  establécese no criterio do artista unha complexa escala de valores onde as obras pasan por diversas cribas antes de saír do taller. A dúbida constante e a férrea crítica consigo mesmo son dúas das constantes do seu traballo. As obras parecen rápidas, case un encontro casual, e sen embargo acostuman ser froito de minuciosas rectificacións, matices case imperceptibles pero determinantes.

Agrupa ás súas obras en familias baixo criterios de proximidade estilísticas ou referenciais (posibilidade de balanceo, cercanía formal cos insectos ou obxectos cotiáns...) e que actúan como mostra de posibilidades e pensamentos.

1990 (catálogo), Consellería de Cultura e Benestar Social, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1986.

ÁLVAREZ, L.: "Identidade e Convulsión, un recorrido por la vanguardia artística gallega de los 80 surgida del grupo Atlántica", en La Voz de Galicia, 13 de marzo de 1990.

Artistas Galegos: escultores (expresionismos-abstraccións). Ignacio Basallo, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

A Toda Tela, (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

BARRIO, D.:  "La escultura natural de Ignacio Basallo", en El Cultural - El Mundo, 30 de xaneiro de 2003, pág. 29.

BERNÁRDEZ, C.L.: "Tensións e equilibrios", en Faro de Cultura - Faro de Vigo, 23 de xaneiro de 2003), pág. VI.

BONET, J.M.: "El universo aéreo de Ignacio Basallo", en ABC Cultural, 5 de xuño de 1992.

BREIXO, C.: "Crear espacio llenando espacio", en El Correo Gallego, 11 de marzo de 1980.

CALVO SERRALLER, F. (dir.): Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Mondadori España: Madrid, 1991.

CANDAL BOUZAS, R.: "Cando a madeira se converte nun novo elemento artístico", en Lecer - O Correo Galego, 26 de xaneiro de 2003, pág. 2-3.

CHAO, D.: "Escultura en estado puro", en Descubrir el Arte, núm. 48, febreiro, pág. 108.

COSTA, M.: "Ignacio Basallo", en Arte y Parte, núm. 42, 2002, páx. 99.

CASTRO, X.A.: Expresión Atlántica. Arte galega dos 80, Follas Novas, Santiago, 1985.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

FERNÁNDEZ CID, M.: "Ignacio Basallo: Tensión y oficio", en Diario 16, 17 de marzo de 1989.

FERNÁNDEZ CID, M.: "¿A tiempo para la escultura?", en Revista Lápiz, núm. 36, outubro, 1986.

FERNÁNDEZ CID, M.: "Una vuelta a la escultura", en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 1984.

FERNÁNDEZ, X.: "Basallo y las luces del Norte", en El Correo Gallego, 20 de xaneiro de 2003.

FERRO, F.: "Tamen menos é máis na escultura de Ignacio Basallo", en A Nosa Terra, 25 de marzo de 1992.

GARCIA ÁLVAREZ, R.: "El CGAC presenta las enrevesadas maderas del gallego de Ignacio Basallo", en ABC, 20 de xaneiro de 2003, páx. 26.

GARCIA, A.: Onte e hoxe do século XX (catálogo), Bienal Nacional de Arte, Pontevedra, 1985.

GÓMEZ DE SANZ, M.R.:  "La ingravidez de Basallo", en La Voz de Galicia, 29 de marzo de 1990.

HUICI, F.: "Modos de escultura", en El País, 30 de maio de 1986.

HUICI, F.: "Objetos de Tensión", en El País, 15 de abril de 1989.

Ignacio Basallo, Gaiolas (catálogo), Galería Marisa Miramón, Ourense 1995.

Ignacio Basallo. Máis madera (catálogo), Galería Sargadelos, Barcelona, 2002.

Ignacio Basallo. Materia prima, (catálogo), Galería Marisa Miramón, Ourense, 2001.

Ignacio Basallo, (catálogo), Galería Trinta, Santiago de Compostela, 1994.

Ignacio Basallo,  (catálogo), Museo Barjola, Xixón, 1998.

Ignacio Basallo, (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998. Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa: A Coruña, 2000.

OTERO, F: "Ignacio Basallo: sútil madeira no espacio", en El Correo Gallego, 16 de febreiro de 2003, p.7.

OUTEIRIÑO. M.: "Ignacio Basallo, el respeto a un marginado", en La Región, 2 de abril de 1989.

Pintores e Escultores Galegos na EXPO'92 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

RODRIGUEZ, M.A.: "Ignacio Basallo", en Arte y Parte, n.19 , febreiro-marzo, 1999.

ROZAS, M.: "La complejidad de la simpleza", en La Voz de Galicia, 22 de febreiro de 2003, p.L 10.

SARMIENTO, R., en  La Voz de Galicia, Suplemento de Cultura, 6 de maio de 1996.

SOBRINO, M.L.: "As artes plásticas", A Nosa Terra,  Decenario A Nosa Historia 3-4 , 1988.

Vinte anos, vinte escultores. Galiciaescultura, Centro Torrente Ballester, Ferrol, 2002.

Ver menos 

Obras do artista