Brigas, Jerónimo

  (Guarda (Portugal)  1955 -  2003)

 A paixón que Jerónimo Brigas sentía pola escultura naceu "de modo natural", xa que de pequeno fabricaba os seus propios xoguetes. Foi á escola, pero por pouco tempo, posto que comezou a traballar na construción sendo aínda un neno. Aquí empezou a coñecer novos materiais e a traballar con novas pezas. Na Escola Comercial da Guarda, onde estudou electromecánica, tivo contacto co ferro.

Comezou a expor na década dos 70' na súa cidade natal, xunto con outros artistas do momento. Pouco despois emigrou a San Sebastián, onde traballou nos barcos pesqueiros, alternando esta actividade coa escultura en madeira. Aquí tivo contacto con escultores vascos.

A súa técnica é moi depurada, aínda que un tanto rústica, aprendida en parte dos escultores portugueses en pedra. As viaxes que realizou por España, Francia, Venezuela e Suráfrica, permitíronlle coñecer outras culturas e materiais que repercutiron na súa obra. A principal temática do seu traballo son as tradicións do pobo portugués e a experimentación e coñecemento doutras culturas. Hai una pervivencia cubista na súa obra, en parte debida ao material que utiliza, pero tamén pola influencia da escultura negra africana.

Ademais da actividade escultórica, realizou debuxos, que teñen certo paralelismo coas súas obras en pedra, cun trazo continuo e un certo "horror vacui".

Ata a súa morte Brigas viviu nun pobo próximo a Salamanca, aínda que tamén tivo un taller en Zamora. Seguiu en contacto coa súa cidade natal, que visitaba en numerosas ocasións, pero o propio artista admitía que lle gustaba máis o ambiente artístico que encontraba en España, onde tiña contacto con máis artistas.

MARTÍNEZ GLERA, E.: Jerónimo Brigas. Escultor. Talla directa en piedra y dibujos<</span>/em> (catálogo), Galería de Arte Martínez Glera, Logroño, 2002.

Ver menos 

Obras do artista