Torres García, Joaquín

  (Montevideo  1874 - Montevideo  1949)

En 1881 a súa familia abandona Uruguay para instalarse en Mataró, cidade natal do pai. En 1892 trasladáronse a Barcelona e inscribiuse na Escola de Llotja, aínda que abandonaría os seus estudos un ano despois. Nun primeiro momento enfocó a súa obra cara ao modernismo, pero pronto viraría cara a unha estética máis clásica, ata converterse, con Eugenio d?Ors, na figura máis importante do Noucentisme. En 1916 coñeceu ao seu compatriota o pintor Rafael Barradas, do que recibiu a influencia da arte de vanguardia, e en 1920, tras serlle cancelado o encargo de realizar uns frescos para o Palacio da Generalitat, trasladouse a Nova York, onde residiu tres anos. En 1922 regresou a Europa e instalouse primeiro en Italia, logo no sur de Francia e en 1926, en Parides. En contatco co epicentro da arte moderna, deu un xiro á súa obra, modernizándoa, sen por iso renunciar aos seus principios. Sufriu unha gran influencia do primitivismo e logo da pintura geométrica, que recibiu da man dos pintores Piet Mondrian e Theo van Doesburg, aos que frecuentou en Parides.

En 1929 coñeceu ao crítico e poeta belga Michel Seuphor, con quen formaría o grupo Cercle et Carré xunto con Georges Vanttongerloo e Luiggi Russolo, dedicado a promover a abstracción geométrica en contra do surrealismo. A finais de 1932, debido á crise económica, decidiu trasladarse a Madrid en busca de fortuna, pero as cousas non lle foron ben, e a mediados de 1934 regresou definitivamente á súa Montevideo natal. Alí continuou o seu labor pictórica e pedagógica, fundando a Asociación de Arte Constructivo e, posteriormente, o taller Torres-García, onde desenvolveu unha actividade pedagógica que foi fundamental para o desenvolvemento da arte de vanguardia en Uruguay. A súa obra sería tamén un dos puntos de partida da gran tradición de arte geométrico en América latina.
(José I. Abeijón- Miriam Sainz da Maza)

Ver menos