Cabezas, Jorge

  (A Coruña  1972 - )

Pintor autodidacta que comenza a expoñer en pubs e lugares fora do circuito puramente galerístico. Foi descuberto para a crítica no ano 1992 ao conseguir o Primeiro Premio do concurso Fundación Araguaney, en Santiago de Compostela. Dende este momento, a súa obra pasa a exhibirse  en galerías tanto dentro como fora de Galicia, Madrid, Nova York. e Bos Aires. Na cuarta edición da Mostra Díaz Pardo, a Deputación da Coruña adquire unha obra súa.

Jorge Cabezas milita nunha figuración, de expresión deliberante pobre, de cromatismo conciso e debuxo elemental, aínda que posúe un bo oficio. Sobre fondos areosos, indeterminables, diferentes obxetos -peixes, copas, bicicletas, etc.-  insinúan unha narración inconcretable. Cidades vagarosas que titubean pese aos rotundos volumes das súas arquitecturas. 

Os seus cadros, inspirados na vida cotiá, posúen unha identidade propia que ten algo de primitivo, "resólvense entre unha abstracción xestual e unha figuración sintética, case esbozada, que forma parte do dominio do esencial".  Os elementos cotidians son capturados pola mirada de Cabezas, que os dixire e traslada ás súas obras para compor collages de situacións próximas que quedan atrapadas  nunha pintura pastosa e matérica.

Dende 1991 expuxo tanto a nivel nacional como internacional e as súas obras forman parte da Fundación Araguaney (Santiago), da Pinacoteca do Concello de Cambre, Deputación da Coruña, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Dry Martini Collection (Barcelona), o Pazo de Congresos da Coruña, Colección de arte Afundación e a Colección del Hospital Abente e Lago S.E.R.G.A.S (A Coruña).


1 "Revelar lo invisible", en La Voz de Galicia, A Coruña, 5 de xuño de 2004.

2001- JORGE Cabezas (catálogo), Galería Bat Alberto Cornejo, Madrid, 2001.

"Revelar lo invisible", en La Voz de Galicia, A Coruña, 5 de xuño de 2004.

Segundo Salón de Otoño de Pintura: 1998 (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1998.

REIXA, Antón: "Comentarios sobre la obra de Jorge Cabezas" 1998.

Ver menos 

Obras do artista