Castillo, Jorge

  (Pontevedra  1933 - )

Cando apenas tiña un ano a súa familia se exilia en Arxentina. O seu pai, que morrerá pouco despois, era republicano. Decidiu abandonar os estudos a moi temprana idade e con 17 anos se instala nun estudo nos arredores de Bos Aires, onde comezou a súa actividade creadora pintando e escribindo novelas e guións de cine.

En 1953 viaxou á provincia de Entre Ríos, ao norte de Arxentina, onde pasou varias semanas realizando acuarelas que intentaría vender sen éxito en Brasil. Dous anos despois repetiu esa viaxe, pero foi detido pola Comandancia Fluvial. Castillo pediu asilo na prisión para poder traballar e reunir algo de diñeiro. Neste mesmo ano, e atraído por París, solicitou a repatriación na Embaixada Española de Bos Aires, para viaxar a esta cidade. O único requisito foi o cumprimento do servizo militar en España.

Acabado o servizo militar instalouse en Madrid, onde se vió obrigado a vivir na rúa como un vagabundo ata finais de 1959. Foi neste ano cando comeza a expoñer os seus primeiros cadros. En 1960 foi seleccionado para a Bienal de São Paulo, e dous anos máis tarde trasladouse a Barcelona coa súa primeira muller María Elena, que morrería de leucemia 3 anos despois. Entre 1966 e 1969 viviu en París e Italia (Boissano), onde coñece á súa segunda muller, Marienza Binetti.

En 1968 pinta o seu Tríptico de Palomares, precedido por toda a serie de pinturas preparatorias. Neses anos comeza a traballar para o Centro de Gravado Contemporáneo de Xenebra para o que realiza cerca de trescentos augafortes e litografías. En 1970 expón na National Galerie de Berlín e en 1973 a Kestner-Gesellschaft de Hannover organiza unha gran exposición dos seus gravados.

En 1979 trasládase a Nova York, cidade na que permanece ata o seu recente asentamento en Madrid.

A súa obra, de tintes figurativos, tenderá nos comezos cara unha temática onírica e surrealizante que irá perdendo forza a medida que se instala na súa pintura un microcosmos máis íntimo e familiar, naturezas mortas ou finalmente as paisaxes neiorquinas. Nas súas naturezas mortas vai a dar vida a unha certa obsesión polos obxectos, que reiteradamente condensa nunha planta ou froitas apoiadas nun pedestal, convertendo o máis cotián en portador de toda unha carga poética. Nas súas paisaxes urbanas de Nova York a forza iconográfica desta cidade chea de contrastes cala fondo na súa pintura, devolvendo un relato de gran madurez formal e técnica.

Ademais da súa ampla produción de pintura, debuxo e gravado, a escultura e o seu interese polas artes escénicas -realizou un proxecto de decorados para a Ópera de Berlín- ocuparon espazo na súa traxectoria.

AENA Colección de Arte Contemporáneo (catálogo), Fundación Aena, Valencia, 1998.

AREÁN, C.: La pintura de Jorge Castillo, Índice, Madrid, 1960.

Arte en España 1918-1994 en la Colección Arte Contemporáneo, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

Artistas Galegos: pintores (realismos). Jorge Castillo, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BAUER, A.: Liebhaber zirzensischen Maskentreibens: Castillo, Morgenpost, Berlín, 1977.

BERGER, R.: Vers une peinture générative (catálogo), Galería Jan Krugier, Xenebra, 1969.

BLANCH, M.T.: Jorge Castillo: Tradición, revisionismo y actualidad, Punto y Coma, Barcelona, 1978.

BORRÁS, M.L.: Jorge Castillo, un pintor melancólico, Destino, Barcelona, 1974.

BOZAL, V.: Jorge Castillo, Artes nº 76, Madrid, 1966.

BRACKERT, G.: Eine neue Ära, Franckfurt, 1969.

BUESCHE, A.: Ein Spanier in Berlin, Der Tagespiel, Berlín, 1970.

BURKAMP, G.: Castillo, in der Kestner-Gesellschaft, Hezburger Zeitung, Hannover, 1973.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

CARLUCCIO, L.: Jorge Castillo (catálogo), Galería de Arte Contemporánea Galatea, Torino, 1965.

CASTILLO (catálogo), Editorial Polígrafa, Barcelona, 1990.

CASTRO ARINES, J. de: Las geometrías de la razón y los laberintos de incordura, Guadalimar, Madrid, 1977.

CASTRO ARINES, J. de: Castillo y los sueños de la razón, Informaciones, Madrid, 1960.

CASTRO ARINES, J. de: Castillo y el Manierismo, Informaciones, Madrid, 1970.

CASTRO ARINES, J. de: Jorge Castillo, Informaciones, Madrid, 1973.

Colección Arte Contemporáneo (catálogo), Asociación Colección Arte Contemporáneo, Madrid, 1991.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

CORREDOIRA, P.: Jorge Castillo. Una obra de síntesis (catálogo), Galería Finisterre, A Coruña, 1984.

CORREDOIRA, P.: Las vidrieras grabadas de Kiosko Alfonso: Tiempo, deseo, sombra, Concello de A Coruña, A Coruña, 1984.

CORREDOR-MATHEOS, J.: Jorge Castillo en la confluencia de la vigilia y el sueño, Destino, Barcelona, 1973.

CORREDOR-MATHEOS, J.: El silencio, universo de Jorge Castillo, Destino, nº 2038, Barcelona, 1976.

CORREDOR-MATHEOS, J.: Jorge Castillo: el arte como transmutación de lo real, Destino, Barcelona, 1978.

DAVAL, J.L.: Catálogo exposición, Musée de L'Athénée, Xenebra, 1966.

DAVAL, J.L.: Art espagnol d'aujourd'hui, Tribune de Génève, Xenebra, 1968.

DAVAL, J.L.: Un inflexible beison d'exister (catálogo), Galería Jan Krugier, Xenebra: 1969.

DAVAL, J.L.: Jorge Castillo (catálogo), Galería Iolas Velasco, Madrid, 1970.

DAVAL, J.L.: Aproximaciones al análisis de la obra de Jorge Castillo, Propyläen Verlag, Berlín, 1976.

DAVIES, I.: Castillo (catálogo), Edinburgh University Art Centre, Edimburgo, 1971.

DAVIES, I.: "Entre el sueño y la anarquía ", en Guadalimar, Madrid, 1977.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA, V.: Jorge Castillo, Pueblo, Madrid, 1973.

GOERG, C.: Jorge Castillo, obra grabada, Musée d'Art et d'Histoire, Cabinet des Estampes, Génève, 1971.

HAFTMANN, W.: Jorge Castillo (catálogo), Nationalgalerie, Staatliche Museen Preussicher Kulturbesitz, Berlín, 1970.

HAFTMANN, W.: Jorge Castillo, Radierungsfolge die Liebenden (catálogo), Kestner-Gesellshaft, Hannover, 1973.

HATMANN, W.: Castillo (catálogo), Galeria Michael Hertz, Bremen, 1974.

HATMANN, W.: Jorge castillo, pinturas, dibujos y acuarelas, Ediciones Polígrafa, Barcelona, 1977.

HATMANN, W.: Jorge Castillo (catálogo), Lefebre Gallery, Nova York, 1977.

HEIDERICH, G.: Häusliche Welt, ein Traumgarten, Weser-Kurier, Bremen, 1974.

HENRY, G.: Jorge Castillo, Art News, Nova York, 1977.

HIERRO, J.: Jorge castillo (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1979.

HIJAR, M.: Castillo, un pintor en anárquica independencia, Destino, Barcelona, 1978.

HOFMANN, G.: Jorge Castillo (catálogo), Edinburgh University Art Centre, 1971.

IGLESIAS DEL MARQUET, J.: La dignidad de Jorge Castillo (catálogo), Galería Lucas, Gandía, 1979.

Jorge Castillo (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2001.

Jorge Castillo. Obra reciente (catálogo), Centro Cultural Deputación de Ourense, Vigo, 2004.

Jorge Castillo (catálogo), Fundación Caixa Galicia "Claudio San Martín", A Coruña, 1994.

KNAUB, D.: Castillo. New York, 1979-1980 (catálogo), The Meadows Museum, Dallas, 1989.

KRIMMEL, B.: Jorge Castillo, pinturas, pasteles, acuarelas y grabados (catálogo), Galerie Pels-Leusden, Berlín, 1972.

LANGE, R.: Die Herrschaft des Sexus, Hannoversche Allgemeine Zeitung, Hannover, 1973.

MARTÍN VELÁZQUEZ, C.: Autorretrato: el pintor ante su imagen (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MOURE, G.: El eclecticismo creador de Jorge Castillo, Destino, nº 2090, Barcelona, 1977.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

OLIVER, C.: Jorge Castillo (catálogo), Traverse Art Gallery, Edimburg, 1971.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratrea, Vigo, 2003.

PÉREZ GUERRA, J.: Jorge castillo, entre lo real y lo irreal, 5 días, Madrid, 1975.

POSADA, P.: Jorge Castillo y la pintura poemática, Límites, Madrid, 1973.

RATCLIFF, C.: Jorge Castillo, dibujo, pintura, escultura, Editorial Polígrafa, Barcelona, 1977.

RATCLIFF, C.: Castillo dibujos, New York 1980-1983, Editorial Polígrafa, Barcelona, 1984.

SANTOS TORROELLA, R.: Jorge Castillo, seis constantes de su pintura, Editoral Polígrafa, Barcelona, 1977.

SCHMIED, W.: Vorwort (catálogo), Kestner-Gesellschaft, Hannover, 1973.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

SUBIRATS, E.: La flor y el cristal. La era de Palomares, Editorial Anthropos, Barcelona, 1986.

VICENS, F.: Jorge Castillo (catálogo), Galería Joan Prats, Barcelona, 1976.

ZIERMANN, H.: Castillo Palomares, Darmstädter Echo, Darmstadt, 1969.

ZIERMANN, H.: Der spanischer Maler Castillo in Franckfurt, Dölner Stad-Anzeiger, Colonia, 1969.

Ver menos