Otero Abeledo, José (Laxeiro)

  (Donramiro, Lalín (Pontevedra)  1908 - Vigo  1996)
  Alias: Laxeiro

Con seis anos trasladouse dende a súa aldea natal a Botos (Lalín), onde a mestra da escola, Doña Teresa López, viu as súas aptitudes para o debuxo, inculcándolle coñecementos sobre os clásicos e pintores españois de renome, como Velázquez e Goya.

En 1921 emigrou coa súa familia a La Habana. Aquí desenrolou numerosos oficios que combinou coas clases nocturnas no Plantel de Enseñanza Concepción Arenal do Centro Gallego de La Habana, impartidas polo mestre portugués Moreiras. Nesta cidade puido ver, tamén, dúas exposicións que o impresionaron enormemente: unha de Xesús Corredoyra e outra de Ignacio Zuloaga.

Despois de catro anos en Cuba, regresou a Lalín cunha  grave doenza respiratoria . Tral súa recuperación, dedicouse ao oficio de barbeiro ambulante, debuxando incansablemente a todos os seus clientes. Entre 1928 e 1930 realizou colaboracións para a revista Céltica, El Faro de Vigo e Pueblo Gallego.

En 1931, grazas a unha bolsa do Concello de Lalín, trasladouse a Madrid para estudar na Academia de Bellas Artes de San Fernando, prolongando a súa estanza un ano máis pola concesión doutra bolsa da Deputación de Pontevedra. Durante a súa permanencia na capital visitaba asiduamente El Prado, tomando influencias de pintores como Goya, Velázquez, Tiziano, Rembrandt e ata vangardistas como Picasso e Solana. Tamén asistía aos faladoiros da Granja del Henar con Rafael Dieste, García Lorca, Castelao e Valle-Inclán. Nesta etapa realizou obras nas que é patente a preocupación descritivas da liña e  o emprego dunha gama cromática sobria, baseada nas cores terrosas.

Regresou a Lalín en 1933, instalando o seu estudio no "Hospitalillo". Aquí comezou a realizar obras caracterizadas pola chamada "estética do granito", baseándose na tradición pétrea da imaxinería popular, así como dos tímpanos románicos e retablos barrocos, e apartándose da estética rexionalista que predominaba na Galicia da época.

 A Guerra Civil sorprendeuno en Vigo, a punto de inaugurar unha exposición. Combateu como soldado forzoso no "frente nacional" en Asturias, onde coñeceu a Celso Emilio Ferreiro, con quen forxou unha gran amizade.

 En 1940 trasladouse a Pontevedra, onde realizou un mural no Cine Balado de Lalín - actualmente desaparecido -, e El manantial de la vida no Café Moderno. Dous anos despois trasladouse a Vigo, onde permaneceu ata que en 1951 emigra a Bos Aires.

 Neses anos desenvolveu unha temática fantastica, onde se mistura o relixioso e o profano en escenas de entroidadas e festas dionisíacas. A súa estanza na Arxentina proporcionoulle unha maior creatividade, realizando propostas máis novas e arriscadas, eliminando os elementos naturalistas, potenciando o poder expresivo da liña do debuxo, asumindo un tipo de linguaxe pictórica que toma influencias do Picasso dos anos trinta, e achegándose ao expresionismo abstracto e ao informalismo europeo.

 En 1970 regresou definitivamente a España, vivindo entre Madrid-Vigo-Lalín. Foron anos de recoñecemento artístico, nos que evoluciona cara unha pintura máis amable, onde as cores se van aclarando, desaparecendo o dramatismo anterior.
Realizou numerosas exposicións e recibiu recoñecementos e premios, ata a súa morte en Vigo en 1996.

ALFARO: El pintor Laxeiro (catálogo), Sala Biosca, Madrid, 1968.

O antigo Café Moderno de Pontevedra, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2001.

AREAN, C.: Treinta años de arte español , Editorial Guadarrama, Madrid, 1972.

Arte Gallego en Caixa Galicia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

Artistas Galegos: pintores (vangardas históricas). Laxeiro, Nova Galicia Edicións, Vigo, 1998.

BLANCO CONDE, M.: "La pintura gallega cotiza al alza ", en La Voz de Galicia, Suplemento Cultura, 30 de marzo de 1995.

CAMPOY, A.M.: Diccionario crítico de arte español contemporáneo , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

Camiñantes (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1999.

CASTILLO, A. del: "Laxeiro", en Goya, Madrid, 1973.

CASTRO, X.A.: Expresión atlántica. Arte galega dos oitenta, Editorial Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, X.A.: Laxeiro, a invención dun mundo, Edicións Xerais, Vigo, 1997.

Catro renovadores da arte galega, Consorcio da cidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1993.

CHAMOSO LAMAS, M.: Arte en Galicia, Fundación March, Madrid, 1976.

CHÁVARRI, R.: La pintura española actual , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1972.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Colección Caixa Galicia: últimas adquisicións en Pontevedra (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2000.

Colección de Arte Gallego Caixa Galicia: en la Sala de Exposiciones de Ourense (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1995.

Colección de Arte Gallego  Caixa Galicia, en la sala de exposiciones de Vigo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Colección de Arte Caixa Galicia: Estación Marítima (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

Colección de Arte Caixa Galicia: en el Museu de Belles Arts de Valencia (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

FRANQUEIRA, L.: "Renovarse para no morir ". En Galicia.

Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX, Ibérico Europeo de Ediciones, Madrid, 1970.

"LAXEIRO", en Arte y Parte, núm. 2, abril-maio, 1996.

LAXEIRO: "Yo, el pintor Laxeiro", en Laxeiro (catálogo), Sala Quijote, Madrid, 1966.

LAXEIRO. 1934/1985. VIII Bienal Nacional de Arte Diputación Provincial de Pontevedra (catálogo), Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1985.

Laxeiro: debuxos inéditos I (catálogo), Fundación Laxeiro, Vigo, 2002.

Laxeiro 1930-1980 (catálogo), Caixanova, Vigo, 2002.

Laxeiro: debuxos inéditos II (catálogo), Fundación Laxeiro, Vigo, 2003.

Laxeiro ...el eterno retorno (catálogo), Fundación Laxeiro, Vigo, 2001.

Laxeiro, el carnaval de las formas (catálogo), Fundación Laxeiro, Vigo, 2003.

Laxeiro en Argentina (1952-1970) (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1988.

Laxeiro (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Laxeiro (catálogo),  Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 1996.

Laxeiro-Sucasas, (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1990.

MALLO, A.: "Dos  renovadores", en O Correo Galego, 10 de febreiro de 2001.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍN VELÁZQUEZ, C.: Autorretrato: el pintor ante su imagen (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Medio Século de Arte Galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: La pintura actual en Galicia , Editorial Galaxia, Vigo, 1967.

"Os novos exponen en Caixa Galicia la ruptura con la plástica europea", en El Ideal Gallego, 10 de febreiro de 2001.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PABLOS, F.: Colección de arte Adriano Marqués de Magallanes (catálogo), Concello de Vigo, Pontevedra, 1992.

PABLOS, F.: Laxeiro, Editorial Atlántico, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixa de Aforros, Vigo, 1981.

PATIÑO, A.: "Laxeiro e a nova pintura galega", en Suplemento Cultura de La Voz de Galicia, 7 de maio de 1981.

PENAS, A.: "Los renovadores de la plástica gallega, en la Fundación Caixa Galicia", en El Ideal Gallego, 18 de marzo de 2001.

Pintura Galega: artistas nacidos entre 1900-1910, Fundación Camilo José Cela, Aluminios Cortizo, Padrón, 1995.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del "boom" 1970-80, Edicións do Castro, A Coruña, 1981.

RUIBAL, E.: Laxeiro, Cuadernos de Arte Gallego, Editorial Benito Soto, Pontevedra, 1951.

SEOANE, L.: Comunicacións mesturadas, Editorial Galaxia, Vigo, 1973.

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea ", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

Ver menos