Gutiérrez Solana, José

  (Madrid  1886 - Madrid  1945)
  Alias: Gutiérrez Solana, José

José Gutiérrez Solana nace en Madrid en 1886. En 1904 remata os seus estudos na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde se interesa especialmente polas clases de anatomía. Durante estes anos frecuenta o faladoiro do Nuevo Café de Levante onde coñece entre outros a Baroja, Valle Inclán, Zuloaga e Romero de Torres. En 1909 instálase en Santander -lugar de orixe da súa familia- onde permanecerá ata 1917. Ao seu regreso a Madrid acude ao faladoiro de Ramón Gómez de la Serna no Café Pombo, escena que representaría no seu famoso lenzo hoxe presente no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

En 1920 publica o seu libro La España negra, que dedica ao seu gran amigo Gómez de la Serna, e que recolle as súas andanzas polas vilas de España. Comeza a participar en exposicións individuais e colectivas, como a destacada Exposición de Artistas Ibéricos (1925) e a partir desta época tamén o fará no estranxeiro, adquirindo a súa obra recoñecemento internacional. Tres anos despois marcha a París onde permanecerá ata a fin da Guerra Civil. Regresa de novo a Madrid onde, xa na última década da súa vida, continuará pintando e escribindo de forma activa, recollendo numerosos premios.

A pintura de Solana, como os seus escritos, sufriu unha forte e dramática influencia da Xeración do 98, das Pinturas negras de Goya e das súas experiencias persoais recolleitas nas súas andanzas polas zonas máis marxinadas das cidades. Nas súas obras conxuga a miseria e a fealdad co grotesco , e presenta un peculiar e persoal estilo pictórico onde ata as escenas populares, tamén foron representadas baixo a dura e sombria visión que o pintor tiña do seu país. (José I. Abeijón- Mirian Sainz da Maza)

Ver menos 

Obras do artista