Labra, José María de

  (A Coruña  1925 - Palma de Mallorca  1994)

Pintor, escultor e deseñador. Cursou estudos de profesor mercantil e de Belas Artes na Escuela de San Fernando de Madrid. Compaxinou a súa actividade pictórica co deseño industrial e a ilustración gráfica. As súas primeiras obras pictóricas inscríbense nunha figuración sintética que rapidamente derivará cara o construtivismo, que marcará toda a súa traxectoria posterior. 

En 1960 participou na exposición de "Arte Normativo" e integrouse no grupo valenciano Parpalló con quen expuso nas súas dúas últimas mostras. Nos setenta o seu traballo, considerado un dos máis interesantes da abstracción española, amplíase cara o deseño industrial e o interiorismo. Fragua agora un modelo teórico que intensifica as relacións interactivas da arquitectura, o deseño e as matemáticas levadas á práctica dentro do seu mundo plástico. Realiza móbiles en balea de metal onde une o formal e o espacial co movemento.

A finais dos setenta afunde nas súas investigacións sobre a luz, en obras que organiza segundo estruturas xeométricas máis estilizadas e ás que dota dun monocromatismo cálido, que a través dunha grande variedade de polígonos establecen un novo mundo de tensións. Durante esta década e as seguintes as súas obras foron incorporando a terceira dimensión ata converterse en esculturas.

Labra pasara á historia da arte española como uno dos renovadores da abstracción xeométrica. Morreu en Palma de Mallorca en 1994, cidade onde residia durante os últimos anos da súa vida. 

A Colección de arte ABANCA posúe sete obras deste artista que recollen os diferentes momentos da súa traxectoria dende finais dos cincuenta ata os anos oitenta.

Arte gallego en Caixa Galicia: en el aula de cultura de Santiago de Compostela (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1992.

AENA Colección de Arte Contemporáneo (catálogo), Fundación Aena, Valencia, 1998.

CHÁVARRI, R.: Labra. Artistas españoles contemporáneos, Ministerio de Educación y Ciencia.

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA IGLESIAS, J.M.: De Labra, Consellería da Presidencia, Xunta de Galicia.

Grupo Parpalló 1956-1961, (catálogo), Diputación Provincial de Valencia, 1991.

José María de Labra (catálogo), Galería Biosca, 1985.

José María de Labra (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

Labra. Figuración Simbólica (catálogo), Casa de Galicia, Madrid, Xunta de Galicia, 1996.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

O proceso abstracto (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1993/94.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

Pinturas Murais de José María de Labra. Unha intervención urxente no Patrimonio, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1997.

Del Surrealismo al Informalismo "Arte de los años 50 en Madrid " (catálogo), Comunidad de Madrid, 1991.

V.V.A.A.: Luis Rosales. El contenido del corazón, Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, La Casa Encendida, Madrid, 2010,

Ver menos