Croft, José Pedro

  (Porto, Portugal  1957 - )

Naceu na cidade de Porto no ano 1957. Foi estudante na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, onde tomou contacto coa creación artística de correntes como o minimalismo ou a arte conceptual no contexto do grupo Alternativa Zero. A finais dos anos 70 traballou no taller de João Cutileiro. 

Comezou a expor en Lisboa, no ano 1983, cunha mostra individual. A partir desa data, a súa traxectoria expositiva traspasou o territorio peninsular: Sao Paulo, Tokio e Berlín, son algunhas das cidades que acolleron as súas exposicións. Ademais estivo presente en diversas edicións da feria ARCO en Madrid, a partir do 1999. 

Nas súas primeiras obras, Croft recorre á iconografia exipcia e  tardo-góticas, das que toma un compendio de referencias figurativas (animais, momias, etc.) e elementos decorativos arquitectónicos. Deste modo, arcos, guirnaldas e columnas aglutínanse, sen que medie entre eles argamasa ningunha, en pezas que acumulan a descomposición dos estilos.

A súa seguinte fase creadora caracterízase pola acumulación de materiais de desperdicio industrial, esculturas de grandes dimensións, cun carácter marcadamente funerario, ordenadas por estratos, sen utilizar morteiro de unión. Expón con pudor os efectos ruinosos da tradición e pon en evidencia o precario equilibrio da enxeñería artística clásica. A finais dos anos oitenta inclúe o xeso como material e acostuma pintar as pezas de bronce de branco. Con esta estratexia de ocultación, libera as obras das propiedades da súa natureza material, favorecendo as súas posibles calidades construtivas en novas disposicións espaciais. Neste contexto o diálogo co espazo e o equilibrio/inestabilidade son asumidos como aspectos relevantes do seu traballo.

Nos anos 90 sustitúe os motivos arquitectónicos polos elementos de mobiliario, que son activados a través de interferencias, modificacións e potenciacións, e  a partir de 1998 inclúe materiais como o ferro galvanizado, o vidro ou o espello, en obras que fluen entre a xeometría e a poesía. 

Dende os seua comenzos, Croft desenvolveu un conxunto de obras simultaneamente intelectuais e sensuais, cheas de ángulos e repeticións. A súa produción recorda ao construtivismo e a súa evolución cronolóxica minimalista, aínda sen presupoñer unha adhesión ou rexeitamento a estas linguaxes. Amplía o concepto xeral de arte, introducindo a noción dunha escultura totalizante, onde todo importa. Os debuxos que realiza sinalan un camiño paralelo ás esculturas. Anuncian percorridos de ocupación do espazo e revelan o que se oculta na bidimensionalidade.

As súas pezas son antimonumentos que dan as costas ás "tradiciones escultóricas" do século XX. Sobre os referentes artísticos da súa obra comenta: "interésanme algunhas ideas do minimalismo, pero hai outras que non me serven de nada. A miña relación coa tradición escultórica e co monumento non é de negación. Non pretendo recuperar esa tradición ou rehabilitala en si mesma. Diría que as referencias ao minimalismo son sobre todo formais, en termos dunha certa idea de rigor e de eficacia e de economía. (...) Idea dunha xeometría pedestre, dunha xeometría operatoria, sen transcendencia en si mesma". José Pedro Croft " (...) reúne circunstancias locais, como o uso do mármore, apropiacións culturais e un coñecemento profundo dun contexto posmoderno, cosmopolita, onde a liberdade artística permite que, nunha mesma obra, coincidan a verticalidade da columna sen fin de Brancusi e as piss painting de Andy Warhol".1

A súa obra marcou evidentemente os destinos da nova escultura portuguesa na década dos oitenta, ao lado de artistas como Manuel Rosa, Rui Sanches ou Pedro Cabrita Reis. Actualmente vive e traballa en Lisboa.

Recibiu o "Prémio Nacional de arte Pública Tabaqueira, Queluz" e o "Prémio EDP- Desenho".

A obra de Pedro Croft, forma parte de importantes coleccións e museos como: Fundação Calouste Gulbenkian (Lisboa), Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento (Lisboa), Ministerio de Cultura de Portugal, Fundação Serralves (Porto), Caixa General de Depósitos (Lisboa), Sintra Museu de Arte Moderna (Sintra), Museo Nacional, MNCARS (Madrid), Sammlung Albertina (Viena), Fundació La Caixa (Barcelona), Museo de Zamora, MEIAC (Badajoz), Colección Bienal de Escultura "Ciudad de Pamplona", Banco Central Europeo (Frankfurt) e ABANCA Colección de arte (A Coruña).


¹ José Pedro Croft(catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

CATÁLOGOS INDIVIDUAIS:

BLANCH, T.: "Parcelas de humildade e silêncio", en José Pedro Croft, Fundação Calouste Gulbenkian, Centro de Arte Moderna José de Azeredo Perdigao, Lisboa, 1991.

BLANCH, T.: "Alentos e cinzas", en A céu aberto: José Pedro Croft, Susana Solano, Fundação Serralves, Oporto, 1997.

BLANCH, T.: "Irritações da realidade", en José Pedro Croft, Galería Porta 33, Funchal, 1999.

BLANCH, T.: "Amnésia" (conversación con José Pedro Croft y Rui Sanches), en José Pedro Croft 1979-2002. Retrospectiva, Centro Cultural de Belém, Lisboa, 2002.

CASTRO CALDAS, M.: "Monumentos", en José Pedro Croft, Galería Luis Adelantado, Valencia, 1996.

CASTRO CALDAS, M.: "Dever de memória", en A céu aberto: José Pedro Croft, Susana Solano, Fundação de Serralves, Oporto, 1997.

CASTRO CALDAS, M.: "O modo egípcio", en José Pedro Croft 1979-2002. Retrospectiva, Centro Cultural de Belém, Lisboa, 2002.

CUTILEIRO, J.: "Escrever sobre um discípulo", en José Pedro Croft: escultura, Galería Diário de Notícias, Lisboa, 1983.

FARIA, O.: "Abismo y multiplicidad: un juego de espejos", en José Pedro Croft, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

FARIA, N.: "Entrevista com José Pedro Croft", en José Pedro Croft: Desenho, escultura, Museo da Cidade, Pavilhão Branco, Lisboa, 1999.

FARIA, N.: "Entrevista com José Pedro Croft/Entretien avec José Pedro Croft", en José Pedro Croft: Desenho, escultura/Dessin, sculpture, Instituto Camões, París, 1999.

FERNANDES DIAS, J. M.: "A nossa época...", en José Pedro Croft: escultura, Galería Leo, Lisboa, 1984.

FERNANDES JORGE, J. M.: "Os baixos relevos de José Pedro Croft...", en José Pedro Croft: escultura, Galería Leo, Lisboa, 1984.

FERNÁNDEZ-CID, M.: "Modos de mirar", en Cuadernos de viagem. José Pedro Croft, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

FRANCÉS, F.: "La sombra del espejo", en José Pedro Croft, Palacete del Embarcadero, Santander, 2000.

FRANCISCO PÉREZ, L.: "Secretas intenciones", en José Pedro Croft, Galería Athena, Barcelona, 1990.

GARCÍA, A.: "La realidad en cuestión. Esculturas y dibujos de José Pedro Croft", en José Pero Croft, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

GIL, J.: "A Aura do presente", en José Pedro Croft, Galería Atlântica, Oporto, Galería Diferença, Lisboa, 1989.

José Pedro Croft (catálogo), Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

MATOS DIAS, I.: "Encrucijadas de una mirada", en Cuadernos de viagem. José Pedro Croft, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, 2003.

MESQUITA, I.: "José Pedro Croft: juntando cosas", en José Pedro Croft, Centro Galego de Arte Contemporáneo, Santiago de Compostela, 2003.

MOLDER, M. F.: "Sobre as esculturas de José Pedro Croft", en José Pedro Croft, Galería Atlântica, Oporto; Galeria Alda Cortez, Lisboa, 1991.

MOURE, G.: "José Pedro Croft, sem título", en José Pedro Croft, Galería Quadrado Azul, Oporto, 1998.

PÉREZ, L. F.: "Secretas intenciones", en José Pedro Croft, Galeria Athena, Barcelona, 1990.

CATÁLOGOS COLECTIVOS:

ALMEIDA MATOS, L.: A figura humana na escultura portuguesa do séc. XX, Universidade do Porto, Oporto, 1998.

ALVES, M. V.: "Tempo e intemporalidade", en O ensino médico em lisboa no inicio do século: sete artistas contemporâneos evocam unha geração médica de 1911, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1999. 

ARTISTAS Extranjeros en las colecciones del Museo, MNCARS, Madrid, 1994.

AZEVEDO, F. de:"Há qualquer coisa que tem que ver com o exílio...", enArquipélago, SNBA, Lisboa, 1985.

BLANCH, T.: " Echo und Vergessen", en 7.Triennale der Kleinplastik 1998. Zeitgenössische Skulptur Europa Africa, Sudwest LB Forum, Stuttgart, 1998.

CAMERON, D.: " Unidos pela diferença. América, Europa & os anos 80", en Anos 80, Culturgest, Lisboa, 1998.

CARLOS, I.: " Para o entendimento da obra actual de José Pedro Croft...", en Depois de amanhã;, Centro Cultural de Belém, Lisboa, 1994.

CARLOS, I.: "José Pedro Croft", en Margens. Arte portuguesa contemporânea, Auditorio Municipal Vila do Conde, Vila do Conde, 1997.

CASTRO, X. A.: "Elogio del Granito. Isla de esculturas", en Isla de Esculturas, Illa da Xunqueira do Lérez, Pontevedra, Instituto de Arte Contemporânea, Lisboa, 2000.

CASTRO CALDAS, M.: " O trabalho escultórico de Croft centra-se... ", en Representação Portuguesa à XIX Bienal Internacional de São Paulo [s.l.],   1987 .

CASTRO CALDAS, M.: " Some Remarks on the Exhibition", en Tríptico, Festival Europália 91 Portugal, Museum van Hedendaagse Kunst, Amberes, 1991.

CASTRO CALDAS, M.: "3 escultores", en Tendências, Fórum Picoas, Lisboa, 1991.

CASTRO CALDAS, M.: " A Place in the East", en Silence to Light: Portuguese Contemporary Art, Watari-Um, Tokio, 1992.

CASTRO CALDAS, M.: "José Pedro Croft", en Obras da Colecção da Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento, Museu de José Malhoa, Caldas da Rainha, 1993.

CASTRO CALDAS, M.: "José Pedro Croft iniciou...", en Set sentits (Set artistes portuguesos a la colecció de la Fundaçao Luso-Americana para o Desenvolvimento ), Palau Robert, Barcelona, 1993. 

CASTRO CALDAS, M.: "José Pedro Croft", en O génio do olhar. Desenho como disciplina 1991-1999, Instituto de Arte Contemporânea, Lisboa, 2000.

CORRAL, M. de: "Anos 80", en Anos 80, Culturgest, Lisboa, 1998.

Encrucijada: Reflexiones en torno a la pintura actual, Dirección General de Archivos y Bibliotecas de la Consejaría de Cultura de la Comunidad de Madrid, Caja Madrid, Madrid, 2001.

FARIA, N.: " A quadratura do círculo", en Margens. Arte portuguesa contemporânea, Auditório Municipal Vila do Conde, Vila do Conde, 1997.

FERNANDES, J.: " Hors catalogue", en Hors catalogue, un projet de Gulbenkian à propos de sa colection, Maison de la Culture d'Amiens, Amians, 1996.

FERNANDES JORGE, J. M.; FREITAS, M. H. de: " Linhas de sombra", en Linhas de sombra, CAM/JAP, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1999.  

FONCÉ, J.: " Aspects de l'internationalisation de l'espace comme caractéristique majeure de la sculture moderne ", en Inside-Outside, Museum van Hedendaagse Kunst, Gante, 1987.

GARCÍA, J-M.: "Similitudes", en Set sentits (Set artistes portugesos a la colecció de la Fundaçao Lusa-Americana para o Desenvolvimento ), Palau Robert, Barcelona, 1993.

GONÇALVES, R. M.: " Esta exposição não pretende apresentar...", en 70/80, Arte Portuguesa  [s.l.], 1987.

GONÇALVES, R. M.: " Esta exposição assinala...", en Exposição de pintura e escultura do património da Caixa Geral de Depósitos, Ministério das Finanças [s.l.], 1989.

HUG, A.: "Die rote Burg", en Die rote Burg, zehn Kunstlerische Positionen zur Alhambra, Haus der Kulturen der Welt, Berlín, 1995. 

"José Pedro Croft", en 10 Contemporâneos, Fundação de Serralves, Oporto, 1991.

LIMA PINHARANDA, J.: " Propostas de entendimento de algumas linhas de produção escultórica, em Portugal, na segunda metade de século XX", en Fundação de Serralves: um museu português, Fundação de Serralves, Oporto, 1992.

LIMA PINHARANDA, J.: " Uma jóia é uma jóia, não é uma joia", en Ilegítimos: jóias portuguesas contemporâneas. Artefacto 3, Lisboa, 1993.

LIMA PINHARANDA, J.: " Sculpture and sculptors in Portugal at the End of the century ", en Linha de Costa, Contemporary Art form Portugal, Kunstlerwerkstatt, Múnich, 1997.

LIMA PINHARANDA, J.: "José Pedro Croft", en Colecção António Cachola, Arte portuguesa anos 80-90, MEIAC, Badajoz, 1999. 

LOBO ANTUNES, J.: "Qualquer interpretação ou comentário...", enO ensino médico em Lisboa no início do século: sete artistas contemporâneos evocam a generaçao médica de 1911, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1999.

MAIO F.: " Ver de novo, ver como ", en Arte Urbana, Exposição Mundial de Lisboa de 1998, Lisboa, 1998.

MELO, A.: "La frontera de globalització", en Última frontera: 7 artistes portuguesos, Centre d'Art Santa Mónica, Barcelona, 1990.

MELO, A.: " Protocolos da legitimidade", en Ilegítimos: joias portuguesas contemporâneas, Artefacto 3, Lisboa, 1993.

MELO, A.: "José Pedro Croft", en Perspectives, La Ferme du Buisson Centre d'Art Contemporain, Noisel, 1994. 

MELO, A.: "Ecos de Portugal", en Ecos de la materia, MEIAC, Badajoz, 1996.

MELO, A.: " O que é a Arte dos 'anos 80'?", en Anos 80, Culturgest, Lisboa, 1998. 

MOLDER, M. F.: " Arquipélago é um conjunto de ilhas", en Arquipélago, SNBA, Lisboa, 1985.

MOLDER, M. F.: " On José Pedro Croft's Sculptures ", en Tríptico, Festival Europália 91 Portugal, Museum van Hedendaagse Kunst, Gante, 1991.

MONTERROSO TEIXEIRA, J. de: " Nello Portogallo degli ani ottanta... ", en XLVI Biennale di Venezia, Venecia, 1995.

OLIVARES, R.: "Soy una piedra, soy una isla", en Isla de Esculturas, Illa da Xunqueira do Lérez, Pontevedra, Olivares & Asociados S.L., Madrid, 2000.

OLMO, S.: "Última frontera". En Última frontera: 7 artistas portugueses, Centre d'Art Santa Mònica, Barcelona, 1990.

PAZ BARROSO, E.: " Apresentação", en A escultura habita esta casa, Centro de Arte de São João da Madeira, San Juán de Madeira, 1989.

PINTO de ALMEIDA, B.: "Finisterra", en Finisterra, Galería Nasoni, Oporto, 1985.

PINTO de ALMEIDA, B.: " Não sabemos nada do que saja (ou possa ser) a arte...", en Há um minuto do mundo que passa, Fundaçao de Serralves, Oporto, 1991.

PINTO de ALMEIDA, B.: " Notas sobre la escultura portuguesa actual", en I Encontro de Escultúrica Ibérica Actual, Museo Provincial de Lugo, Lugo, 1994.

PINTO, A. M.: " Arte urbana: entre o espaço público e o espaço humano ", en Arte urbana, Exposição Mundial de Lisboa de 1998, Lisboa, 1998.

POMAR, A.: " Cinco esculturas em pedra ", en 5 esculturas em mármore, CEVALOS, Borba, 1998.

RODRIGUES, A.: " Um ponto de partida", en Prémio Jovem Escultura Unicer, Casa de Serralves, Oporto, 1988.

SANMARTÍN, J.: "Extremo Occidente", en Extremo Occidente. Arte portugués contemporáneo en la Fundaçao Calouste Gulbenkian, Rekalde, Bilbao, 1995.

SARDO, D.: " Longe e perto", en Longe e perto. Arte contemporânea portuguesa em colecções institucionais, Sala de Exposiciones de la Unión de Pintores de Ucrania, Kiev, 1998.

SOMMER RIBEIRO, J. y CALHAU, F.: "La présente exposition", en Le XXème au Portugal: peinture, sculpture, dessin, gravure, tapisserie, Centre Albert Borschette, Bruselas, 1986. 

SONNA, B.: " Linha de costa: Sliding into the Next Millennium", en Linha de Costa, Contemporary Art from Portugal, Kunstlerwerkstatt, Múnich, 1997.

THOMAS, M.: "Perspectives", en Perspectives, La Ferme du Buisson Centre d'Art Contemporain, Noisiel, 1994.

VANDENBREEDEN, J.: " Urban Pictures from an Exhibition ", en Ponton Temse, Museum van Hedendaagse Kunst, Gante, 1990.

VILA NOVA, I.: " As relações históricas privilegias... ", en Lisbonne aujourd'hui, Musée de Toulon, Toulon, 1988. 

ARTÍCULOS DE PRENSA (selección):

AMARO, M.: "ARCO, a polémica portuguesa", en O Jornal Ilustrado, Lisboa, 27 de agosto de 1991.

AZEVEDO TAVARES, C.: " O déjà vu ", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, Lisboa, 26 de octubre de 1994.

BARAHONA, A.: "José Pedro Croft:o silêncio da pedra", en Jornal das letras, Artes e Ideias, Lisboa, 3 de abril de 1984.

BORRAS, M. LL.: " La deconstrucción de la escultura ", en   La Vanguardia, Madrid, 11 de febrero de 2000.

BRITO, P.: "José Pedro Croft. A escola de Belas-Artes está ultrapassada" (entrevista), en Semanário, Lisboa 28 de noviembre de 1987.

CARLOS, I.: "José Pedro Croft", en Flash Art, Milán, mayo-junio, 1991.

CLEMENTE, J. L.: "De las perversiones espaciales de José Pedro Croft", en Arte y Parte, núm. 26, abril-mayo, 2000.

CORNET, P.: " De portugese identiteit in de Triptico-selectie ", en Kunst & Cultuur, septiembre, Amberes 1991.

"CROFT e Vasconcelos em Washington", en Público, Lisboa, 5 de abril de 2001.

" DESCENTRALIZAÇÃO pela arte em S. João da Madeira ", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, Lisboa, 5 de abril de 1988.

DIOGO, C.: " Um espaço para cada olhar", en Comércio de Macau, Macao, 18 de enero de 1992.

FARIA, O.: "José Pedro Croft, a educação do escultor " (entrevista), en Público, 4 de mayo de 2001.

FRANÇA, C.: " Nova escultura portuguesa ", en O primeiro de Janeiro, Oporto, 26 de octubre de 1988.

FRISACH, M.: " L'aer portuguès més renovador visita el Centre d'Art Santa Mònica", en Avui, Barcelona, 15 de marzo de 1990.

"José Pedro Croft e a sua escultura ", en A Capital, Lisboa, 21 de junio de 1982.

"José Pedro Croft", enArte y Parte, núm.20, 1999.

"José Pedro Croft inagura Galeria de Exposições do Instituto Camões em Paris", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, Lisboa, 1 de diciembre de 1999.

JOSELIT, D.: "Portugal: the Younger Generation ", en Art in America, Nueva York, septiembre, 1987.

LIMA PINHARANDA, J.: "José Pedro Croft: entre el cielo y la tierra", en Figura, enero, 1985.

LIMA PINHARANDA, J.: "ARCO'86em Madrid: presença portuguesa", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, Lisboa, 15 de abril de 1986.

MADERUELO, J.: "La contenida sobriedad de Croft", en El País,  28 de julio de 1997. 

MARCELIS, B.: " Inside-outside: Muhka, Musée d'Art Contemporain", en Art Press, noviembre, 1987.

MATOS CRISTÓVÃO, J.: " As tendências e os lobbies", en Sete, Lisboa, 1 de agosto de 1991.

MEGA FERREIRA, A.: " Enchente no Cabo Espichel ", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, 31 de julio de 1984.

MELO, A.: "Croft: um monumento para Zurique", en Expresso, 7 de febrero de 1986.

MELO, A.: "Dossier Portugal", en Flash Art, enero-febrero, 1988.

MELO, A.: "Qualques artistes contemporains portugais", en Art Press,  diciembre, 1988.

MELO, A.: " Land in zicht: die kunstsituatie in Lissabon ", en Arte Factum, 1 de enero de 1989.

MELO, A:: "Lisbon", en Contemporanea, febrero, 1990.

MELO, F.: " Convento em popa", en Visão,  13 de junio de 1995.

NAZARÉ, L.: "10 Contemporâneos", en Artes & Leilões,  diciembre, 1992.

PAZ BARROSO, E.: "José Pedro Croft - O futuro é todo nosso " (entrevista), en Jornal de Notícias,  11 de julio de 1985.

PINTO de ALMEIDA, B.: " Answers and inquires ", en Lápiz, núm.70, verano, 1990.

POMAR, A.: " Arquipélago", en Expresso,  30 de diciembre de 1985.

RACZ, G.: " Esculturas inglesas e portuguesas no Paço Imperial", en Beautiful Week, febreo, 1988.

ROCHA, L.: "Esculturas de Croft", en Diário de Notícias, 4 de diciembre de 1999.

ROSENGARTEN, R.: " Uma lança em Espanha", en Visão,  11 de noviembre de 1993.

RUIVO, A.: " Energias múltiplas: nove artistas numa exposição-concurso de pintura e desenho promovido pela EDP", en Expresso, 3 de noviembre de 2002.

RUIZ de SAMANIEGO, A.: "Croft, al borde de la nada", en ABC,  17 de mayo de 1999.

SANTOS, D.: "Anatomias", en O Independente, 26 de marzo de 1999.

TOJAL, N.: "José Pedro Croft, Escultura na pedra", en ABC, 3 de febrero de 1983.

"VENEZA: cem anos de arte moderna ", en Jornal de Letras, Artes e Ideias, 21 de junio de 1995.

VILA NOVA, I.: " Uma colectiva, sete individuais", en Publico,  28 de junio de 1994.

Ver menos 

Obras do artista