Minguillón, Julia

  (Lugo  1907 -  1965)

Os primeiros anos da pintora transcorreron en Vilanova de Lourenzá (Lugo), na súa casa familiar. Con nove anos trasladouse a Burgos, cunha irmá do seu pai, e posteriormente a Valladolid, onde asistiu ás súas primeiras clases de debuxo co profesor José Castrocires.

 En 1923 volveu a Lugo, e realizou o Retrato de Cascarilla, un lenzo polo que recibiu unha bolsa da Deputación de Lugo para poder realizar os estudos de Belas Artes na Escuela de San Fernando de Madrid. Alí estudou dous anos de escultura por decisión do profesorado, pero finalizado o segundo curso, decidiu non continuar e matricularse en pintura obtendo, aos 25 anos o título de Profesora de Dibujo y Pintura.

 De volta a Galicia, viviu a época da Guerra Civil cos seus pais, en Vilanova de Lourenzá, ata que casou en 1939 co redactor-xefe do diario lucense El Progreso, Francisco Leal Ínsua, e se trasladou a Lugo. Alí montou un estudo para pintar, simultaneando esta actividade con outras de carácter cultural. Un ano despois foi operada dunha doenza, polo que perdeu o fillo que esperaba. Durante a convalecencia pintou La Escuela de Doloriñas, cadro co que gañou a Primera Medalla na Exposición Nacional de 1941. Este premio abriulle as portas para realizar, nos anos posteriores, numerosas exposicións colectivas, nas que recibiu premios, como o de 1948, no Concurso Nacional de Pintura, Escultura y Grabado del Círculo de Bellas Artes, no que participara co cadro Juventud.


 En 1949 Francisco Leal foi nomeado director do Faro de Vigo, polo que se trasladarou á cidade olívica, onde Julia Minguillón foi proposta para ser membro da Real Academia Galega. Tres anos máis tarde realizou unha viaxe de catro semanas a París que, posteriormente, aumentou nunha estanza de cinco meses. Alí tomou apuntamentos e realizou algúns cadros, que expuso á súa volta, en 1954, na Sala Toisón de Madrid.

  A finais do ano 1955 pasou unha temporada na Coruña, dedicándose a pintar retratos para poder realizar unha viaxe a Guatemala. Os dous anos posteriores foron de preparación para esta viaxe. Seguiu pintando en Vigo, pero non realizou ningunha exposición. En 1958 chegou a Guatemala, onde residiu por un período de 15 meses, expoñendo e traballando na súa pintura.

 A última etapa da súa vida pasouna en Madrid, xa que o seu marido fora nomeado director da revista Mundo Hispánico en 1961. Na capital sufriu o falecemento do seu pai, e pouco despois, enfermou dun linfosarcoma que a levou á morte o 20 de agosto de 1965.

ALMAGRO SAN MARTÍN, M. de, en La Nación , Bos Aires, 1 de marzo de 1942.

ARISTAZÁBAL, M. de, en El Alcázar, 30 de novembro de 1954.

Arte Gallego en Caixa Galicia: en Lugo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo III). Julia Minguillón, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AZCOAGA, E., en Arte y Hogar, nº 18, 1945.

BARBERÁN, C., en Gaceta de Bellas Artes , agosto, 1934.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

CAMÓN AZNAR, J., en ABC, 28 de novembro de 1948.

CAMÓN AZNAR, J., en ABC, 26 de novembro de 1954.

CAMPOY, A.M.: Diccionario crítico del Arte Español contemporáneo, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

CARBALLO-CALERO RAMOS, Mª V.: Julia Minguillón, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1984.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

COBOS, A., en Diario Ya , 23 de decembro de 1954.

CONDE, C., en El Español , 17 de marzo de 1945.

CORA, A. de, en El Progreso , 10 de xuño de 1934.

CÓRDOBA, S., en Pueblo , 2 de decembro de 1948.

ESTÉVEZ-ORTEGA, E., en Esto, 31 de maio de 1934.

FILLOL, G., en Ahora, 6 de maio de 1934.

Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GALICIA: Panorama del Arte Moderno (catálogo), Banco de Bilbao, Madrid, 1982.

GALINSOGA, L. de, en ABC, 29 de maio de 1934.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

GONZÁLEZ RUANO, C., en Pueblo, 27 de novembro de 1954.

GONZÁLEZ RUANO, C., en ABC, 29 de xullo de 1964.

JIMÉNEZ-PLACER, F., en Diario Ya , 10 de decembro de 1941.

Julia Minguillón (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1991.

LAFUENTE FERRARI, E., en Vértice, extraordinario de 1941-1942.

LAÍNEZ ALCALÁ, R., en Pueblo, 19 de novembro de 1941.

LLOSENT Y MARAÑÓN, E., en Arriba , 14 de decembro de 1948.

LLOSENT Y MARAÑÓN, E., en Gran Mundo, 11 de decembro de 1954.

LÓPEZ IZQUIERDO, R., en La Nación , 3 de xullo de 1934.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍN VELÁZQUEZ, C.: Autorretrato: el pintor ante su imagen (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1997.

MATEOS, F., en La Tierra, 26 de maio de 1934.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

MONTERO ALONSO, J., en Madrid, 22 de xuño de 1964.

MOYA HUERTAS, M.: "La manera analista de Julia Minguillón ", en La Estafeta Literaria, 25 de marzo de 1945.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PABLOS, F.: Plástica gallega , Fundación Caixa Vigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: Colección de arte Adriano Marqués de Magallanes (catálogo), Concello de Vigo, Pontevedra, 1992.

PANTORBA, B. de: Historia y crítica de las exposiciones nacionales de Bellas Artes , Madrid, 1980.

PASCUAL, A.M., en El Español , 3 de marzo de 1945.

PRADOS LÓPEZ, J., en Pueblo, 22 de febreiro de 1945.

RIVERO, C., en Hoja del Lunes , Madrid, 8 de xuño de 1964.

RODRÍGUEZ FILLOY, B., en Arriba, 19 de novembro de 1941.

ROMERO ARCHIDONA, E., en El Pueblo Gallego , 25 de maio de 1951.

SARMIENTO, R.: "Da arte inexistente ás imaxes de muller", en A arte inexistente. As artistas galegas do século XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

SESTO, J., en Faro de Vigo, 24 de maio de 1951.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "La Edad Contemporánea ", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

TOMÁS, M., en Madrid, 1 de decembro de 1954.

TORRE, G. de, en Diablo Mundo, 2 de xuño de 1934.

TRABAZO, L., en Misión, 3 de marzo de 1945.

TRAPERO PARDO, J., en El Progreso , 11 de febreiro de 1945.

TRENAS, J., en La Hora , 17 de decembro de 1948.

Ver menos