Sanjurjo, Julio

  (A Coruña  1958 - )
  Web artista: http://www.juliosanjurjo.com/curriculum2.asp?P=0&ID=1&IDM=0

Naceu na Coruña, pero formouse artisticamente en Madrid, onde se licenciou en Bellas Artes pola Universidad Complutense. 

Durante algúns anos dedicouse á ensinanza, profesión que abandonou para dedicarse integramente á pintura. Comezou a súa traxectoria en 1995, realizando unha serie de exposicións individuais e colectivas en espazos como a Sala Toral de Santiago, o Concello de Oleiros, ou a Casa de Galicia e a Galería Jorge Albero de Madrid.

A natureza é a súa gran fonte de inspiración. Absorbe a súa esencia mediante unha pincelada rápida e precisa sobre a base de estuco. Na súa obra alterna liñas e manchas, figuras e fondos, paixón e calma, en cadros de mediano e gran formato, nos que aglutina, ademais dunha coidada técnica, a plasmación de vivencias persoais e relatos en clave neofigurativa, dentro dunha coidada estruturación organizativa do espazo.

Sanjurjo é capaz de crear espazos nos que o espectador parece sentirse representado, participando da escena. Son obras nas que a cor, sempre en gamas de convivencia harmónica, a imaxe e o espazo reflicten atmósferas cheas dun simbolismo lírico e intimista.

 A súa obra forma parte de importantes coleccións como: Fondos Artísticos do Concello de Oleiros, Colección Fadesa, Colección Casa de Galicia (Madrid), Xunta de Galicia, Fondos do Casino do Atlántico (A Coruña),  Pazo de Congresos (A Coruña), Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, Hospital Abente y Lago (Sergas, A Coruña),  Hospital Virxe da Xunqueira (Cee, A Coruña), etre outras.

"A costa da morte en A Coruña", en La Voz de Galicia, 20 de novembro de 1999.

COUSELO, X.: "Entrevista con Julio Sanjurjo", en El Ideal Gallego, 9 de marzo de 1998.

"Una exposición vincula Cataluña con Galicia a través del arte y la cartografía ", en El Ideal Gallego, 16 de xaneiro de 1998.

G.M.: "Julio Sanjurjo y Bea Rey exponen en la Casa de Galicia de Madrid ", en Galicia en el Mundo,  17-23 de marzo de 1998.

GÓMEZ, A.: "Julio Sanjurjo Aler expone en el Casino del Atlántico. El fin del arte es compartir ", en El Ideal Gallego, 21 de decembro de 1995.

"Instinto Básico en el bosque ", en ARTE.

J.R.N.: "Julio Sanjurjo: en busca del arte clásico ", en El Punto de las Artes, 13-19 de marzo de 1998.

Julio Sanjurjo (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1998.

Julio Sanjurjo: olores del bosque (catálogo), Galería de Arte Paz Feliz, Madrid, 2001.

Julio Sanjurjo: recuerdos de un paseo (catálogo), Galería de Arte Paz Feliz, Madrid, 2003.

"Julio Sanjurjo inaugura el viernes en A Coruña su exposición inspirada en  A Costa da Morte", en El Correo Gallego, 15 de novembro de 1999.

LÓPEZ, R.: "Toral Anticuarios inaugura unha mostra de dous escultores e dúas pintoras", en El Correo Gallego, 14 de abril de 1989.

LÓPEZ PIÑEIRO, X.A.: "O primitivismo de Julio Sanjurjo Aler", en El Ideal Gallego, 23 de febreiro de 1997.

MALLO, A.: "Julio Sanjurjo: un artista plástico con influencias poéticas", en O Correo Galego, 2 de xaneiro de 1996.

MALLO, A.: " As rochas, na nova temática do pintor Sanjurjo", en O Correo Galego, 19 de novembro de 1999.

"Pinturas inspiradas y viajes a pies de Vesubio ", en El Correo Gallego, 20 de novembro de 1999.

SARMIENTO, R.: "Desde una firme salida ", en La Voz de Galicia, 7 de xaneiro de 1996.

TOBA BLANCO. E., en Sala Winterthur, A Coruña, 1999.

Ver menos