Gordillo, Luis

  (Sevilla  1934 - )

Naceu en Sevilla en 1934. Realizou a carreira de Dereito e profundizou no estudo da Música. No ano 1955 ingresou na Escuela de Bellas Artes de Sevilla, onde permaneceu dous anos. Importante no período formativo foi unha viaxe realizada a París no ano 1958, onde coñeceu a vangarda artística europea, interesándose por Wols, Dubuffet e Fautrier.

Luis Gordillo viviu o momento de despunte da cultura española tras corenta anos de illamento. Nos anos 50 a situación artística do país dinamizouse coa aparición de varios grupos de artistas. Millares fundou LANDAC (Los Arqueros del Arte Contemporáneo), Fermín Aguayo, o grupo Pórtico de Zaragoza, Juli Ramis, Modesto Ciruelos, Eusebio Sempere, Jorge Oteiza, Eduardo Chillida e Enric Planasdurá, a Escuela Altamira, Pablo Palazuelo, Esteban Vicente e José Guerrero incorporáronse á escena parisina véndose implicados directamente na Escuela de Nueva York. Tàpies fomentou a creación dunha escola de abstracción barcelonesa que influiu a outros puntos da Península, e creou o Grupo El Paso (Saura e Millares). Na zona de Valencia xurdiu o Centro Cultural da Cueva Parpalló e en París, a partir da tradición construtivista, creou o Equipo 57. Por outra parte esta xeración de artistas atopou un medio de promoción nas  Bienales Hispanoamericanas de Arte e as exposicións que se realizaban a nivel internacional1.  Luis Gordillo xorde desta tradición e fai de ponte entre a xeración informalista e a figuración dos 70. O auxe da arte conceptual nesta década desfavoreceu á pintura, e Gordillo foi un dos grandes damnificados. En palabras de Dan Cameron "unha vez que a arte se puxo de moda, cara 1985, deuse moi pouco apoio a figuras como Gordillo, sen a súa obra as creacións de Cobo e García Sevilla, de Barceló ou Sicilia eran impensables. A consecuencia de todo isto é unha situación paradóxica: o mestre como marxinado"2.

Comezou realizando uns debuxos abstractos e surrealista a finais dos anos 50. Na época de París pintou as súas primeiras obras informalistas, influído pola "Art Autre" (que tiña o seu teórico en Michel Tapié). En 1962 fusionou a figuración de Bacon, Giacometti, el Pop americano e o normativismo xeométrico. Neste momento realizou as series Cabezas (1963-1966) e Automovilistas. Nesta utilizou imaxes dos mass-media (ténicas de seriación e repetición), para transmitir unha actitude crítica e irónica fronte á sociedade de consumo. Desta serie comentou Gordillo "os homes vespa/os automovilistas (...) concretara o home tecnificado en movemento, ao home standart da nosa sociedade"3. En Cabezas a unidade psíquica é o material de traballo fundamental.

Despois da serie de automovilistas entra en crise: "Internárame por un camiño que  conducía a un terreo que no fondo detestaba: o construtivismo"4. En 1967 pasou a formar parte do grupo "Nueva Generación" promovido polo pintor e crítico Juan Antonio Aguirre, integrándose no sector máis pictoricista xunto a Alberto Greco e Ronulo Macció. Nesta etapa trata a imaxe dende un punto de vista xeométrico descompoñéndoa e reconfigurándoa. En 1969 reflexiona de novo sobre as súas consideracións e realiza a serie de "dibujos automáticos" -exposta na Galería Juana Aizpuru en 1971- na que libera ao debuxo das estruturas cerradas, potenciándoo cun fluxo continuo entre este e a cor. A súa actitude nesta época definiuna como de "rebeldía do supereu, como unha retranca defensiva fronte a unha ética que, por absoluta e dictatorial, fora destrutiva".

Data importante para o recoñecemento do  seu traballo foi o ano 1974, cando se levou a cabo a súa primeira mostra antolóxica no Centro M-11 de Sevilla. A partir deste momento houbo un intento de recapacitar por parte do mundo artístico. En 1977 realizouse outra exposición antolóxica, esta vez promocionada pola Dirección General de Bellas Artes. 

Nos anos 80 a figuración esvaécese para potenciar a carga simbólica. A serie Azul-gris-blanca (1983) presenta unha arte simple e complexa á vez na que a escala reducida de cores contrasta cos esaxerados cambios de tamaño e coa diversidade de técnicas utilizadas. En 1984 presentou a serie Duetos,  na que se somerxe na idea de abstracción decorativa á vez que afonda nun concepto cualitativo de orde sintética. No ano 1986, xorde unha nova enerxía que denomina TIC e define como unha liña idiosincrásica que empeza a errar espontaneamente. Recorre á visión do labirinto que transforma nun paraiso encontrado, representando de forma lineal a vitalidade orgánica. En 1988 opta pola condensación: intenta dicir moito nun espazo e tempo limitados. Este novo afán responde ao inminente "fin do milenio". No ano 1989 introduce un novo elemento na súa obra: o cadro de múltiples unidades de distinto tamaño que manteñen relacións estables coa unidade ou unidades centrais. Guiado por un espírito de contradición leva ao límite a pintura empregando todo o seu potencial como instalación. Ao longo dos anos 90 a súa arte segue un proceso natural de cambio, sen responder a un programa conscientemente elaborado. A súa concepción das series ten un final moito máis aberto e chega a empregar a imaxe fotográfica como medio expresivo.

Nas súas propias palabras, os seus traballos: "tiñan algo que ver con Klee e coa obra dos grandes pintores abstractos americanos cando arredor dos corenta estaban asimilando a estética dos mestres europeos como Miró, Masson ou Matta, había neles un visceralismo moi insistente e un desexo de organización por amontoamentos "celulares", "especie de automatismo", esa morfoloxía producida por un certo azar"5

Gordillo, é un fillo do seu tempo. En palabras de Dan Cameron, fai unha interpretación "con sabor a comida basura", do "mundo fragmentado, sintético e estridente que creamos para satisfacer a nosa incansable busca de confort é tan natural como calquera paisaxe que describa o sublime". Busca enfatizar que o inconsciente persoal e colectivo se forma a partir da cultura da imaxe, televisiva e publicitaria, que se une aos "mundos interiores" -"revelados polo microscopio ou polo sofá do psicoanalista". A psicoanálise sérvelle como materia prima de construción.

Ao longo da súa traxectoria artística recibiu premios como o Premio Nacional de Artes Plásticas (1981), Premio Andalucía de Artes Plásticas (1991) e o da Comunidad de Madrid a la Creación Plástica (1991).   
   
A súa obra forma parte de importantes coleccións do MNCARS (Madrid), Colección Chase Manhattan Bank, Colección Banco Exterior de España, Museo de Arte Contemporáneo (Vitoria), Museo de Arte Contemporáneo (Sevilla), Museo de Arte Abstracto (Cuenca) e no Museo de Bellas Artes (Bilbao).


1 A primeira data do ano 1951. Dende o primeiro momento expoñen todos estes autores protagonistas dun cambio fundamental na expresión artística do momento, que dá pé a duras polémicas. Realizáronse tres edicións máis. Dentro desta iniciativa cultural-propagandística participan na Bienal de Sâo Paulo e Venecia (1958-59) e nos anos sesenta presentan, en conxura cos EEUU, "New Spanish Painting and Sculpture " no MOMA e "Before Picasso, After Miró" no Guggenheim Museum.

2 CAMERON, D.: Luis Gordillo. Los años ochenta, Ediciones Tabapress, Madrid, 1991.

3 GORDILLO, L.: "Textos y dibujos " (selección de Antón Patiño), en Microfisuras, núm. 6, 1997.

4 Op. cit.

5 GORDILLO, L.: "El proceso del deseo ", en Luis Gordillo. Los años ochenta, Ediciones Tabapress, Madrid, 1991.

AENA Colección de Arte Contemporáneo (catálogo), Fundación Aena, Valencia, 1998.

AGUIRRE, J. A.: "Luis Gordillo", en Gaceta Universitaria, novembro, 1966.

AGUIRRE, J. A.: "Pintura de Luis Gordillo, labor de síntesis y postura ética ", en Artes 80,  decembro, 1966.

AGUIRRE, J. A:: "Luis Gordillo o la coherencia existencial y dimensional ", en Goya, decembro, 1966.

AGUIRRE, J. A.: "Significado de esta exposición ", en Nueva Generación (catálogo), Sala Amadís, Madrid, 1967.

AGUIRRE, J. A:: "Las últimas obras " (catálogo), Galería Vandrés, Madrid, 1972.

AGUIRRE, J. A.: Introducción y notas críticas al catálogo de la exposición en las Salas de Exposiciones de la Dirección General de Patrimonio Artístico y Cultural, Madrid, 1977.

AGUIRRE, J. A.: Texto para el catálogo del MEAC, Segunda Serie Roja, Madrid, 1986.

AGUIRRE, J. A.: "Referencias para los 70", Texto para el catálogo de la catálogo de la exposición de la Comunidad de Madrid, 1990.

AGUIRRE, J. A.; BONET, J. M.; NAVARRO, M.: 1789-1989. De Messidor a Thermidor (catálogo), Galería Seiquer, Madrid, 1989.

AGUIRRE, J. A.; BONET, J. M.; NAVARRO, M.: Spanish Masterpieces of the 20th Century (catálogo), The Seibu Museum of Art, Tokio, 1989.

AGUIRRE, J. A.; BONET, J. M.; NAVARRO, M.: Luis Gordillo en la torre. Fotos procesos y transformaciones (catálogo), Sevilla.

ALAMINOS, E.: "Elementos desordenados ante la práctica de Luis Gordillo (I)", en Artes Plásticas, núm. 14, xaneiro, 1977.

ALAMINOS, E.: "Aspectos de la pintura de Luis Gordillo (II)", en Artes Plásticas, núm. 15, febreiro, 1977.

ALBERTAZZI, L.: "Espagne Aujourd'hui", en Galeries Magazine,  febreiro, 1987.

ALVÁREZ ENJUTO, J. M:: "Dédalos inaccesibles en el final de unos gestos divertidos", Texto do catálogo da exposición na Galería Lienzo y Papel, Sevilla, 1989.

AMESTOY, S.: "Los pasos perdidos ", Texto para o catálogo da exposición da Comunidad de Madrid.

AMÓN, S.: "¿Es posible el Gordillismo?", en El País, outubro, 1976.

BERNIKOW, L. ; SENNET, T.: "An Inside look at the new Madrid", en European Travel and Life decembro, 1985.

BONET, J. M.: "Oráculo manual sobre Luis Gordillo ", en Luis Gordillo (catálogo), Galería Maeght, Barcelona, 1976.

BONET, J. M.: "La pintura de Luis Gordillo ", no catálogo da Galería Vandrés, Madrid, 1975.

BONET, J. M.: "Gordillo revisitado ", en Tinta China, núm. 8, agosto, 1983.

BONET, J. M.: "Tres notas sobre Luis Gordillo", en Tres generaciones de pintores sevillanos (catálogo), Universidad de verano de Baeza, Baeza, 1983.

BONET, J. M.: Texto de presentación en Pintura moderna española (catálogo), Pinacoteca Nacional, Atenas, 1984.

BONET, J. M.: "5 Madrid Painters: Luis Gordillo, Manolo Queijido, Miguel Ángel Campano, Juan Navarro Baldeweg, Alfonso Albacete ", en Studio 1007, 1984.

BONET, J. M.: Catalogue introduction for the exhibition "Pintura Moderna española", National Art Gallery, Atenas, 1984.

BONET, J. M.: "Arte actual, Andalucía puerta de Europa", Texto para o catálogo da exposición organizada pola Junta de Andalucía no Palacio de Exposiciones IFEMA, Madrid, 1985.

BONET, J. M.: "Volver a mirar ", en Chema Cobo, Luis Gordillo, G. P. Villalta (catálogo), Madrid, 1987.

BONET, J. M.: "Gordillo en 20 fragmentos", en El Europeo.

BONET, J. M.: "Luis Gordillo en el laberinto", en Blanco y Negro , 8 de xullo de 1990.

BONET, J. M.: "Un cierto Madrid de los 70 ", texto para a exposición da Comunidad de Madrid, 1990.

BONET CORREA, A.: "Sevilla panorama artístico del siglo XX ", en Los Andaluces, 1980. 

BONET CORREA, A.: "La nueva pintura sevillana ", en Pinturas de Sevilla 82 (catálogo), Ministerio de Cultura, Museo de Arte Contemporáneo, Sevilla, 1982.

BONET CORREA, A.: Luis Gordillo (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1995.

BORJA, M.: "The new Spanish Art", en After Picasso. Tapies, Gordillo, Guerrero (catálogo), Nova York, 1987.

BORRAS, M. L.: "Luis Gordillo, creador nato", en La Vanguardia, 12 de abril de 1988.

BOZAL, V.: "El arte en los años 80", en Historia Universal, núm. 36, Editorial Siglo XX, Madrid, 1986.

BREA, J. L:: "Pesanervios Gordillo", no catálogo dol VII Salón de los 16, Madrid, 1987.

BULNES, P.: "Gordillo", en la Gaceta del Arte,  febreiro, 1975.

BUMPUS, J.: "New Spanish Figuration ", en Art 3 Artist, agosto, 1982.

CALVO SERRALLER, F.: "Luis Gordillo, Alma Nok", en El País, 21 de febreiro de 1981.

CALVO SERRALLER, F.. "Hacer y deshacer de Luis Gordillo", texto de presentación para o catálogo da exposición no Museo de Bellas Artes de Bilbao, Bilbao, 1981.

CALVO SERRALLER, F.: Luis Gordillo, Theo Ediciones, Madrid, 1981.

CALVO SERRALLER, F.: "Contemporary Spanish Figurative painting: A New image?", en New Spanish Figuration  (catálogo), Kettle's Yard Gallery, Cambrigde, 1982.

CALVO SERRALLER, F.: "Dibujos de Luis Gordillo: la memoria como collage", Fernando Vijande Editor S. A., Madrid, 1982.

CALVO SERRALLER, F.: "La purga de los 60", en Lápiz, núm. 23, febreiro, 1985.

CALVO SERRALLER, F.: "De espaldas y pintando hacia delante. Luis Gordillo. Últimas variaciones pictóricas ", en Luis Gordillo, Pinturas 1982-1984 (catálogo), Galería Fernando Vijande, Madrid, 1985.

CALVO SERRALLER, F.: España, medio siglo de arte de vanguardia , 1939-1985, Ministerio de Cultura, Fundación Santillana, Madrid, 1985.

CALVO SERRALER, F.; FRANCISCO y AYLLON, J.: La presencia de la realidad en el Arte Español Contemporáneo (catálogo), Ministerio de Asuntos Exteriores, Ministerio de Cultura, Madrid, 1986.

CALVO SERRALER, F.: Luis Gordillo, Editorial León, Madrid, 1986.

CALVO SERRALLER, F.: "Viaje a ninguna parte ", en El País, 2 de febreiro de 1987.

CALVO SERRALER, F.: "Les colonnes d'Hercule et la fin du monde", en L'imagination nouvelle, les années 70-80 (catálogo), MAM, París, 1987.

CALVO SERRALLER, F.; VÁZQUEZ DE PARGA: "Contra la Naturaleza. 1960-1970", en Naturalezas españolas 1940-1987 (catálogo), Centro de Arte Reina Sofía, Madrid, 1987.

CALVO SERRALLER, F.: "El arte visto por los artistas ", Alfaguara, Madrid, 1987.

CALVO SERRALLER, F.: Del futuro al pasado. Vanguardia y tradición en el arte español contemporáneo , Alianza Forma, Alianza Editorial, Madrid, 1988.  

CALVO SERRALLER, F.: "Regreso al origen ", texto do catálogo publicado pola Galería Hasenclever, Munich, 1990.

CAMERON, D.: "Report from Spain ", en Art in America,  febreiro, 1985.

CAMERON, D.: "Inscripciones de energía en la obra de Gordillo ", en Luis Gordillo (catálogo), Galería Soledad Lorenzo, Madrid, 1987.

CAMERON, D.: Luis Gordillo. Los años ochenta, Ediciones Tabapress, Madrid, 1991.

CAMERON, D.: Luis Gordillo: Obra reciente (catálogo), Galería Marlborough, Madrid, 1992.

Colección de Arte Contemporáneo, Fundación para el Apoyo de la Cultura, Madrid, 1991.

COMBALIA, V.: "Luis Gordillo o la crisis como impulso ", en La Vanguardia, 18 de febreiro de 1981.

COMBALIA, V.:"Enfriar las emociones ", en El País, 23 de abril de 1988.

CORRAL, M.: Texto para el catálogo de la exposición de la colección de la Fundación Caixa de Pensiones en Manheim y Dusseldorf, 1989.

CORREDOR MATHEOS, J.: Luis Gordillo, Colección Banco Urquijo, Madrid, 1982.

FERNÁNDEZ CID, M.: "La duplicidad, el otro ", en Menos 15, verán, 1985.

FERNÁNDEZ CID, M.: "Una historia reciente ", Texto para o catálogo dos fondos da Fundación Juan March, 1990.

FERNÁNDEZ, H.: "El nudo Gordillo", en El Europeo 1, maio, 1988.

FERNÁNDEZ MOLINA, A.: "El testimonio de una radical sinceridad ", en El Día,  maio, 1983.

FULEA, F.: "Gordillo en una trayectoria perceptiva ", en Bellas Artes, núm. 55, xaneiro, 1977.

GÁLLEGO, J.: "Adefesios, esperpentos y mamarrachos ", en Insula, núm. 367, xuño, 1977.

GÁLLEGO, J.: "Pintores andaluces desde 1900", en Pintores andaluces desde 1900 (catálogo), Banco de Granada, Granada, 1978.

GÁLLEGO, J.: "De Miró a Gordillo", en Pintura moderna española (catálogo), Pinacoteca Nacional, Atenas, 1984.

GÁLLEGO, J.: "Desde Picasso hasta hoy ", en Arte contemporánea Espanhola; reservas do MEAC (catálogo), Fundación Calouste Gulbenkian: Lisboa, 1986.

GÁLLEGO, J.: "Los movimientos pictóricos del siglo XX y su relación con el coleccionismo de arte en España", en Tesoros de las Colecciones particulares madrileñas (catálogo), 1989.

GARCÍA, A.: "Diálogo con Luis Gordillo", en Lo Spazio Humano, núm. 6, xaneiro, 1983.

GARCÍA, A.: "Luis Gordillo", en Artforum International, verano, 1985.

GARCÍA, A.: Texto de presentación en Presentación española en la XVIII Bienal de Sao Paulo (catálogo), Sao Paulo, Sao Paulo, 1985.

GARCÍA, A.: Periferias (catálogo), Centro Cultural de la Villa, Madrid, 1986.

GIRALT MIRACLE, D.: Luis Gordillo, Destino, Barcelona, 1972.

GONZÁLEZ GARCÍA, A.: "Cortar por lo sano ", en El Europeo, maio, 1988.

GORDILLO, L.: "Alusiones ma non troppo ", en Chema Cobo, Luis Gordillo y G. P. Villalta (catálogo), Galería Fernando Vijande, Madrid, 1987.

GORDILLO, L.: "Textos y dibujos " (selección de Antón Patiño), en Microfisuras, núm. 6, 1997.

GUERRA, A.: Presentación del libro Luis Gordillo, en El País, 28 de maio de 1986.

HAGLUND, E.: "Luis Gordillo et son double", en XXème Siècle, núm. 51, decembro, 1978.

HAGLUND, E.: "Luis Gordillo2, en Kalejdoskop, núm. 5 e 6, 1979.

HIRUTA, H.: Reportaje en Atelier, núm. 718, 1986.

HUICI, F.: "Presencia  de Luis Gordillo", en El País, 2 de febreiro de 1985.

HUICI, F.: "Luis Gordillo, un quiebro magistral hacia la pintura ", en El País, 16 de febreiro de 1985.

HUICI, F.: "El fantasma de la libertad ", en El País, 31 outubro de 1985.

HUICI, F.: "Meandros fragmentados ", en El País, 18 de novembro de 1989.

HUICI, F.: "De tripas corazón ", en El País, 23 de xuño de 1990.

HUSER, Fr.: "Beaux Arts. Saura, Gordillo, Equipo Crónica, Barjola", en Le Nouvel Observateur, xuño, 1982.

LEWISON, J.: "Spanish Art - A View from the Outside", en New Spanish Figuration (catálogo), Kettle's Yard Gallery, Cambridge, 1982.

Luis Gordillo (catálogo), Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural, Madrid, 1977.

Luis Gordillo: Premio nacional de artes plásticas, 1981 (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Ministerio de Cultura, Madrid, 1982.

"Luis Gordillo", en Flash Art, núm.106, febreiro, 1982.

"LUIS Gordillo", en Arte y Parte, núm.4, 1996.

"LUIS Gordillo", en Arte y Parte, núm.2, 1996.

Luis Gordillo (catálogo), IVAM, Valencia, 1993.

JANUSZEZAK, W.: "New Spanish Figuration", en The Guardian , 7 de setembro de 1982.

JIMÉNEZ, J.: "La imagen tachada ", en Luis Gordillo (catálogo), MACUF, A Coruña, 1997.

MARCHÁN FIZ, S.: "La apropiación pictórica de Luis Gordillo ", en Gordillo 1958 - 1974 (catálogo), Centro de Arte M - 11, Sevilla, 1974.

MARCHÁN FIZ, S.: "Acotaciones a la obra de Luis Gordillo", en Guadalimar, núm.16, outubro, 1976.

MARCHÁN FIZ, S.: Del arte objetual al arte del concepto, Akal, arte y estética, Madrid, 1988.

MARCHÁN FIZ, S.: "Los años 70 entre los nuevos medios y la recuperación pictórica ", texto para el catálogo de la Comunidad de Madrid.

MARTI FONT, J. M.: "Fernando Vijande - Marchante de si y de lo ajeno ", en Suplemento Dominical; El País, 16 de marzo de 1986.

MARTÍN, F.: "Luis Gordillo, un expresionista biológico ", en 10 pintores andaluces.

MOURE, Gl.: "Luis Gordillo, la figura a través de su degradación ", en Batik, novembro, 1976.

MOURE, Gl.: "Sobre otras figuraciones ", en El Noticiero Universal, xaneiro, 1982.

NAVARRO, M.: "Su museo particular ", en El País Semanal, 11 de xuño de 1989.

OLIVARES, R.:"Entrevista con Luis Gordillo", en Lápiz, núm.10, noviembre, 1983.

OLIVARES, R.: "Luis Gordillo, (entrevista)", en Lápiz, núm.82-83, 1992.

OLIVARES, R.: "Luis Gordillo. Los años ochenta ", en Lápiz, núm.85, 1992.

OLIVARES, R.: "Luis Gordillo (1982-1996) quince años de Arte. La cabeza y el estómago", en Lápiz, núm.125, 1997.

ORTEGA, C.: "Jugar a romper las cosas ", en Arteguía, núm.56, verán, 1990.

ORTEGA, C.: Conferencia sobre Luis Gordillo en Doce artistas de vanguardia en el Museo del Prado , Mondadori, Madrid, 1990.

PALAZUELO, P.: "Comentarios de Palazuelo a las notas de Gordillo", en el catálogo de la Galería Edurne, Madrid, 1975.

PALAZUELO, P.: "En el camino de Gordillo", en Luis Gordillo (catálogo), Galería Maeght, Barcelona, 1976.

PASCALE, B.: "Cinq siècles d'art espagnol", en Beaux Arts,  outubro, 1987.

20 pintores españoles contemporáneos en la colección del Banco de España, Madrid, 1990.

POWER, K.: "Un sentido de medida", en Pintores y escultores españoles 1981-1986 (catálogo), La Caixa, Madrid, 1986.

RÍOS, J.: Constellation alphabétique. Ecritures dans la peinture, Centre National des Arts Plastiques, Villa Arson, 1984.

RIVAS, F.: Entrevista realizada para El Pais, Itsmo, Madrid, 1980.

RIVAS, F.: "Luis Gordillo. De espaldas y pintando hacia delante ", en Pueblo, 2 de outubro de 1981.

RIVAS, F.: "Todo eso que llamamos collage ", en Papiers collés, collages (catálogo), Universidad de Valencia, Valencia, 1987.

ROSE, B.; ENDERS, G.: "The new Spain ", en Vogue (América), febreiro, 1986.

ROSE, B.: "Fernande Vijande, portrait of an Avant Garde Gallery", en Fernando Vijande: History of a Spanish Avant Garde Gallery (catálogo), The Spanish Institute, Nova York, 1988.

RUSELL TAYLOR, J.: "Headlong Flight from Ghastly Good Taste ", en The Times, 20 de xullo de 1982.

SANTOS AMESTOY, D.: "Gordillo", en Pueblo, 13 de noviembre de 1981.

SCHAFFNER, W.: Texto en Arroyo, Gordillo, Villalba (catálogo), Galería Hasenclever, Munich, 1989.

SHEPHERD, M.: "Spanish Blend ", en Sunday Telegraph, 25 de xullo de 1982.

SOLER, J.: "Periferias: Un encuentro de las actuales tendencias de la abstracción y la figuración ", en Diario 16, 12 de marzo de 1986.

SPIEGEL, O.: "Gordillo, la nostalgia del informalismo ", en La Vanguardia, 12 de abril de 1988.

TAGER, A.: "Spain's Lost Generation: The artists of La Nueva Figuración ", en The Journal of Art,  febreiro, 1990.

TEIXIDOR, J.: "Luis Gordillo, (entrevista)", en Lápiz, núm.99-100-101, 1994.

TIO BELLIDO, R.: "Madrid - Barcelona: notes de voyage", en Axe Sud, núm.3, xaneiro, 1982.

TUCKER, N.; FULLER, S.: "Rioja round the clock ", en Harpers and Queens,  xaneiro1986.

TURCKHEIM, I.: "Madrid en marche", en Beaux Arts Magazine, núm. 34, abril, 1986.

URRUTIA, A.: "Peinture espagnole 1940-1980 repères. Luis Gordillo", en Art Press, núm.56, febreiro, 1982.

URRUTIA, A.: Texto de presentación para Quatre images séditeuses (catálogo), Fondation du Château de Jau, Cases-de-Penne, 1982.

Ver menos