Abelenda Zapata, Manuel

  (A Coruña  1889 - Perillo, A Coruña  1957)

De comezos autodidactas a súa formación pictórica pasa, nunha segunda etapa, pola Escola de Artes e Oficios da Coruña onde obtén brillantes cualificacións. No ano 1908 grazas a unha subvención do Concello e posteriormente da Deputación da Coruña, poderá ampliar a súa formación en Madrid co ingreso como alumno na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado. En 1913 é pensionado pola Academia de BB.AA. da Coruña en Roma. Posteriormente exporá en Madrid, Barcelona, Vigo e Pontevedra.

No ano 1923 casa cunha moza chamada Obdulia Freire Mariñas, natural da parroquia de Perillo, onde fixarán a súa residencia. Isto influirá de maneira importante no artista, que comezará a ter contacto directo coa natureza e o ambiente rural e mariñeiro desta zona. Dende este momento a paisaxe convértese nunha constante da súa obra, chegando a ser considerado un dos mellores paisaxistas da súa época.

No ano 1930 consegue outra bolsa da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña, tendo a oportunidade de volver a Italia, e de visitar museos, pinacotecas e exposicións en Bélxica, Francia e Suíza. En 1941 a Academia Provincial de Belas Artes da Coruña noméao académico de número adscrito á sección de pintura. Obtén unha terceira medalla pola súa paisaxe Mañana de octubre desde mi estudio na Exposición Nacional de Belas Artes e en 1946 é nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. Continúa realizando diversas exposicións ata que o 20 de febreiro de 1957 morre repentinamente na súa casa de Perillo. A obra de Manuel Abelenda, moi cercana na súa liña estilística a Francisco Lloréns, non chega, non obstante, a afondar nos estudos cromáticos do seu inspirador. Foi, de todas formas, un prolífico pintor que cultivou o xénero paisaxístico de forma preeminente. A súa obra é un relato de escenarios, rías, bosques e arboredos que envolve en brumas ou cálidas luces do amencer e converte en testemuñas da suavidade da xeografía galega. A súa forma sintética de pintar responde á súa concepción da representación da realidade non como reflexo exacto, senón como reinterpretación e simplificación.

A súa obra é un exemplo claro de luminosidade e colorido que, ao contrario do que se pensa, non lle vén do contacto coa cor e a luz de Italia, senón que é influencia directa do seu mestre Muñoz Degraín e doutros artistas do momento como Joaquín Mir, Hermenegildo Anglada Camarasa ou Néstor Martín Fernández de la Torre.

A pesar de que a luz e a cor predominan en case toda a súa obra, ten unha etapa tenebrista –entre 1920 y 1930- tras a súa estanza en Roma, produto, en parte da influencia que exerce sobre él a pintura de Caravaggio pero, sobre todo, da súa continua obsesión por captar o máis fielmente posible esa luz tan característica e especial da paisaxe galega. 

Abelenda abarcou distintos xéneros ademais da paisaxe. Destaca o costumismo, ao que lle dá un enfoque distinto ao decimonónico, de carácter social co que busca captar a esencia do pobo, os seus costumes, a súa forma de vida e o seu folclore. O resultado son obras onde a xeografía, a arquitectura popular, as tradicións e, en definitiva, a historia autóctona, aparecen unidas á paisaxe. Este costumismo rexionalista foi adquirindo trazos políticos e Abelenda abandónao despois da guerra civil por medo a represalias, dedicándose a xéneros neutros como a mencionada paisaxe, o bodegón e o retrato.

A sua obra conservase en diferentes coleccións institucionais como a Colección de arte Afundación, a Colección María José Jove, a Colección Museo da Cidade “Quiñones de León”, a Colección del Museo de Belas Artes da Coruña, a colección da Real Academia Gallega de Bellas Artes “Nuestra Señora del Rosario”, etcétera.

ABEL VILELA, Adolfo de: Manuel Abelenda (catálogo), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998.

ABEL VILELA, Adolfo de: Manuel Abelenda, en, Artistas gallegos. Pintores. O rexionalismo I, A Coruña, 1997.

Artistas Galegos: pintores (rexionalismo I). Manuel Abelenda, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

AA. VV: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

AA. VV: 100 años de pintura en España y Portugal, 1830-1930, tomo I, Ediciones Anticuaria, Madrid, 1989. p 72-73.

AA. VV: Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña (catálogo), A Coruña, 1991.

AA. VV: Colección da Arte Galega, (catálogo) Museo Quiñones de León. p 28-29.

AA. VV: Diccionario de Pintores y Escultores del siglo XX, tomo I, Forum Artis, Madrid, 1994.

BARREIRO, A.: Del Arte Gallego. Exposición regional, 1917, Bocetos de crítica, A Coruña, 1917.

CARBALLO-CALERO RAMOS, M.V.: Catálogo de Pintura, Museo Provincial de Lugo, Lugo, 1969.

Colección de Arte Caixa Galicia: Estación Marítima (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1996.

CHAMOSO LAMAS, M.: Arte. En Galicia, Fundación March, Madrid, 1976.

Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo Americana, Apéndice. 1 a-Bech, Espasa-Calpe, Madrid, 1930. p 28.

FILGUEIRA VALVERDE, J.: "La pintura gallega desde el Barroco hasta la posguerra", en Galicia Eterna, Vol. 5, Barcelona, 1981.

Galicia Arte. Arte Contemporánea. Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX, Madrid, 1970 (1ª ed.).

GAYA NUÑO, J.A.: La pintura española del siglo XX, Valencia, 1972 (2ª ed.), p 149.

Gran Enciclopedia Gallega, tomo 1, Xixón, 1974.

Gran Enciclopedia Gallega, tomo 25, Xixón, 1974

LIAÑO, M.D.:Pintores gallegos en la Diputación, A Coruña, 1976.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: El Arte Contemporáneo, en Enciclopedia temática de Galicia, Tomo Arte, Barcelona, 1988.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: "Do 98 á II República. A época do Rexionalismo", Galicia Arte. Arte contemporánea, tomo XV, Capítulo 6, A Coruña, 1993, páx. 227.

Manuel Abelenda, Exposición centenario (catálogo), A Coruña, 1989.

MON, F.: La pintura actual en Galicia, Vigo, 1967.

MON, F.: "Reflexiones en torno a una pintura coruñesa". En Catálogo Homenaje a pintores coruñeses, A Coruña, Deputación Provincial, 1983.

MON, F.: Pintura contemporáneo en Galicia, Caixa Galicia: A Coruña, 1987.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

NAYA PÉREZ, J.: "Manuel Abelenda Zapata", Catálogo Homenaje a pintores coruñeses, Deputación Provincial da Coruña, 1983.

PABLOS, F.: Pintores gallegos del novecientos, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Atlántico, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: Plástica galega, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PANTORBA, Bernardino de: Historia y crítica de las exposiciones nacionales de Bellas Artes celebradas en España, Madrid, 1980.

PRADOS LÓPEZ, J.: Arte Español, 1950.

RODRÍGUEZ YORDI, J.: La Peña y la peña:tertulia y tertuliantes, A Coruña, 1954.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Gran Enciclopedia Gallega, Voz, Pintura. Tomo 25, Vitoria, 1974. p 22.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Historia del Arte Gallego, La Edad Contemporánea, Madrid, 1982.

Ver menos