Angeles Ortiz, Manuel

  (Jaén - París)
  Alias: Ángeles Ortiz, Manuel

Aos tres años trasládase coa súa familia a Granada, onde moi pronto se fixo amigo de Federico García Lorca e do pintor Ismael de la Serna. Aí comezou a súa formación, que continuou en Madrid no estudio de Cecilio Pla e en París, cidade na que se establece en 1922.

Estableceu con Picasso unha amizade que durou toda a súa vida, e grazas a el introduciuse no círculo da clase alta, converténdose nun coñecido retratista. A súa carreira tamén se orientou cara a escenografía, realizando os figurinos e os decorados para a representación en París do Retrablo de Maese Pedro de Manuel de Falla, a quen coñecera en Granada, Geneviève de Brabante de Erik Satie e Aubade de Francis Poulenc. A súa pintura daquela movíase entre o neo-cubismo, a figuración picassiana e o surrealismo. Residiu en España dende 1932 ata a fin da Guerra Civil, tras a cal exiliouse en París, e logo, con motivo da invasión nazi, marchou a Bos Aires.

Aí a súa pintura virou cara ao naturalismo ata que en 1948 volveu a París onde residiu o resto da súa vida, pasando longas tempadas a partir de metade dos 50 en Granada. O seu reencontro con esta cidade inspirou as series de obras de temática granadina: “Albaicín”, “Paseo de Cipreses” e “Misteriosa Alhambra”, que xunto a “Homenaje al Greco”, “Perfiles”, “Cabezas Múltiples”, entre outras, compuxeron o groso da súa obra durante a fase final da súa carreira. (José I. Abeijón- Mirian Sainz de la Maza)

Ver menos 

Obras do artista