Colmeiro, Manuel

  (Chapa, Silleda, Pontevedra  1901 - Salvaterra do Miño, Pontevedra  1999)
  Movimiento/Escuela: Os Renovadores
  Web artista: http://www.manuelcolmeiro.com/

Ata os doce anos viviu en Galicia, emigrando posteriormente coa súa familia a Bos Aires. Aquí compaxinou os seus estudos pictóricos nocturnos co traballo nunha industria de zapatos. Durante un ano estudou por libre na Academia de Belas Artes, que abandonou para formar un grupo de traballo con pintores e escultores como Demetrio Urrucha ou Planas Casas. Case todas as obras realizadas ao outro lado do Atlántico, expostas ocasionalmente e marcadas por un acento expresionista, foron destruídas polo autor no seu regreso a Galicia en 1926.

En 1928, recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle permitiu viaxar a Madrid, para asistir á Academia de San Fernando, aínda que el realmente prefería formarse por libre e visitar El Prado. Posteriormente viaxou a Barcelona, onde estableceu amizade cos pintores Benet, Villá e Obiols e cos escultores Ferrant e Fenosa, aínda que sen perder relación con xentes da arte e da cultura galega. Ese mesmo ano casou con Emilia González Colmeiro.

Comezou a realizar as súas primeiras exposicións, e en 1932 participou na mostra da nova pintura galega que se celebra na "Barraca" de García Lorca. 

Ao estalar a guerra civil estaba preparando unha exposición na sala da Biblioteca Nacional pero debido aos seus contactos con sectores galeguistas, emigrou a Bos Aires  onde residiría ata 1948. Durante estes anos participou do ambiente intelectual dos exiliados españois, relacionándose con personaxes como Seoane, Dieste ou Rafael Alberti. Nesta primeira etapa a súa pintura, e sobre todo a súa importante produción de debuxos, recrea a memoria de Galicia e os horrores da guerra.

En 1949 instalouse en París, residencia que a partir de 1960 alternou con viaxes periódicas a Galicia, a onde regresou definitivamente en 1986. Actualmente está considerado un dos integrantes da "Escuela Española de París".

Na década dos 50, posicionouse entre o abstracto e o figurativo e nos 60 chegou o recoñecemento masivo da súa obra, con exposicións individuais en Londres, París e Madrid. A súa pintura céntrase nunha temática ligada á paisaxe e o mundo popular galaico: feiras, festas e oficios. Someteu o seu léxico figurativo a un proceso esencializador a base de grandes manchas de cor, silueteadas en negro, resultado de toda unha memoria de influencias das vangardas históricas.

Xunto con Luís Seoane, Laxeiro, Arturo Souto e Carlos Maside integra a corrente coñecida como "Os Novos" ou "Os Renovadores" composta por estes cinco pintores, nacidos a principios de século, e considerados continuadores da Xeración Nós, que ten motivos temáticos marcados por unha galeguidade de raíz que é filtrada pola estética das vangardas (expresionismo, cubismo e abstracción). Deste grupo Colmeiro é o máis tradicional.

O Museo Español de Arte Contemporáneo dedicó en 1983 unha exposición antolóxica que se mostró en Madrid e varias cidades galegas. Ademais recibiu varios premios ao longo da súa carreira artística:  o "Premio das Artes" da Xunta de Galicia (1987) ou o "Premio Celanova, Casa dos Poetas" en 1996.

9 Pintores Galegos (catálogo), Galería Quijote, Madrid, 1967.

AENA Colección de Arte Contemporáneo (catálogo), Fundación Aena, Valencia, 1998.

Artistas Galegos : pintores (vangarda histórica). Manuel Colmeiro, Nova Galicia Edicións, Vigo, 1998.

BONET CORREA, A.: Manuel Colmeiro, Galaxia, Vigo, 1954.

BONET CORREA, A.: "Colmeiro Guimarás, Manuel", en Gran Enciclopedia Gallega, tomo VII, Editorial Silverio Cañada, Santiago de Compostela, 1974-2000, pp. 2-3.

BOZAL, V.: Arte del Siglo XX en España: Pintura y escultura 1900-1939, Espasa Calpe, Madrid, 1995.

Catro renovadores da Arte Galega: Souto, Colmeiro, Laxeiro, Seoane (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago, 1993.

CASTRO, X.A.: Colmeiro desde Colmeiro: Historias de dúas conversas, Edicións do Castro, Sada, 1987.

CASTRO, X.A.: Manuel Colmeiro (1918-1987), Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1987.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Colmeiro (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1975.

CUNQUEIRO, A.: "Colmeiro, pintor", en Boletín da Universidade de Santiago de Compostela, vol. I, núm. 17, 1933.

DIESTE, R.: Manuel Colmeiro, Emecé Editores, Bos Aires, 1941.

DIESTE, R.: Manuel Colmeiro: 25 dibuxos dos anos 1935-1936, Galaxia, Vigo, 1964.

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Enciclopedia Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Españoles en París: las vanguardias (catálogo), Junta de Andalucía, Caja de Granada, Granada, 2002.

FRANQUEIRA, L.: "Renovarse para no morir", en Galicia.

GAYA NUÑO, A.: La pintura española del Siglo XX, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1972.

GUILLÉN, M.: Artistas españoles de la Escuela de París, Madrid, 1960.

HIERRO, J ; SOBRINO, M.L.: Artistas Gallegos Contemporáneos (Colmeiro), Atlántico, A Coruña, 1981.

LÓPEZ VÁZQUEZ, J.M.: “O primitivismo na arte galega ata Luis Seoane: na procura da identidade”, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006, p. 170.

MALLO ÁLVAREZ, A.: Colmeiro, Laxeiro, Torres, Tres pintores históricos en Pontevedra, Dirección Xeral de Promoción Cultural, Santiago de Compostela, 2001.

MALLO, A.: "Dos renovadores", en O Correo Galego, 10 de febreiro de 2001.

Manuel Colmeiro (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Ministerio de Cultura, Madrid, 1983.

Manuel Colmeiro (catálogo), Consellería de Cultura, Ministerio de Cultura, Madrid, 1983.

M. Colmeiro, a través da súa obra (catálogo), Concello de Vigo, Vigo, 1999.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍNEZ BARBEITO, C.: Sobre el pintor Manuel Colmeiro, Real Académica Galega BB.AA. da Nosa Señora do Rosario, A Coruña, 1988.

Medio século de Arte galega (catálogo), Consellería de Cultura e Xuventude, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

MONTERROSO MONTERO, J.M.: “Catálogo de obras”, Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006, p. 290.

Museo Español de Arte Contemporáneo (catálogo), Madrid, 1983.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

"Os Novos exponen en Caixa Galicia la ruptura con la plástica europea", en El Ideal Gallego, 10 de febrero de 2001.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

PENAS, A.: "Los renovadores de la plástica gallega, en la Fundación Caixa Galicia", en El Ideal Gallego, 18 de marzo de 2001.

Pintura Galega: artistas nacidos entre 1900-1910, Fundación Camilo José Cela, Aluminios Cortizo, Padrón, 1995.

RODRÍGUEZ SAHAGÚN, A.: Dibujos de Manuel Colmeiro, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1970.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "Sobre una posible Escuela de pintura gallega", en Estudios Pro- Arte, núm. 9, 1977.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Tempos de Pintura 1930-85, Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Cuatro Pintores Gallegos Contemporáneos: C. Maside, M. Colmeiro, A. Souto, Laxeiro, Facultade de Filosofía e Letras, Santiago de Compostela, 1974.

TRABAZO, L.: Manuel Colmeiro, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1977.

TRABAZO, L.: Manuel Colmeiro, Atlántico, A Coruña, 1981.

V.V.A.A.: Do primitivo na arte galega ata Luis Seoane. Procesos de creación artística e de identidade nacional, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 2006.

XURIGUERA, G.: Pintores Españoles de la Escuela de París, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1974.

Ver menos