Facal, Manuel

  (Carballo, A Coruña  1943 - )

Estuda Enxeñaría Técnica en Vigo que abandonará para dedicarse enteiramente ao mundo da Arte. De 1965 a 1969 vaise a Barcelona onde se relaciona con Anxel Huete,  Miro e X.M. Casabella, e outros galegos alí afincados. Viaxa por distintos países europeos como Francia e Italia e durante os anos 1970 e 1971 vive en Londres onde aprende a técnica da augaforte. Traballa no estudo de Carmen Gracia, tamén gravadora e recibe a súa influencia con respecto ás formas. Facal realiza nese momento unha abstracción xeométrica e plana con pouca intensidade cromática.

 Viaxa por Grecia, Italia, Turquía... En 1972 vaise a Porto Rico onde realiza doce serigrafías ademais de impartir docencia a través de talleres creativos infantís. En 1973 chega a Noruega e alí farase socio da Asociación Noruega de gravadores. É o momento no que abandona a xeometría e aparecen na súa obra formas animais, peixes, pombas...

En 1974 volve a Barcelona e decide dedicarse á técnica da pintura. Aparece o collage matérico representando formas animais que teñen moito que ver coas que xa aparecían nos seus gravados.

A expresividade das súas obras baséase no emprego das materias (esparto, saco, cordas...) e non teñen cor.

Entre os anos 1975 e 1979 reencóntrase con Porto Rico. Estuda pedagoxía e esquece a pintura e o gravado. Fai escenografías para teatro e ballet e temporalmente dedícase á pedagoxía infantil. Máis tarde volverá á arte realizando debuxos con técnica mixta moi tropicais. En 1980 regresa temporalmente a Galicia e volve ao gravado con "Retratos de Rosalia" que é unha serie de dez augafortes e "Cantigas I-V" sobre textos de Cunqueiro. O colectivo Atlántida invítao a participar nunha mostra que se celebra en Baiona.

Nos anos 1984, 1985 e 1986 monta o seu estudo en Sitges. Desta época é o libro "Las Cenizas del Amor " con textos dos grandes poetas españois contemporáneos. De temática amorosa, móvese dentro do expresionismo abstracto con moita cor. Nos últimos anos trasládase á montaña malagueña. Nunha pequena aldea monta o seu estudo. A súa liña artística continúa baseándose nos fundamentos estéticos e expresivos que se atopan nos "sobrecosidos".

Máis información:http://manuelfacal.org/

3 Internacionale Grafic Nienale Frechen (catálogo), Alemaña, 1974.

3 Norske Internasionale Graffikk Biennale (catálogo), Oslo, 1976.

The 9th independents exhibitioen of prints in Kanagawa 83 (catálogo), Xapón, 1983.

14 Gravadores Contemporáneos 1995 (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

24 Artistas Galegos, 1ª Mostra da Arte Galega (catálogo), As Pontes de García Rodríguez, 1992.

1990, Becas e Adquisicións (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1990.

Alén Mar: a creatividade galega no novo mundo, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

Anuario de La Voz de Galicia, La Voz de Galicia, A Coruña, 1984.

Arte Galega, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Artistas de La Coruña (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1989.

Artistas Galegos: pintores (figuracións-abstraccións). Manuel Facal, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

VI Bienal Internacional de Arte (catálogo), Madrid, 1984.

CASTRO, A.: Expresión Atlántica. Arte Galega dos 80, Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO, A.: Diacronía Secular dunha Colección Recente, Consellería da Presidencia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Construir a Paz, Edicións Xerais, Vigo, 1996.

CORREDOIRA, P.: 1990, Consellería de Cultura e Benestar Social, Santiago de Compostela, 1986.

Cousas. Na busca da intimidade dos obxectos (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

Desde 1936, Edicións do Castro, Sada, 1997.

Donaciones de obra gráfica a la Biblioteca Nacional 1989-1992 (catálogo), Madrid, 1994.

Educación e cultura en Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1985.

Estampa 94 (catálogo), Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.

La estampa contemporánea de España (catálogo), Real Academia de San Fernando, Madrid, 1988.

Euroamericana de grabado 5/96 (catálogo), Concello da Coruña: A Coruña, 1996.

Exposición a beneficio de UNICEF (catálogo), Lugo, 1987.

Facal (catálogo), Galería Sargadelos, Sada, 1983.

Facal (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1989.

Facal sobre cosidos aguafuerte y cosidos (catálogo), Galería Sargadelos, Barcelona, 1974.

Facal sobre cosidos aguafuerte y cosidos (catálogo), Galería Curros Enríquez, Vigo, 1975.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

Gran Enciclopedia Gallega, apéndice 1930-1990, Ed. Silverio Cañada, Xixón, 1991.

Historia del Arte Gallego, Ed. Alhambra, Madrid, 1982.

Homenaxe a González Garcés, Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1991.

Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia, Citania, Santiago de Compostela, 1991.

Manuel Facal (catálogo), Concello da Coruña, A Coruña, 1986.

Manuel Facal, grabados (catálogo), Galería de Arte Catro, A Coruña, 1981.

Molino de Santillán, Editorial Molino de Santillán, Málaga, 1997.

Mostra Unión Fenosa (catálogo), A Coruña, 1989.

I Muestra de grabado Ciudad de Alcorcón (catálogo), Alcorcón, 1984.

Nichonste Bücher aus Aller Welt 86 Leipzig (catálogo), Leizig, 1986.

Notas sobre estética e arte popular, Edicións Espiral Maior, A Coruña, 1995.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratrea, Vigo, 2003.

Plástica Galega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1991.

O proceso abstracto, artistas galegos 1950-1979, Consorcio de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1993.

Repertorio de Grabadores Españoles, Ministerio de Cultura, Madrid, 1983.

Reto ou rendición, Edicións do Castro, Sada, 1994.

Revisión dunha década 1978-1988, arte galega, (catálogo), Convenio Cultural, Vigo, 1990.

SÁNCHEZ, C.: Mar do Fin da Terra, Caixa Galicia, A Coruña, 1986.

Segunda Bienal de San Juan del Grabado (catálogo), San Juan de Puerto Rico, 1972.

SEOANE, X.: As Quatro Estacións, Caixa Galicia, A Coruña, 1983.

SEOANE, X.: Manuel Facal. Grabados, Deputación da Coruña, A Coruña, 1989.

SEOANE, X.: Irispaxaros, Galería Sargadelos, Barcelona, 1985.

Sonetos de Camoes, Ed. de Sirvent, Vigo, 1997.

Ultreia. Poesía. Pintura (catálogo), Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 1993.

Vredeshuis Aalst (catálogo), Bélxica, 1993.

Ver menos