Patinha, Manuel

  (Povoa de Sta. Iria, Portugal  1949 - )

 Naceu no pobo portugués de Póvoa de Santa Iria, onde empezou a pintar de maneira autodidacta. Alí realizou a súa primeira exposición con 17 anos. Unha da exposicións máis importante para Patinha foi a levada a cabo en Estoril (1982) xunto con Cruzeiro Seixas, o gran artista surrealista portugués, que lle influíu notablemente e co que realizou multitude de "cadáveres exquisitos".

Despois de estudar na Escuela Industrial de Vila Franca de Xira, ingresou como voluntario na Marina de Guerra, o que lle permitiu viaxar por Europa, Canadá, Estados Unidos, África e Brasil. En Suráfrica, sufriu un grave accidente que precipitou a súa volta a España, a Madrid, onde realizou unha extensa colección de acuarelas titulada "La vida sexual de las plantas". Na capital española entrou en contacto con algúns artistas destacados como Eugenio Granell ou Francisco Aranda.

Finalmente asentouse na comarca de Ferrolterra, primeiro en Ferrol e dende 1988 no municipio de Narón, xunto aos seus amigos Álvaro e Divina. Alí construíu unha nave que emprega como estudio, e que lle permitiu a realización de obras de gran envergadura, precipitando, a principios dos 90, o seu comezo na escultura. É unha época de gran estabilidade vital e na que se sensibiliza co mundo rural no que vive.

As súas primeiras obras escultóricas emanan trazos dun certo mundo surreal do que pervive un carácter biomorfo nos seus suxeitos tridimensionais. As propostas de Patinha están envoltas dun certo halo de intimismo - ás veces cunha carta de natureza monumentalizada - que se deglute e reinterpreta en metáforas, en obxectos protagonistas da súa propia fábula e a súa historia, como "mediums" do constante reencontro consigo mesmo. En 1995 gañou o Premio BMW de Escultura de Vila Nova da Cerveira, nunha mostra máis de recoñecemento cara a súa traxectoria artística.

ABAD, S., en La Voz de Galicia, 12 de setembro de 1996.

ÁLVAREZ, L., en La Voz de Galicia, 26 de xuño de 1987.

AMBAR: "Patinha ou as dificultades dun autodidacta", en La Voz de Galicia, 17 de xaneiro de 1980.

AMBAR: "Lo inquietante en la pintura de Patinha ", en La Voz de Galicia, 11 de novembro de 1981.

ANTÓN, B., en Diario de Ferrol, 29 de setembro de 1999.

ARAGUAS, V.: "Manuel Patinha. Anos 70-90", en O Correo Galego, 2 de outubro de 1997.

ARAGUAS, V., en El Correo Gallego, 2 de octubro de 1997.

ARAGUAS, V., enLeer, núm. 97, novembro, 1998.
 
"Artista entre nosotros ", en A Voz de Narón, 1 de xaneiro de 1992.

Artistas Ferroláns: sete visións actuais (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.

Artistas Galegos: escultores (expresionismos-abstraccións). Manuel Patinha, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003.

AZEVEDO, C.: Diversidades na S.N.B.A. de Lisboa (catálogo), Lisboa, 1996.

AZEVEDO, F.: Bienal AIP, Europarque (catálogo), Oporto, 1996.

AZEVEDO, M.: "Pintura a dois", en Diario de Noticias, 17 de setembro de 1982.

BLANCO FANDIÑO, J.F.: Colección Unión Fenosa (catálogo), Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

BLANCO FANDIÑO, J.F.: Artistas Gallegos para un milenio (catálogo).

BOM, J., en Noticias da Póvoa, outubro, 1992.

BRAGA, A.: "Um Artista portugués com nome em Espanha", en Vila Ribatejana, 16 de marzo de 1990.

CANTERO, M.: "El arte tiene que ofrecer humildad ", en El Ideal Gallego, 4 de novembro de 1995.

CASTELO, B., en La Voz de Galicia, 4 de xuño de 1992.

CASTELO, B., en A Escultura en Galicia (catálogo), 1997.

CASTELO, B., en La Voz de Galicia, 14 de xullo de 1998.

CASTELO ÁLVARES, B.: Esculturas, Patinha (catálogo), Galería Clérigos, Lugo, 1997.

CASTRO, A.: Proxecto Galicia, Arte Contemporánea, Tomo XVI.

C.B., en Correo das Culturas,  El Correo Gallego, 5 de xaneiro de 2003.

II Certamen  Isaac Díaz Pardo (catálogo), Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1991.

CHAO, D.: "Made in Galicia", en Arte, núm. 47, xaneiro, 2003.

Colección Unión Fenosa (catálogo), Museo de Arte Contemporáneo de Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

Contravento e marea (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

CORREDOIRA, P.: Mitra (catálogo), Lisboa, 2000.

Correio da Manha, 18 de setembro de 1982.

D.C., en La Voz de Galicia, Edición Ferrol, 9 de xaneiro de 2003.

Diario 16 de Galicia, 11 de xuño de 1988.

Diario 16 de Galicia, 8 de xuño de 1994.

DÍAZ, E., en Cuaderno Cultural, La Voz de Galicia, 9 de novembro de 1995.

DÍAZ, E.: "Galicia puede fascinar a cualquier artista ", en La Voz de Galicia, 17 de setembro de 1995.

DORAL, A., en El Progreso, 4 de maio de 1997.

A escultura actual en Galicia (catálogo), 1997.

La escultura Gallega en la Colección Caixavigo e Ourense (catálogo), Caixavigo, Vigo, 2000.

ESTÉVEZ, J.L.: "Mundos Opuestos ", en El País, 18 de xaneiro de 2003.

FERNÁNDES, M.J., en Jornal de Letras, Artes e Ideias, 12 de xuño de 2002.

Homensanimal: esculturas Manuel Patinha (catálogo), Cámara Municipal de Vila Franca de Xira, Vila Franca de Xira, 1995.

LONGUEIRA, S., en La Voz de Galicia, 16 de novembro de 1995.

LÓPEZ, A.R., en Diario de Ferrol, 10 de novembro de 1999.

LÓPEZ-BARXAS, P., en Album de Letras e Artes, núm. 56, xaneiro, 1999.

LÓPEZ-BARXAS, P., en Círculo de Dirigentes, núm. 19-20, decembro-xaneiro, 2000.

LOURENZO, C., en O Correo Galego, 25 de novembro de 1999.

Galicia EsCultura : vinte anos, vinte escultores (catálogo), Concello de Ferrol, Ferrol, 2002.

GARCÍA IGLESIAS, J.M., en El Correo Gallego, 14 de outubro de 1998.

GODINHO, P.: "Gravuras e Metáforas na Vida Ribatejana", 28 de abril de 1994.

GONZÁLEZ, E.: "Pestana & Patinha-Compañeiros de Viaxe", en Tempos, núm. 68, xaneiro, 2003.

MALLO, A.: "Manuel Patinha, escultor", en Dominical de El Correo Gallego, 4 de xaneiro de 1998.

MALLO, A., en El Correo Gallego, 2 de xuño de 1999.

MALLO, A., en O Correo Galego, 2 de xuño de 1999.

MALLO, A., en O Correo Galego, 14 de xullo de 1999.

MALLO, A., en O Correo Galego, 12 de decembro de 1999.

Manuel Patinha (catálogo), Ateneo Ferrolano, Ferrol, 1992.

Manuel Patinha (catálogo), Galería Municipal, Póvoa de Santa Iria, 1994.

Manuel Patinha (catálogo), Galería Municipal, Alverca, 1995.

Manuel Patinha (catálogo), Galería Sargadelos, Ferrol, 1995.

Manuel Patinha Anos 70/90 (catálogo), Vila Franca de Xira, 1997.

Manuel Patinha (catálogo), Sala de Exposiciones Durán Loriga, A Coruña, 1997.

Manuel Patinha (catálogo), Galería Clérigos, Lugo, 1997.

Manuel Patinha: esculturas (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1999.

Manuel Patinha - Paco Pestana (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2002.

Manuel Patinha (catálogo), Galería Antonio Prates, Lisboa, 2002.

Manuel Patinha na Universidade, Universidade da Coruña, A Coruña, 2003.

Manuel Patinha: esculturas-gravuras (catálogo), Cámara Municipal de Peñafiel, Peñafiel, 2003.

MARÍN-MEDINA, P., en ABC, xuño, 1995.

MARQUES, J., en Vila Ribatejana, 21 de abril de 1994.

MIRAGAIA, C., en Diario de Galicia, 23 de xaneiro de 1989.

MIRAGAIA, C., en Diario de Ferrol, 10 de novembro de 1999.

MIRAGAIA, C., en Diario de Ferrol, 29 de marzo de 2000.

MORAIS, F., en Jornal de Noticias, 19 de agosto de 1996.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

OLIVEIRA, M., en Arte y Parte , 4 de maio de 1997.

PABLOS, F.: Colección Caixavigo (catálogo), tomo 4, Caixavigo, Vigo.

Pariu aquí a Galega: Manuel Patinha, Paco Pestana, Silveiro Rivas (catálogo), Galería Grade, Aveiro, 2000.

PENA, E., en Gam, núm. 60, 7 de agosto de 1998.

PENELAS, S.: Proxecto Galicia, Arte Contemporánea, Tomo XVI.

PINHARANDA, J.: Mitra (catálogo), Lisboa, 2000.

POMAR, A., en Expresso, 30 de decembro de 2000.

PRADO, F., en Crónica de Ferrolterra, decembro, 1994.

PRIETO LUNA, J., en La Voz de Galicia, 22 de novembro de 1998.

PRIETO LUNA, J., en La Voz de Galicia, 16 de decembro de 1998.

RODRÍGUEZ, R., en O Comarcal, 15 de decembro de 1999.

RODRÍGUEZ VAZ: en Tempo Livre, núm. 114, febreiro, 2001.

ROZAS, M., en O Correo Galego, 25 de outubro de 1998.

RIBAS, P., en O Caminhense, 16 de agosto de 1996.

SÁNCHEZ, Q., en Diario 16 de Galicia, 4 de xuño de 1992.

SARMIENTO, R., en Manuel Patinha (catálogo), Galería Municipal, Póvoa de Santa Iria, 1994.

SARMIENTO, R.: "Contra o seu vento e alleas mareas", en Contravento e marea (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1994.

SARMIENTO, R., en Manuel Patinha (catálogo), Galería Municipal, Alverca, 1995.

SARMIENTO, R.: "Homensanimal", en Manuel Patinha (catálogo), Cámara Municipal de Vila Franca da Xira, Vila Franca da Xira, 1995.

SARMIENTO, R.: Manuel Patinha (catálogo), Galería Sargadelos, Ferrol, 1995.

SEOANE, P., en La Voz de Galicia, 24 de novembro de 1997.

SEYANES, X., en Crónica de Ferrolterra, decembro, 1993.

SIRO, en La Voz de Galicia, 26 de maio de 1999.

SOUSA MACHADO, J., en Arte Ibérica, núm. 42, decembro-xaneiro, 2001.

VIDAL, C., en A Nosa Terra, núm. 1061, del 19 al 25 de decembro de 2002.

VILAR, M., en La Voz de Galicia, 26 de maio de 1999.

Ver menos 

Obras do artista