Vázquez, Manuel

  (Santiago de Compostela  1969 - )
  Web artista: http://manuelvazquez.com/

 Estudou Bellas Artes en Pontevedra e tras a súa licenciatura realizou un máster en pintura no Central Saint Martins School of Arts en Londres.Unha das principais características que definen o seu traballo é a seriación, agrupando as súas obras baixo un nexo común e dotándoas dun ritmo similar ao das escenas dunha película. A isto haille que unir a forte presenza da luz e sobre todo a cor, traballada en superficies planas e puras, sen concesións ao brillo ou á degradación.

A pesar da súa xuventude, realizou un bon número de exposicións e gozou de bolsas que o converten nun nome de referencia dentro da pintura contemporánea. 

 A súa obra encóntrase en importantes coleccións e museos, tales como: Centro Galego de Arte Contemporánea, Fundación Coca Cola España, Afundación, MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, Central Saint Martins School of Art, Ayuntamiento de Mojacar, entre outras.

Ver menos 

Obras do artista