Viola, Manuel

  (Zaragoza  1919 -  1987)

Foi cofundador en 1933 da revista leridana Art, onde colaboraba realizando poemas de tipo surrealista. Un ano máis tarde trasladouse a Barcelona para continuar os seus estudos. Alí tomou contacto co Grupo ADLN e preparou a Exposición Logicofobista.

En 1940, despois de combater na Guerra Civil nas filas do POUM, exiliouse a París, onde comezou a relacionarse con Benjamin Perret, Picasso e Henri Goetz. Participou en diversas exposicións colectivas e colaborou nas publicacións clandestinas do grupo surrealista La main à plume. Foi nesta etapa francesa cando a súa traxectoria artística deu un xiro cara a abstracción expresionista. Regresou a España en 1949.

 En 1956 Viola Martin Chirino a forman parte do grupo El Paso. Un ano máis tarde. este grupo publicará o seu manifesto, onde se definían como grupo cunha idea clara de compromiso co seu tempo, compartindo sempre a visión como herdeiros da España Negra, con Solana como referente imprescindible. Dende o seu paso por este colectivo, Viola definiuse como pintor informalista.

 A pintura realizada dende entón caracterízase polo uso de tecidos escuros sobre os que aplica unha pincelada violenta e empastada, cun colorido moi brillante, combinando unha técnica xestual cunha obsesión polos contrastes de luces e sombras. 

Pasou os últimos anos da súa vida en San Lorenzo del Escorial, onde faleceu o 8 de marzo de 1987.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España: 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

Manuel Viola (catálogo), Atlántica, Centro de Arte, A Coruña, 2002.

Manuel Viola (catálogo), Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, 1988.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

El paso, 1957-1960 (catálogo), Galería Marlborough, Madrid, 2004.

SANTOS TORROELLA, R.: Manuel Viola, Madrid, 1965.

Ver menos