Santorun, Marcela

  (Buenos Aires  1966 - )

Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires, onde residiu ata 1991. Esta época de infancia e xuventude marcou notablemente a súa personalidade, que se reflicte na súa pintura que recolle o drama social dos desaparecidos durante a dictadura militar, transmitíndolle ao espectador o desamparo, o medo e a dor da traxedia sufrida por un pobo.

Con 24 anos licenciouse en Belas Artes, e un ano máis tarde trasladouse a Galicia, instalándose en Vilagarcía de Arousa, onde comezou a expoñer, primeiro en mostras colectivas, e a partir de 1994 de forma individual.

En 1995 introducíuse no mundo da ilustración pola súa colaboración na Revista Galega de Educación (Edicións Xerais), campo que segue cultivando na actualidade, realizando ilustracións de numerosos libros de poesías e contos.

Ademais da pintura, Marcela Santorun tamén traballa no eido da psicoloxía, disciplina na que se licenciou en 2002.

Marcela Santorum. Pinturas e debuxos (catálogo), Citania, Galería de Arte, Santiago de Compostela, 1998.

Ver menos 

Obras do artista