Ribeiro, María

  (Gemeses, Esposende  1949 - )

Naceu en Gemeses, Esposende, no ano 1949. Formouse na Facultad de Artes Plásticas da Fundación Armando Álvares Penteado, Sao Paulo, entre 1970 e 1973, ano no que comezou a expoñer de maneira regular, e grazas a unha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian, gozou dunha estanza na Cooperativa de Gravadores Portugueses (1979- 80).

Invitárona a dar cursos de iniciación nas técnicas de grabado na Cooperativa Arvore de Oporto e na Cooperativa de Gravadores Portugueses, Lisboa. Actualmente leva a cabo un labor docente na A.G.A. –Associaçao de Gravura da Amadora.

 Recibiu premios e mencións honoríficas en varias exposicións e está representada en coleccións institucionais e privadas, tanto de Portugal como doutros países.

Ver menos 

Obras do artista