Fuente, María Victoria de la

  (Vigo, Pontevedra  1929 - Madrid  2009)

Viviu en Vigo ata os 14 anos, na casa familiar situada á beira da ría onde goza do contacto continuo coa natureza.

Filla e neta de arquitectos, asistiu no Bacharelato ás clases de debuxo que impartía Maside, que foi o primeiro en fixarse nas súas cualidades pictóricas, como ela mesma sinala. "Preguntoume se me gustaba debuxar, e ante a miña resposta entusiasta, indicoume que lle levase os debuxos que facía eu na casa. Ilusionada levei os que tiña, un par de carpetas con acuarelas, etc.; revisounas con toda calma e logo preguntoume se me gustaría ser pintora. Eu, a verdade, nunca imaxinara que se puidese un dedicar ao que máis lle gustaba, quedei fascinada. A soa idea parecíame unha posibilidade maravillosa". 1

Coa súa familia viviu entre Vigo e Madrid, onde asistiu ás clases de Julio Moisés, quen recomenda ao seu pai que ingrese na Academia de San Fernando, onde obtería unha formación máis completa. Nun primeiro momento, este mostrouse reticente polo ambiente bohemio que se respiraba na escola e pola realización de espidos ao natural que alí se levaban a cabo. Finalmente accedeu e María Victoria asistiu como alumna libre a clases do propio Julio Moisés e de Joaquín Valverde.

Terminados os seus estudos na escola, acudiu aos talleres libres do Círculo de Belas Artes, onde pintaban modelos sen a supervisión do profesorado e visitou moitas exposicións e museos para observar as técnicas dos grandes pintores.

En 1959 realizou un mural de 120 m2 na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela. Foi o seu primeiro encargo dunha gran envergadura e nel puxo unha gran ilusión.Gañou o Premio da crítica á mellor exposición celebrada no ano 1962 na sala de El Prado, e dous anos despois casou co pintor Máximo de Pablos. A ambos concedéronlles as bolsas de viaxe da Fundación March grazas ás cales visitaron Holanda, Bélxica, Francia e Venecia, onde María Victoria participou na XXXII Bienale de Venecia con tres grandes cadros. Continuou viaxando por Alemaña e Italia, país que a impresionou moitísimo. Ao pouco de regresar a Madrid, en 1966, o seu matrimonio rompeu.

Asidua ao Café Gijón, coñeceu a multitude de artistas e escritores como Cristino Mallo, Pancho Cossío e Umbral. Uns amigos comúns presentáronlle á tamén pintora galega María Antonia Dans, coa que trabou unha grande amizade que duraría ata a súa morte.

O falecemento da súa nai, coa que vivía dende a súa separación matrimonial, sumiuna nunha profunda tristeza e un desexo de fuxir da casa na que compartiran tantos momentos xuntas, polo que se trasladou a residir a Altea, Alacant. Alí a morriña do ambiente cultural madrileño fíxoa regresar a Madrid e volver á súa vida anterior.En 1997 recibiu a Medalla Castelao, máxima distinción da Comunidade Autónoma Galega. 

Faleceu en Madrid no ano 2009

Os comenzos da súa traxectoria pictórica son neofigurativos, cun espírito expresionista e un léxico onde o tratamento da cor e a materia desvélanse como elementos determinantes, chegando, incluso, á fronteira coa abstracción. O seu sólido oficio e, sobre todo, a súa vocación de plasmar a individualidade de obxectos e personaxes, lévanna a un lento proceso evolutivo ata que, a partir dos anos setenta, convirte a materia en suaves veladuras, lixeiras texturas azuladas, amarelas e ocres.

De la Fuente recrea os seus espazos circundantes, estampas dun mundo próximo que transcribe sen anécdotas, buscando o individual de cada obxecto que parece ancorado no tempo. Todo iso cun cromatismo de gran riqueza e un xogo lumínico que actúa tamén como elemento expresivo.


1. FUENTE, M. V. da: "Notas autobiográficas", en María Victoria de la Fuente: a pintura é cousa mental (catálogo), Deputación Provincial de Pontevedra, Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2003.

AREÁN, C.:La Pintura Española , Giner, Madrid, 1969.

AREÁN, C.: Arte Joven en España , Publicaciones Españolas, Madrid, 1971.

AREÁN, C.: Museo Español de Arte Contemporáneo, Madrid, Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1975.

AREÁN, C.: La Pintura Expresionista en España , Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1973.

AREÁN, C.: Treinta años de Arte Español , Guadarrama, Madrid, 1972.

El arte y el Hombre Tomo III, Planeta, Barcelona, 1966. 

A arte Inexistente: as artistas galegas do século XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Artistas Galegos: pintores (realismos). María Victoria de la Fuente, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2001.

CALVO SERRALLER, F.: España: medio siglo de Arte de vanguardia 1939-1985,  Tomo I, Madrid, 1985. 

CAMPOALANGE, Condesa de: La mujer en España , Aguilar, Madrid, 1963.

CASTRO ARINES, J. de: Victoria de la Fuente (catálogo), Ateneo de Madrid, Madrid, 1962.

CHAMOSO LAMAS, M.: "Arte Galego", en Galicia, Fundación March, Noguer, Madrid, 1976.

CHAVARRI, R.: Artistas Contemporáneos en España, Gavar, Madrid, 1975.

Diccionario pintores y escultores del siglo XX, Forum Artis, Madrid, 1994.

Diccionario de pintores, Ediciones Estiarte, Madrid, 1977. 

Enciclopedia del Arte Español del siglo XX: artistas, Tomo 1,Mondadori, Madrid, 1991, pág. 311

Galicia Arte. Arte Contemporánea I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GARCÍA CAMPOY, A.M.: Diccionario crítico de arte español contemporáneo , Ruedo Ibérico, Madrid, 1973.

GARCÍA VIÑÓ, M.: Pintura Española Neofigurativa , Guadarrama, Madrid, 1966.

GARCÍA VIÑÓ, M.: Mª Victoria de la Fuente, Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, Pamplona, 1973.

GARCÍA VIÑÓ, M.: Arte de Hoy , Arte del Futuro, Ibérica Europea de Ediciones, Madrid, 1976.

GAYA NUÑO, J.A.: La Pintura Española del Siglo XX, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid.

Gran Enciclopedia Gallega, Vol. XIV, Silverio Cañada, Santiago de Compostela, 1994.

HIERRO, J.: Mª Victoria de la Fuente (catálogo), Galería Biosca, Madrid, 1970.

María Victoria de la Fuente (catálogo), Galería Atlántica, A Coruña, 1995.

María Victoria de la Fuente (catálogo), Casa de Galicia, Xunta de Galicia, Madrid, 1994.

María Victoria de la Fuente, Madrid, 1992. 

Mª Victoria de la Fuente: Exposición Antológica. Grandes Artistas Gallegos 27 (catálogo), Caixavigo, Vigo, 1992.

María Victoria de la Fuente: a pintura é cousa mental (catálogo), Diputación Provincial de Pontevedra, Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2003.

MARTÍNEZ CEREZO, A.: La Escuela de Madrid, Ibérico Europea de Ediciones, Madrid, 1977.

MARTÍNEZ DE LAHIDALGA, R.: Mujeres en el Arte Español (1900 a 1984) (catálogo), Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 1984.

MON, F.: La Pintura en Galicia, Galaxia, Vigo, 1984.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, A Coruña, 1987.

PABLOS, F.: "María Victoria de la Fuente", en Plástica Gallega, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003

SOBRINO, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego , Madrid, 1982

Ver menos