Fernández Granell, Mario

  (A Coruña  1914 - Vigo  1991)
  Alias: Granell, Mario
  Movimiento/Escuela:

Aínda que naceu na Coruña, pasou a súa infancia en Santiago, onde iniciou os seus estudos de pintura co muralista Camilo Díaz Baliño, realizando as súas primeiras exposicións individuais aos catorce anos, en Santiago e Pontevedra. En 1929 recibiu o seu primeiro premio de pintura nunha exposición colectiva en Vilagarcía, onde estaban, entre os membros do xurado, Carlos Maside e Fermín Bouza-Brey.

O traslado da súa familia a Madrid (en 1930), en pleno nacemento da II República, coincidiu co renacemento da arte española. A súa vocación aumentou grazas aos faladoiros dos membros da xeración do 27 e a compartir exposicións con algún deles, como Rafael Alberti. Tamén foi influenciado o acceso ás revistas como a francesa Minotaure, a través do ourensán Cándido Fernández Mazas.

O estalido da Guerra Civil sorprendeu a Mario Granell en Vilagarcía, onde se escondeu uns días. Tras intentar escapar nunha barca dende a praia de Bens, foi sometido a un consello de guerra que o condenou a cadena perpetua. No cárcere ilustrou libros infantís como Emar, Marsa y Sorom ou Olguita. Finalmente, en 1942 saliu do cárcere e, unha vez libre, encamiñou a súa traxectoria cara o muralismo, a decoración, o cartelismo e a escenografía.

En 1957 marchou a Venezuela, onde continuou coa súa obra artística, realizou numerosas exposicións e gañou varios premios. Durante algún tempo foi o pintor exclusivo da Galería Aurora de Caracas.

Mario Granell foi pintor e poeta. Inscrito, como o seu irmán Eugenio, na esfera surrealista e o volume, máis a representatividade e proxección da súa obra plástica foron notablemente menores. Forma parte da historia da intelectualidade galega do século XX dende unha amplia óptica vinculada á creatividade: escribiu, pintou e debuxou dende unha posición vinculada ao nacionalismo.

Destacou sobre todo no ámbito do debuxo e do deseño gráfico. Para algúns críticos é un artista encadrado no surrealismo, para outros a súa obra é inclasificable, polo seu estilo tan persoal, cargado dunha grande forza imaxinativa, que incluso chegou a cualificarse como "granellismo".

Alén-Mar: A Creatividade Galega no Novo Mundo (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1992.

Artistas Galegos: pintores (posguerra I, figuracións). Mario Fernández Granell, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España : 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

CASTRO, X.A.: Colección de arte galega, Xunta de Galicia, A Coruña, 1989.

Colección Caixavigo (catálogo), Caixavigo, Vigo, 1993.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules Ediciones, A Coruña, 1993.

GRANELL, M.: Estampas Amargas, Caracas, 1978.

ILARRI JIMENO, A.: Museo Quiñones de León (catálogo), Concello de Vigo, Vigo, 1978.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

Mario Granell (catálogo), Casa da Parra, Santiago de Compostela, 1997.

Mario F. Granell (catálogo), Sala Municipal de Exposicións, A Coruña, 1986.

Mario Granell (catálogo), Atlántica, Centro de Arte, A Coruña, 1999.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

I Mostra Unión Fenosa (catálogo), A Coruña, 1989.

PABLOS HOLGADO, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratea, Vigo, 2003.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: El Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña (catálogo), A Coruña.

Ver menos