Nebreda, Mariví

  (Madrid  1950 - )

Iniciou a súa formación artística na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (1966-68) completándoa nos Talleres del Círculo de Bellas Artes de Madrid. Segundo ela o seu labor como copista do Museo del Prado, foi determinante para coñecer ben a técnica. Realizou un importante número de exposicións individuais - Santander, Madrid, Salamanca, A Coruña, Ottawa- e colectivas dende os anos setenta ata agora, obtendo ao mesmo tempo premios como o do "Campo de Criptana", 1974 e o prestixioso "BMW de pintura", 1997.Polo seu matrimonio co escritor, profesor e crítico galego Ángel López, serán constantes as súas visitas a Galicia, onde quedou fascinada pola luz da paisaxe, que traslada as súas composicións.

 É a ilustradora habitual do diario Pueblo, de Madrid, e de libros de poemas, como Metrópoli, de Javier Reverte ouVoces de mi copla , de Juan Ramón Jiménez. En televisión e cine, participou na realización artística de Truhanes e fixo varios deseños e colaboracións para representacións teatrales e programas de TVE.

 O seu estilo pode definirse como o dunha pintura que, utilizando unha linguaxe abstracta, consegue recreacións arquitectónicas e de naturezas mortas de gran sensibilidade e harmonía cromática. As súas obras reflicten unha gran mestría para o emprego da cor e a síntese de elementos expresivos cun resultado de gran equilibrio e beleza plástica.En palabras de Francisco Umbral, Nebreda "tiene atmósfera y esto es lo más y mejor que se puede decir de una pintura personal y en lenta y callada eclosión". 1.



1. Umbral, F.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

AZCÁRZAGA, A.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

CAMPOY, A.M.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

M. B.: "Naturalezas muertas y paisajes vivos ", en La Opinión, 2 de marzo de 2001.

MALLO, A.: "O realismo persoal de Nebreda", en O Correo Galego, 4 de marzo de 2001.

Nebreda (catálogo), Galería Fourquet, Madrid, 2003.

JIMÉNEZ, S.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

OROZA, C.: "El beso en el vuelo ", en Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

PENAS, A.: "María Victoria Nebreda, en la Galería Atlántica ", en El Ideal Gallego, 25 de marzo de 2001.

RISCO, A.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

"Sensaciones pictóricas de María Victoria Nebreda", en La Voz de Galicia, 4 de marzo de 2001.

"La última obra de Nebreda, en la galería Atlántica", en El Ideal Gallego, 3 de marzo de 2001.

UMBRAL, F.: En Nebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

VÁZQUEZ AZPIRI, H.: EnNebreda: obra reciente (catálogo), Atlántica Centro de Arte, A Coruña, 2001.

Ver menos