Mallo, Maruja

  (Viveiro, Lugo  1902 - Madrid  1995)

Ana María Gómez González, nome real de Maruja Mallo, naceu en Viveiro. Tras pasar a súa infancia entre Galicia e Asturias, en 1922 trasladouse definitivamente coa súa familia a Madrid. Estudou Bellas Artes na Academia de San Fernando, ao igual que o seu irmán Cristino, coincidindo nesta escola con Dalí, con quen tivo moi boa relación. Ao mesmo tempo asistiu ás clases de debuxo de Julio Moisés. Na Residencia de Estudiantes tomou contacto co surrealismo e a Xeración do 27, entre eles Buñuel, García Lorca, Alberti, Dalí e Pepe Bello. En 1927 coñece persoalmente a Ortega y Gasset e comezou a colaborar como ilustradora na Revista de Occidente, onde realizou a súa primeira exposición individual, que tivo un gran éxito. O traballo que realizaba naquel momento consistía en lenzos con temas de verbena e estampas de motivos urbanos e cinematográficos.

 Catro anos despois da súa primeira exposición unha pensión da Junta de Ampliación de Estudios de Madrid permitiulle viaxar a París, onde tomou contacto co grupo surrealista francés. Neste momento a súa pintura sufriu un cambio radical. Baseándose nas consignas do Manifiesto de André Bretón realizou unha serie tremendista chamada Cloacas y Campanarios onde os protagonistas eran tétricos esqueletos, espantallos e cloacas. Este, impresionado polo traballo da pintora, comprou un cadro na súa exposición individual na Galería Pierre Loeb. 

 Ao volver a España gañou unha praza de profesora de debuxo do Instituto de Arévalo (Ávila). Posteriormente foi profesora na Escuela de Cerámica de Madrid e na Residencia de Estudiantes. Nos anos previos á Guerra Civil, tras a súa estanza en París, e sobre todo debido á súa inclusión no grupo de Torres García, realizou composicións baseadas en estudos xeométricos, intentando crear unha linguaxe universal baseada nos principios da xeometría.

Tras o estalido da Guerra Civil, exiliouse a Bos Aires, onde seguiu co seu traballo pictórico e realizando numerosas exposicións, colectivas e individuais, ademais de impartir conferencias, tanto en Arxentina como en Chile ou Uruguai, países que visitaba con frecuencia. Integrouse no contexto sudamericano relacionándose, non só cos intelectuais exiliados, senón tamén cos dos países que visita, sobre todo a través de Pablo Neruda e Victoria Ocampo.

En 1961 volveu definitivamente a España, instalándose en Madrid, onde retomou a colaboración coa Revista de Occidente. Nesta época a temática da súa pintura está condicionada polo interese da pintora polas ciencias ocultas e o esoterismo. Realizou unha carpeta de litografías como homenaxe á Revista de Occidente, e recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes de la Comunidad de Madrid e da Xunta de Galicia.

 Faleceu en Madrid en febreiro de 1995, poucos meses despois de que o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo) realizase a súa primeira exposición antolóxica en España.

ABRIL, M.: "María Mallo", en Revista de Occidente, Madrid, xullo, 1928.

ABRIL, M.: "Maruja Mallo", en Blanco y Negro,  28 de decembro de 1930.

ABRIL, M.: "Maruja Mallo", en Blanco y Negro, 7 de xuño de 1936.

ABRIL de VIVERO, X.: "La pintora Maruja Mallo", en Continente, Lima, abril, 1947.

Actas do Congreso sobre Maruja Mallo. Viveiro, 24-26 outubro 2002, Dirección Xeral de Promoción Cultural, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2003. 

ALBERTI, R.: "La primera ascensión de Maruja Mallo", en La Gaceta Literaria, 1 de xullo de 1929.

ALBERTI, R.: "Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos", en La Gaceta Literaria, 1 de setembro de 1929.

ALCÁNTARA, F.: "María Mallo en la Revista de Occidente", en El Sol, Madrid, 13 de xuño de 1928.

ANTOLÍN, E.: "La musa de los Surrealistas", en El País, Madrid, 13 de xuño de 1928.

Arte en España 1918-1994, en la Colección Arte Contemporáneo, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

Artistas Galegos: pintores (vangardas históricas). Maruja Mallo, Nova Galicia Edicións, Vigo, 1998.

AYALA, F.: "Maruja Mallo", en Alfar, Montevideo, maio-xuño, 1929.

AZCOAGA, E.: "La caleidoscópica Maruja Mallo", en Batik, Barcelona, 1979.

AZCOAGA, E.: "La vuelta de Maruja Mallo", en Arteguía, Madrid, outubro, 1979.

IV Bienal de Arte Alecrín (catálogo), Consellería de Cultura, Educación e Muller, Xunta de Galicia, Vigo, 1997.

BONET, J.M.: "Maruja Mallo, pura y genial paradoja", en El País, Madrid, 25 de outubro de 1979.

BONET, J.M.: "El pintor y su entorno. Maruja Mallo. Lenguaje figurado", en Blanco y Negro, Madrid, 25 de outubro de 1992.

BONET, J.M.: Diccionario de las vanguardias en España: 1907-1936, Alianza Editorial, Madrid, 1995.

BORRÁS, M.L.: "Maruja Mallo, un mundo perturbador", en El Guía, Barcelona, decembro 1992-xaneiro1993.

BOZAL, V.: Arte del siglo XX en España. Pintura y escultura 1900-1939, Espasa Calpe, Madrid, 1995.

CALVO SERRALLER, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX, Mondadori España, Madrid, 1991.

CALVO SERRALLER, F.: "Maruja Mallo, invencible en su sueño", en El País, Madrid, 25 de setembro de 1983.

CARABIAS, J.: "La pintora Maruja Mallo marcha a París", en Estampa, Madrid, 14 de novembro de 1931.

CASSOU, J.: Maruja Mallo, Arquitecturas, Madrid, 1948.

CASSOU, J.: "Maruja Mallo", en Revue Hebdomadaire, París, maio, 1932.

CASTRO, L.: "Maruja Mallo", en ABC, Madrid, 22 de novembro de 1992.

CHABAS, J.: "Imaginación. Maruja Mallo", en La Libertad, Madrid, 9 de xuño de 1928.

CHÁVARRI, R.: "Dos exposiciones entre el olvido y la nostalgia", en Cuadernos Hispanoamericanos, xaneiro, 1980.

Colección Arte Contemporáneo (catálogo), Asociación Colección Arte Contemporáneo, Madrid, 1991.

CÓRDOBA ITURBURU: "Un libro de Maruja Mallo", en Orientación, Bos Aires, 21 de setembro de 1939.

CÓRDOBA ITURBURU: "Una inteligencia a la caza de la armonía: Maruja Mallo", en El Sol, Bos Aires, 9 de novembro de 1939.

CRIADO, A.: "Maruja Mallo en la hora del crepúsculo", en Informaciones, Madrid, 6 de xuño de 1983.

CRIADO, A.: "Maruja Mallo, una mujer en el vértigo de Ortega", en Pueblo, 26 de xuño de 1983.

DEGUINER HERRERA, G.: "El genio pictórico de la España actual: Maruja Mallo", en Vea, Santiago de Chile 14 de novembro de 1945.

DÍAZ ALEJO, R.: "La belleza por el ritmo", en Estampa, Buenos Aires, maio, 1944.

DÍAZ FERNÁNDEZ, J.: "Carta abierta. Acerca de Maruja Mallo, pintora de Vanguardia", en El Noroeste, Xixón, 21 de agosto de 1928.

DIEGO, E. de: "Maruja Mallo: lo eterno feminista", en La Mujer Feminista, Madrid, 1985.

DIEGO, E. de: "Los paisajes del límite: Frida Kahlo y Maruja Mallo a partir de un retrato", en La Balsa de la Medusa, Madrid, 1991.

DOMÍNGUEZ, O.: "Maruja Mallo", en Gaceta de Arte, Tenerife, marzo, 1933.

ENCINA, J. de la: "De Arte. La pintora Maruja Mallo", en La Voz, Madrid, 1 de xuño de 1928.

ENCINA, J. de la : "Las artes y los días. Maruja Mallo", en El Sol, Madrid, 20 de maio de 1936.

ESCRIBANO, M.: "Las fantásticas criaturas de Maruja Mallo", en Arteguía, Madrid, 1979.

ESPINA, A.: "Arte 'Nova Novorum', Maruja Mallo", en La Gaceta Literaria, Madrid, 15 de xuño de 1928.

EZCURRA, E. de: "Maruja Mallo triunfa en Nueva York", en El Hogar, Bos Aires, 31 de decembro de 1948.

FERNÁNDEZ ALMAGRO, M.: "María Mallo", en Verso y Prosa, Murcia, xuño, 1928.

FERNÁNDEZ, H.: "Un homenaje necesario. Maruja Mallo en su 90 cumpleaños", en Metrópolis, El Mundo, 30 de outubro de 1992.

FERNÁNDEZ, P.: "Maruja Mallo hoy", en El Imparcial, Madrid, 16 de novembro de 1979.

FERRER, O.: "Maruja Mallo", en Grafos, La Haban, agosto, 1934.

FRAGA, J.: "Tras las máscaras de Maruja Mallo", en La Voz de Galicia, Los Domingos de la Voz, 10 de novembro de 2002.

GALDO, F.: Pintura y pintores de Viveiro, Edicións do Castro, Sada, 1922.

Galicia Arte. Arte Contemporáneo I, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

GÁNDARA, C. de la: Maruja Mallo, Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1978.

GÁNDARA, C. de la: "Maruja Mallo en la Revista de Occidente", en Diario Ya, Madrid, novembro, 1989.

GARCÍA DE CARPI, L.: La pintura surrealista española, Madrid, 1986.

GARCÍA NIETO, J.: "Maruja Mallo está en Madrid", en Mundo Hispánico, Madrid, xuño, 1961.

GARRIDO, P.: "Residencia en París. Maruja Mallo y su pintura", en La Unión de Valparaíso, Chile, 8 de setembro de 1932.

GASCH, S.: "Els pintors nous. Maruja Mallo", en L'Amic de les Arts, Sitges, 31 de septiembre de 1928.

GIMÉNEZ CABALLERO, E.: "Nottre Dame de la Aleluya", en Papel de Aleluyas, Sevilla, marzo, 1928.

GIMÉNEZ CABALLERO, E.: "El arte y la guerra", en Levante, 21 de xullo de 1939.

GÓMEZ DE LA SERNA, R.: "Maruja Mallo", en Sur, Bos Aires, maio, 1937.

GÓMEZ DE LA SERNA, R.: "Horario. Barracas intelectuales", en El Sol, Madrid, 31 de xaneiro de 1929.

GÓMEZ DE LA SERNA, R.: Maruja Mallo, Editorial Losada, Bos Aires, 1942.

GÓMEZ DE LA SERNA, R.: "Nueva actualidad de Maruja Mallo", en Atlántida, Bos Aires, maio, 1956.

GÓMEZ MESA, L.: "Cinema y arte nuevo. Originalidad de Maruja Mallo", en Popular Film, Barcelona, 15 de maio de 1930.

GONZÁLEZ CARBALHO: "Defendamos el pan", en Alfar, nº 77, Montevideo, 1937.

HERRERO, J.L.: "Maruja Mallo. La última surrealista", en Casa Vogue, Madrid, outubro, 1992.

HIERRO, J.: "Maruja Mallo y su tiempo añorado", en Alcázar, Madrid, 17 de outubro de 1961.

HUICI, F.: "Moradora del vacío", en El País, Madrid, 9 de novembro de 1992.

HUNEEUS, G.: "La obra de Maruja Mallo", en La Nación, Santiago de Chile, 27 de xaneiro de 1943.

JARNES, B.: "Sobre una definición pictórica del hombre", en La Vanguardia, Barcelona, 12 de abril de 1931.

JARNES, B.: "En cal viva", en Literatura, Madrid, outono, 1934.

JIMÉNEZ, P.: "Nuevo descubrimiento de Maruja Mallo", en ABC, Madrid, 23 de outubro de 1992.

LAFUENTE FERRARI, E.: "Otra exposición de Adlan. Maruja Mallo", en Diario Ya, Madrid, 18 de outubro de 1976.

L. BERNÁRDEZ, C.: "Naturalezas Vivas de Maruja Mallo", en Faro de Vigo, Faro da Cultura, 3 de outubro de 2002.

LOGROÑO, M.: "Maruja Mallo, testigo del siglo XX", en Diario 16, Madrid, 18 de outubro de 1976.

LOMBOY, R.: "El pincel de Maruja Mallo descubre el mar de Chile", en Zig Zag, Santiago de Chile, 9 de febreiro de 1945.

LOSADA GÓMEZ, J.M.: "Maruja Mallo", en Bellas Artes 74, nº 35, Madrid, 1974.

LUNA, M.: "La personalidad pictórica de Maruja Mallo", en Lyra, Bos Aires, decembro, 1945.

A mares: o espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX (catálogo), Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2003.

MARTÍNEZ BOUZAS, R.: "Maruja Mallo hechicera del ensueño", en La Voz de Galicia, 11 de xuño de 1981.

Maruja Mallo (catálogo), ADLAN, Madrid, 1936.

Maruja Mallo (catálogo), Fundación Cultural Banesto, Madrid, 1992.

Maruja Mallo (catálogo), Consellería de Cultura. Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, Museo Nacional de Bellas Artes de Buenos Aires, Bos Aires, 1993.

Maruja Mallo, obra gráfica completa (catálogo), Galería de Arte Pardo Bazán, A Coruña, 1992.

MAULEÓN, A.: "Llegan por primera vez las "Naturalezas Vivas" de Maruja Mallo", en Faro de Vigo, 27 de setembro de 2002.

MON, F.: Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

MORALES, R.: "Maruja Mallo vino a Chile a pintar caracolas", en Ercilla, Santiago de Chile, 13 de novembro de 1945.

MORRIS, C.B.: Surrealism and Spain: 1920-1936, Cambridge University Press, 1972.

Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa: fondos 1989-1998, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña, 2000.

NELKEN, M.: "La vida artística. Exposición Maruja Mallo", en Claridad, Madrid, 11 de xuño de 1936.

"Una nueva biografía indaga en el enigma de la artista Maruja Mallo", en La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2004.

A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigratrea, Vigo, 2003.

PÁEZ VILARO, J.: "Maruja Mallo en Punta del Este", en Mundo Uruguayo, Montevideo, 5 de xuño de 1936.

PALENCIA, C.: "Arte. Exposición Maruja Mallo", en Política, Madrid, 21 de maio de 1936.

PAPIER, S.: "Una nueva expresión artística. Conversando con Maruja Mallo", en Claridad, Buenos Aires, abril-maio, 1939.

PAYRÓ, J.: "Otra Maruja Mallo", en La Nación, Buenos Aires, 29 de maio de 1938.

PÉREZ RODRÍGUEZ, M.A.: Pintores de Lugo I (catálogo), Concello de Lugo, Lugo, 1998.

PERLA, M.: "Poesía y matemática de Maruja Mallo", en Noticias Gráficas, Bos Aires, 10 de setembro de 1948.

PESTANHA NOBREGA, E.: "Maruja Mallo", en La Rosa de los Vientos, nº 5, 1928.

PÉREZ FERRERO, M.: "Baraja de estampas", en Parábola, febreiro, 1928.

Pintura Galega: artistas nacidos entre 1900-1910, Fundación Camilo José Cela, Aluminios Cortizo, Padrón, 1995.

PIQUET, A.: "Maruja Mallo. Drama y verbena", en Atlántida, Bos Aires, setembro, 1937.

QUIROGA PLÁ, J.M.: "Avisos al lector. Más en torno a un pintor nuevo", en El Norte de Castilla, Valladolid, 20 de abril de 1928.

QUIROGA PLÁ, J.M.: "Un pintor de nuestro tiempo", en Mediodía, xuño-xullo, 1928.

RIVAS, F.: "Homenaje de Maruja Mallo a Revista de Occidente", en El País, Madrid, 12 de abril de 1976.

RIVAS, F.: "Maruja Mallo pintora del más allá", en Maruja Mallo (catálogo), Galería Guillermo de Osma, Madrid, 1922.

ROJAS PAZ, P.: "Maruja Mallo", en Alfar, nº 77, Montevideo, 1937.

ROJAS PAZ, P.: "Pinto desde que veo", en Crítica, Bos Aires, 17 de febreiro de 1937.

ROSSI, A.: "Maruja Mallo", en Sur, Bos Aires, maio, 1937.

SAENZ BRIONES, V.: "Maruja Mallo, caracola cromática en la expresión de las líneas infinitas", en El Diario Español, Montevideo, 10 de febreiro de 1944.

SALAS VIU, V.: "El niño, genio natural", en Diablo Mundo, Madrid,  26 de maio de 1934.

SALGADO, J.: "Maruja Mallo: la musa recobrada", en La Voz de Galicia, 29 de outubro de 1992.

SANTEIRO, J.R.: "Nueva humanización del arte", en Alfar, Montevideo, xullo, 1930.

SANTOS TORROELLA, R.: "Dietario artístico. Maruja Mallo", en El Noticiero Universal, Barcelona, 6 de decembro de 1967.

SARMIENTO, R.: "Da arte inexistente ás imaxes de muller", en A arte inexistente. As artistas galegas do século XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

SAYONS, A. de: "Maruja Mallo y lo popular en la plástica española", en Conducta al servicio del pueblo, Bos Aires, setembro-outubro, 1939.

SAYONS, A. de: "Maruja Mallo en Nueva York", en Para ti, Bos Aires, 14 de decembro de 1948.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: Tiempos de pintura, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1984.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

TORRES, M.: "Las veinte almas de Maruja Mallo", en El País, Madrid, 7 de marzo de 1982.

UMBRAL, F.: "Spleen de Madrid. Maruja Mallo", en El País, Madrid, 26 de novembro de 1984.

UNDURRAGA, A. de: "Memorandum sobre Maruja Mallo", en Acento, Valparaíso, 1939.

UNDURRAGA, A. de: "Un mural de Maruja Mallo", en La Nación, Santiago de Chile, 23 de maio de 1948.

VALDEAVELLANO, L.G.: "Exposición Maruja Mallo", en La Época, Madrid, 2 de xuño de 1928.

VÁZQUEZ CEREIJO, J.: "Historia de la carpeta de litografías Homenaje Revista de Occidente", en Maruja Mallo. Obra gráfica completa, A Coruña, 1992.

VÁZQUEZ DE PARGA, A.: "Maruja Mallo surrealista", en Maruja Mallo (catálogo), Galería Guillermo de Osma, Madrid, 1922.

VEGUÉ Y GOLDONI, A.: "Las Artes. Exposición Maruja Mallo en ADLAN", en La Voz, Madrid, 20 de maio de 1936.

VILLADEAMIGO, Z.N. de: "Visitó nuestra redacción la eximia pintora española Maruja Mallo", en Nueva York al día, Nova York, 16 de outubro de 1948.

WESTERDAHL, D.: "Maruja Mallo, la constante dramática de su pintura", en Gaceta de Arte, nº 17, Tenerife, xullo, 1933.

MALLO, MARUJA: Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, 2003.

MALLO, MARUJA: Madrid, Galeria Guillermo de Osma, 1992

FERRIS, J.L.: Maruja Mallo. La gran transgresora del 27, Madrid, Temas de hoy, 2004, (Biografías).

VIDAL, C.: Maruxa Mallo. Vigo, A nosa terra, 1999

DEL ÁRBOL, CARLOS E./ OLALLA REAL, ÁNGELA: Maruja Mallo,entre la tradición y la vanguardia, Cuadernos Hispanoamericanos.,1993

DE LA GÁNDARA, CONSUELO: M. Mallo, Madrid, Servicio de publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia, 1978.

MALLO, MARUJA: Lo popular en la plástica española a. través de mi obra, Bos Aires , Losada, 1939

Ver menos