Brocos, Modesto

  (Santiago de Compostela  1852 - Rio de Janeiro  1936)

Nado en Santiago de Compostela no seo dunha familia humilde dedicada dende antigo ao oficio da arte. Recibiu as súas primeiras leccións de deseño xunto co seu irmán Isidoro, que chegaría a ser un famoso escultor, mentres Modesto destacou no ámbito da pintura con retratos, paisaxes e esceas de costumes..

Comezou os seus estudos na Real Sociedade Económica de Amigos do País, o único centro oficial que formaba no campo das artes na cidade de Santiago de Compostela. En 1872  trasladouse co seu irmán a Madrid para incorporarse á Academia de San Fernando. 

Con só 19 anos, Modesto emigrou a América con ansias de aprender e ampliar os seus coñeocementos no campo do gravado e da pintura. O seu primeiro destino foi Bos Aires onde colaborou como grabador en distintas publicacións. En 1872 trasladouse a Brasil para ingresar na Academia Imperial de Belas Artes, sendo alumno de Victor Meirelles e Zeferino da Costa.  Neste mesmo ano comenzou a publicar os seus primeiros gravados en Brasil, no periódico O Mequetrefe.

Xunto co seu irmán Isidoro colaborou tamén en La Ilustración Gallega y Asturiana (1879-1881) publicación dirixida por Manuel Murguía que prestaba gran atención aos temas culturais.

En 1877 viaxou por Europa: primeiro a París, onde comezou os seus estudos na Escola Nacional Superior de Belas Artes, formación que proseguiu en Madrid, na Academia de Belas Artes de San Fernando, onde foi alumno de Federico de Madrazo. Regresou a París e viaxou a Italia, onde frecuentou a Academia Gigi e o Círculo Internacional grazas a unha bolsa da Deputación da Coruña obtida ao presentar un bosquexo e o cadro de tema bíblico Rebeca dando de beber a Eliezer.  Brocos escribiu unha carta que expresaba os seus sentimentos pesimistas sobre Roma e a distinta situación en París, afirmando que esta cidade era moito máis comprensiva e disposta a axudar a artistas estranxeiros.

Regresou a Galicia onde gañou a oposición de catedrático na Real Sociedade Económica de Amigos do País, pero finalmente estableceu a súa residencia en Brasil (1890), onde formou parte do claustro de profesores da Escola Nacional de Belas Artes e realizou a decoración da Biblioteca Nacional e outros edificios públicos. Publicou ademais diferentes libros, deles, o máis recoñecido é a Retórica de los pintores.

Morreu en Río de Xaneiro no ano 1936, á idade de 84 anos.

Artistas Galegos : pintores (novecentos). Modesto Brocos, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

BUJÁN NÚÑEZ, J.D.: Introducción ó gravado en Galicia desde as orixes ata finais do século XIX, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

BUJÁN NÚÑEZ, J.D.: O gravado compostelán, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

BRAGA, T.: Artistas pintores no Brasil, Sao Paulo Editora, Sao Paulo, 1942.

CARRETE PARRONDO, J.: El nuevo arte gráfico, E.C, Madrid, 1988.

Enciclopeidia Galicia Arte. Arte Contemporánea, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1993.

LEITE, J.R. Teixeira : Pintores espanhóis no Brasil, Fontana, Sao Paulo, 1983.

LIAÑO PEDREIRA, M.D.: Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña, Deputación da Coruña, A Coruña, 1991.

LOUSA, M. : Isidoro  Brocos. Sus vidas. Sus familia. Su obra, Deputación de Lugo, Lugo, 2002. 

PABLOS, F.: Pintores Gallegos del Novecientos, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1981.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003

PANTORBA, B.: Historia y Crítica de las Exposiciones de Bellas Artes celebradas en España, Madrid, 1980.

Pintores Composteláns. Historia e renovación entre os séculos XIX e XX (catálogo), Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.

REGINA, M. R. : Catálogo-exposición Modesto Brocos, Museo Nacional de Belas Artes, Río de Xaneiro, 1952.

Ver menos