Vasco, Mon

  (A Coruña  1951 -  1983)

Estuda na Escola de Artes e Oficios da Coruña. En 1973 obtén unha bolsa da Fundación Juan March que lle permite viaxar durante un ano por África, traballando en Senegal, Gambia e Malí. Isto influirá no seu interese polo primitivismo traballando o ébano, o pao vermello, as madeiras autóctonas cunha vocación abstracta que, no entanto, conserva un selo biomorfo dentro da axilidade e sutil elegancia dos seus ritmos. En 1975 realiza a súa primeira exposición individual e funda na Coruña o grupo A Carón. Pasa unha curta estadía en Ibiza e ao regresar á súa cidade natal, de novo utilizando a madeira, comezará a traballar sobre unha obra organizada en módulos previamente ensamblados con pezas cada vez máis grandes, de volumes compactos e vocación cada vez máis xeométrica.

En 1978, xunto a un grupo de pintores e poetas, funda o colectivo de Comunicación Obxectual La Galga, co que realiza diversas exposicións colectivas. En 1980 recibe unha bolsa do Ministerio de Cultura, participando ese mesmo ano na exposición colectiva "Atlántica' 80" en Baiona, que repetirá xunto a este colectivo en tres ocasións máis. A súa escultura, agora en pedra, foise reducindo cara a busca das formas puras da xeometría máis simple, valorando as superficies, a rugosidade da propia materia. Falece repentinamente na Coruña no ano 1983.

La Abstracción en Galicia, Monográfico de " A Trabe de Ouro", tomo III, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1993. 

Atlántica, 1980-1986 (catálogo), Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Vigo, 2002.

Artistas Galegos: escultores (expresionismos-abstraccións). Mon Vasco, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003.

BAAMONDE, A.: "Expresión atlántica", en Luzes de Galiza, núm. 13, 1989.

BONET, J. M.: Vangarda e silencios, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1988.

BONITO OLIVA, A.: "A arte a linguaxe: diferencias e relacións", en Imaxes dos oitenta desde Galicia (catálogo), Dirección Xeral de Cultura, Santiago de Compostela, 1984.

CALVO SERRALLER, F.: "Descubrir el atlántico", en El País, 25 de abril de 1981.

CASTRO FERNÁNDEZ, X.A.: Expresión Atlántica. A Arte Galega dos 80, Editorial Follas Novas, Santiago de Compostela, 1985.

CASTRO FERNÁNDEZ, X. A.: "Escultores galegos dos oitenta", en Encontros no espacio (catálogo), Consellería de Educación e Cultura, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1984.

Colección de Arte Xunta de Galicia (1986-1993) (catálogo), Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

La Galga - Colectivo de Comunicación Obxectual, Museo Carlos Maside, Sada (A Coruña), 1981.

"La Galga", Especial A Coruña, núm. 0, primavera, 1981.

Galicia Arte.Tomo XVI, Arte contemporánea (I), Hércules Ediciones, A Coruña 1993, pág. 463.

Mon Vasco (catálogo), Palacio Municipal de Exposiciones Kiosco Alfonso, Concello da Coruña, A Coruña, 1985.

Mon Vasco (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993.

O Movemento renovador da arte galega, Ed. do Castro, Sada (A Coruña), 1977.

PABLOS, F.: A Pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Nigra Trea, Vigo, 2003.

PATIÑO, R.: "La actual pintura galega", enGalicia. Realidad económica y conflicto social, Banco de Bilbao, Bilbao, 1978.

PEREIRO, R.: Atlántica 80 (catálogo), Casa da Cultura, Baiona (Pontevedra), 1980.

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia. La década del boom (1970-1980), Edicións do Castro, Sada (A Coruña), 1981.

Renovadores da Pintura Galega, 1945-1982, Concello da Coruña, A Coruña, 1982.

SEOANE, X.: Reto ou rendición, Luzes de Galiza Arte, Edicións do Castro, Sada (La Coruña), 1994.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "La Edad Contemporánea", en Historia del Arte Gallego, Editorial Alhambra, Madrid, 1982.

SOBRINO MANZANARES, M.L.: "Frescos ventos de Atlántica", en Atlántica'83 (catálogo). Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela, 1983.

VASCO, A.: "Entre el sueño y la razón", en Mon Vasco (catálogo), Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 1993.

Ver menos 

Obras do artista