Borrajo, Moncho

  (Baños de Molgas, Ourense  1949 - )

Naceu en Baños de Molgas (Ourense) o día de Nadal do ano 1949. Estudou na Escuela Superior de Arquitectura e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Carlos de Valencia. Máis coñecido como humorista sarcástico que pola súa faceta de pintor, Borrajo vai "facendo camiño ao andar" e, segundo palabras de Luis Caruncho, configurando a súa obra cunha singular linguaxe, nada extravagante e moi rigurosa.

O Pop Art é a fonte de inspiración nas súas primeiras obras, pero tamén se alimenta do cubismo e dos seus coñecementos de arquitectura. "Todo é xeometría" foi a conclusión á que chegou Moncho Borrajo ao analizar aos clásicos. Para el a xeometría envólveo todo e actúa como un eixe: apoia e suxeita, sostén e separa, une e diferencia. A composición dos cadros de Borrajo aséntase na seguridade do debuxo.

En 1970 comeza a expor, e obtén diversos premios, como o Premio Colegio de Arquitectos "I Concurso de Dibujo Universitario", ou o Premio Sant Jordi.

Artistas Galegos : pintores (figuracións-abstraccións). Moncho Borrajo, Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002.

MARTÍNEZ CEREZO, A.: Diccionario de artistas españoles, Santander, 2000.

MARTÍNEZ CEREZO, A.: Diccionario de Pintores Españoles. II mitad del siglo XX, Época, Madrid, 1997.

Moncho Borrajo : hacia una geometría lírica (catálogo), Atlántica, A Coruña, 1998.

Moncho Borrajo : planos y contrapuntos (catálogo), Atlántica, A Coruña, 2002.

"Moncho Borrajo exhibe su otro yo como pintor, la antítesis del cómico", en La Voz de Galicia, 11 de marzo de 2004.

PONCE, F.: Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX, Tomo II, Forum Artis, Madrid, 1994, páx. 492.

Ver menos